01 setembro 2016

AROUND THE WORLD WITH MATHS recibe o Selo de Calidade Nacional

NORABOA A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE NESTE PROXECTO!!!


Proxecto realizado entre 12 socios de 7 países, con alumnado de 12-15 anos. Ten como obxectivo resolver problemas matemáticos conectándoos con contextos xeográficos, históricos ou artísticos.É o propio alumnado o que busca a información ou crea os problemas matemáticos, e para iso utilizan o inglés como lingua de comunicación.Como produtos finais xérase un mapa interactivo no que se sitúan xeograficamente cada unha das tarefas, así como a publicación dun caderno coa colección de problemas xerados polo alumnado e unha web do proxecto que presenta tarefas, solucións e outros produtos que se desenvolveron ao longo do proxecