21 dezembro 2011

Curso eTwinning 2.0


Preinscrición no curso de formación eTwinning 2.0

  • Prazo: do 16/01/12, a partir das 12h, até o 23/01/12 ás 14h.  
  • Inicio do curso: 20 de febreiro de 2012.
  • Duración: 2 meses (40 horas).

14 dezembro 2011

Sesión formativa en Lugo

A Escola de Idiomas de Lugo solicitou unha sesión de formativa, que se celebrará o próximo día 20 de xaneiro, ás 12:00 da mañá.

Se estás interesado en participar, contacta coa escola ou no noso correo electrónico:

embaixada.etwinning@gmail.com

Sesión formativa en Guitiriz

O día 12 de decembro celebrouse unha sesión formativa sobre eTwinning no IES POETA DÍAZ CASTRO, en Guitiriz, Lugo.
Asistiron 18  docentes do centro, co ánimo de encontrar un uso contextualizado da aula Abalar con proxectos eTwinning.
Podes consultar máis sobre ela neste enlace.

03 dezembro 2011

01 dezembro 2011

Sesión formativa en Cambre

O pasado día 30 ás 16.00 horas, tivo lugar no IES DAVID BUJÁN de Cambre unha sesión formativa sobre eTwinning.
Asistiron once profesores do centro, interesados nos proxectos europeos en xeral e no eTwinning en particular. Teñen unha ampla traxectoria de participación, como podedes ver na súa páxina, mais o eTwinning é un tipo novo de proxectos nese instituto, de aí a importancia desta sesión de divulgación.
Podedes consultar toda a información neste enlace.



Sesión Formativa en Cambre Slideshow: Susana’s trip from Lugo, Galicia, España to Cambre was created by TripAdvisor. See another Cambre slideshow. Create a free slideshow with music from your travel photos.

26 novembro 2011

Sesión de formación en IES A Pinguela, Monforte. Lugo

O día 23 de Novembro tivo lugar a sesión de formación "eTwinning: alén do idioma" no IES A Pinguela, en Monforte.
Na sesión houbo asistentes do propio instituto, así como de centros da zona como o Val do Asma, en Chantada e Daviña Rei en Monforte.
Estas son imaxes da sesión.


22 novembro 2011

Formación no Salnés


A acción formativa no Salnés terá lugar no próximo mes de xaneiro.

As datas e horas marcaranse en función das necesidades dos inscritos, realizando réplicas das sesións. Están fixadas as seguintes:
  • 17/01/12 ás 10:30 - Na EOI de Vilagarcía. Laboratorio 1.
  • 17/01/12 ás 16:30 - Na EOI de Vilagarcía. Laboratorio 1.
  • 20/01/12 ás 16:30 - Na EOI de Vilagarcía. Laboratorio 1.
Duración: dúas horas. (Non se certifican como horas de formación).

Contidos:
  • Breve explicación do que é eTwinning.
  • Exemplos de proxectos de infantil, primaria e secundaria.
  • Demostración de uso do Escritorio e o Twinspace.
  • Inscrición dos interesados.

Se queredes participar enviade un email a embaixada.etwinning@gmail.com

Doce participantes inscritos a 20/12/11, procedentes dos seguintes centros:
  • IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa.
  • CEIP Rosalía de Castro, Carril.
  • IES Francisco Asorey, Cambados.
  • EOI de Vilagarcía de Arousa.
  • CEIP de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.
  • CRA de Meis.

Ver Sesións Formativas nun mapa máis grande

15 novembro 2011

eTwinning e as seccións bilingües

eTwinning é un perfecto sistema para aplicar a metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning) á hora de utilizar unha lingua en situacións reais. Os centros con seccións bilingües son o perfecto caldo de cultivo para experiencias nas que o alumnado e profesorado poida participar en aprendizaxes colaborativas nas que a segunda lingua sexa fundamental.


09 novembro 2011

▬ Together for a sustainable living


O profesor de economía Francisco Javier Núñez Aguado, no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, é outro dos etwinneiros galegos galardoados co Selo de Calidade Europeo polo seu proxecto "Together for a sustainable living".

Os alumnos traballaron en grupos realizando tarefas de investigación sobre a sustentabilidade: uso de enerxía nos fogares, implicación e impacto medioambiental da labor empresarial, comercio xusto, agricultura ecolóxica, etc.

08 novembro 2011

Sesións de formación en Lugo e A Coruña

Próximamente, terán lugar, previsiblemente, tres sesións de formación en Guitiriz, Monforte e Cambre. As datas e horarios das sesións son como segue:

Monforte: 23/11/2011 ás 16.30 horas IES A PINGUELA.

Cambre: 30/11/2011 ás 16.00 horas. IES DAVID BUJÁN

Guitiriz: 12/12/2011 ás 16.00 horas. IES POETA DÍAZ CASTRO

Se estás interesado en asistir, contacta connosco no enderezo da Embaixada: embaixada.etwinning@gmail.com

O contido das sesións será:

proxectos etwinning
portal etwinning: rexistro, busca de socios, kits
visionado dalgúns proxectos: máis alá do idioma
twinspace: ferramentas de colaboración

04 novembro 2011

Mentores galegos

Durante o primeiro trimestre do presente ano escolar, un grupo de eTwinners experimentados ofrecen soporte para solucionar dúbidas e iniciar os máis noveles.

Estes son os tres Mentores galegos:

IES de Poio (Pontevedra)

CEIP Curros Enríquez, A Coruña

IES Ribeira do Louro, O Porriño (Pontevedra)

Podes atopalos no buscador de socios e enviarlles un correo interno se precisas da súa axuda.

24 outubro 2011

▬ Prenons le largue

A profesora Mercedes Noya Souto, do CPI de Mondariz, fálanos dun interesante proxecto "só para docentes":



"...Hai dous anos que comecei no mundo eTwinning e agora mesmo teño tres proxectos en marcha, dous cos alumn@s e un entre profesores. Este proxecto eTwinning no que teño o pracer de participar chámase “Prenons le large”. Somos un grupo de profesoras (o feito de ser todas mulleres é unha casualidade...) e amantes da lingua francesa en diferentes países da UE e no noso blog imos comentando a nosa actualidade..."


Sesións de formación en Guitiriz e Cambre

É posible que se leven a cabo dúas sesións de formación nos Institutos de Guitiriz e Cambre. A primeira tería lugar na primeira quincena de novembro e a segunda, na última quincena do mes.
Se, por pertencer a esas zonas educativas, estás interesado en acudir, non dubides en contactar connosco.
embaixada.etwinning@gmail.com
As sesións teñen como obxectivos o seguinte:
- Coñecer os proxectos na súa plataforma: tipos, inscrición, busca de socios.
- Descubrir as ferramentas de traballo do TwinSpace, para profesorado e alumnado.
A duración das mesmas será de 3 horas. E as datas serán publicadas neste medio.

22 outubro 2011

▬ GOAL! Go Outside And Learn


O pofesor de matemáticas José Benito Búa Ares, do IES Ramón Cabanillas de Cambados, acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo polo seu proxecto "Sae Fóra e Aprende", tamén destacado polo SNA español.



O profesor Búa cóntanos o seguinte:

"El proyecto se centra en el uso en la enseñanza de nuevos métodos que sean eficaces y atractivos para los estudiantes. ¿Por qué no ir más allá de las paredes del aula? Los profesores cooperan, planifican y comparten ideas para las clases fuera del aula, que son una parte del horario escolar normal..."


Formación en Rianxo

No próximo martes 8 de novembro, ás 16:30, celebraremos no CEIP ADR Castelao de Rianxo unha sesión informativa de dúas horas:
  • Breve explicación do que é eTwinning.
  • Exemplos de proxectos de infantil, primaria e secundaria.
  • Demostración de uso do Escritorio e o Twinspace.
  • Inscrición dos interesados.

Se queredes participar enviade un email a embaixada.etwinning@gmail.com

Listado de asistentes a 04/11/11:
  • Dez docentes do CEIP ADR Castelao de Rianxo.
  • Unha docente do CPI de Progreso, Catoira.
  • Sete docentes do CEIP Santa María do Castro, de Cabo de Cruz, Boiro.


 
Ver mapa máis grande

21 outubro 2011

Alumnos de Komárno en Galicia



O venres 14 de outubro chegaron a Santiago de Compostela os alumnos eslovacos que o curso pasado traballaron co IES de Poio no proxecto "Nos encontramos en el Camino", proxecto que ven de obter o Selo de Calidade Europeo.

Ademais conseguiron en Eslovaquia o Premio Nacional co proxecto e deste xeito puideron visitarnos.

Foron recibidos polos alcaldes de Poio e Compostela.


14 outubro 2011

▬ Ler e comprender



Un dos selos de calidade europeos acaba de chegar ao IES de Poio, polo proxecto Lire et partager - Ler e comprender, coordinado por Anxos Rial, que nos conta:

"“LIRE ET PARTAGER- LER E COMPRENDER” é un proxecto centrado en intercambiar e crear a través de lecturas; alumnado de diferentes nacionalidades colaboran e interactúan nos seus procesos de aprendizaxe mediante as obras que len e os traballos que ambos producen.
As súas tarefas permítenlles formarse como lectores activos xa que reciben e xeneran informacións ao tempo que adquiren coñecementos lingüísticos das súas linguas respectivas e que as practican...


Selos de Calidade Europeos



Veñen de ser publicados os proxectos que obtiveron Selo de Calidade Europeo.
Entre eles, atopamos sete proxectos de centros galegos.

▬ International Calendar

Un dos selos de calidade europeos acaba de chegar ao CPI Tino Grandío, polo proxecto "International Calendar", coordinado por Ana Arias, que nos conta:

"Hai varios anos que empregamos os proxectos eTwinning como complemento á materia CLIL de ciencias sociais nas nosas seccións bilingües. Entendemos que é unha actividade doada que podemos desenvolver facilmente dentro do marco escolar e complemente moi ben unha materia que agradece un compoñente cultural extra.
Coma en anos anteriores co comezo do curso 2010-2011 solicitamos á nosa socia lituana de proxectos anteriores, Neringa Lemeziene, ideas para un novo proxecto e acordamos co noso respectivo alumando, traballar sobre as festas dos nosos países respectivos. Chamaríase International Calendar...

13 outubro 2011

Premios Nacionais 2012

O vindeiro 17 de Outubro ábrese a convocatoria de Premios Nacionais eTwinning 2012 para os proxectos levados a cabo no curso 2010/11.

As solicitudes deben estar presentadas antes do 25 de Novembro. Anímate!!

Coñece máis neste enlace.

12 outubro 2011

Formación en Centros

O ITE,está poñendo en marcha unha acción de difusión e formación en centros para o coñecemento dos proxectos eTwinning.

Trataríase de unha sesión de 2-3 horas, válidas tanto para etwinners que queren afondar no tema, como para profesores que queren iniciarse nesta aventura. A programación destas horas sería adaptada ás necesidades do centro e/ou dos docentes solicitantes.

A temporización sería Outubro e Novembro, polo que, se estades interesados, contactade connosco o máis rápidamente posible.

14 setembro 2011

▬ Pek, a Pulga Viaxeira

O proxecto Pek, the Traveller Flea, naceu coa finalidade de crear un libro de banda deseñada entre varios centros europeos. Un dos obxectivos era que o alumnado de FP Informática do IES San Clemente de Santiago de Compostela puidesen crear algo real utilizando os coñecementos adquiridos no módulo Aplicacións Ofimáticas do ciclo SMR, impartido polo profesor Marcos Vence.

O resultado foi moi satisfactorio, e o proxecto desenvolveuse un ano máis, no que se reforzou a interacción entre estudantes, a utilización de linguas estranxeiras, a aprendizaxe de ferramentas de traballo colaborativo e a creación en diferentes soportes (cuncas, camisolas, autocolantes e marcapáxinas).

Este ano estamos iniciando a terceira edición co sobrenome de Evolution, no que pretendemos potenciar o traballo colaborativo entre estudantes e restar importancia ao libro de cómic como resultado final. Incorporouse o profesor de debuxo Ciro Sánchez e os seus alumnos de bacharelato artístico do IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa.

A base deste proxecto está na integración dos diferentes traballos realizados por máis de cen alumnos, como se se tratase dun puzzle, obtendo un resultado final coherente... e tanxible.

Enlaces:

13 setembro 2011

▬ Teaching each other

Durante o curso 2009-2010 alumnado do IES de Poio en Galicia, do Gymnázium Hansa Selyeho en Eslovaquia e do instituto Breivang en Noruega traballou no proxecto Teaching each other.

Este proxecto foi galardoado no ano 2011 co Premio europeo ao mellor proxecto en lingua española.

Carmen Fernández, do IES de Poio:
"Aquí vos deixamos unha presentación sobre a nosa primeira experiencia na plataforma eTwinning."




    09 setembro 2011

    Embaixadores eTwinning


    Os embaixadores xorden tralas orientacións dadas polo Servizo Central de Apoio, en Bruxelas, en relación co apoio local e rexional dos profesores eTwinning, co obxectivo de contribuír ao aumento da calidade dos proxectos e á difusión da Acción eTwinning.

    En España, a rede estase xerando actualmente e depende das necesidades de cada Comunidade Autónoma, que é quen decide se terá embaixadores e quen serán.

    Funcións
    1. Colaborar coas autoridades autonómicas e co SNA en actividades de formación do profesorado (relatorios en cursos, visitas a escolas, encontros bilaterais e multilaterais) relacionadas con eTwinning.

    2. Difundir a acción eTwinning.

    3. Intercambiar con outros embaixadores da súa propia rede e outras redes autonómicas as súas experiencias como embaixador e achegar suxestións sobre posibles actuacións .

    4. Participar na rede europea de embaixadores.

    5. Informar anualmente ao coordinador autonómico e ao SNA das súas actividades como embaixador e propor actuacións de mellora.

    6. Enviar novas á prensa local sobre eventos eTwinning (proxectos premiados, xornadas, visitas a centros, etc.).

    7. Enviar noticias aos portais educativos das CCAA para a súa posible publicación.


    08 setembro 2011

    Embaixadores galegos

    Ademais do Servizo Nacional de Apoio e dos representantes nas comunidades autónomas, existe uma rede nacional de profesores embaixadores que apoian a promoción e implementación da acción eTwinning a nivel rexional.

    Actualmente, en Galicia son:

    Mela Rguez Montegrifo
    Profesora de Primaria (EDIXGAL)
    Profesora de Inglés
    Seccións Bilingües Plástica (Inglés)
    CEIP Manuel Vidal Portela
    Pontevedra


    Susana Vázquez Regueiro
    Profesora de Pedagoxía Terapéutica
    IES Poeta Díaz Castro

    Guitiriz


    Aarón Bernárdez Pérez
    Profesor de Audición e Linguaxe
    CPI Mondariz

    Mondariz


    Carmen Fernández Vázquez
    Profesora de Latín
    IES de Poio
    Poio



    Cristina París Brandariz
    Profesora de Formación Profesional (Informática)
    IES de Curtis
    Curtis

    Marcos Vence Ruibal
    Profesor de Formación Profesional (Informática)
    IES San Clemente
    Santiago de Compostela




    E foi:
    Ana Arias Castro
    Profesora de Inglés
    CPI Tino Grandío
    Guntín

    Xaneiro de 2013 a maio de 2014


    Se tes interese en dar visibilidade ao teu proxecto, ou en recibir asesoramento (a distancia, charlas, exposicións, seminarios, grupos de traballo, etc.) podes contactar connosco en embaixada.etwinning@gmail.com

    A liña de actuación da embaixada galega é a seguinte:
    As iniciativas dos embaixadores eTwinning en Galicia non forman parte dos seus traballos, senón do tempo de lecer, e desenvólvense sen a colaboración da Consellaría de Educación.

    A institución que proporciona soporte loxístico e económico á Embaixada é o IES San Clemente de Santiago de Compostela.



    Que é eTwinning

    eTwinning é unha iniciativa que apoia proxectos na rede entre dous ou máis centros escolares de varios países europeos. Os centros escolares crean un proxecto e lévano a cabo utilizando as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Posto que os centros traballan utilizando Internet, non existen bolsas, nin papelame. Tampouco é necesario coñecerse persoalmente.

    Que podo facer nun proxecto eTwinning?
    Os socios poden traballar sobre calquera tema que desexen. Os proxectos deben repartirse equitativamente entre o uso das TIC e mailas actividades de clase, adaptándose ás programacións. Un dos obxectivos de eTwinning é mellorar os coñecementos das TIC.

    O tema a desenvolver pode ser dunha mesma materia ou multidisciplinar. 
    Poden participar centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.


    Inscrición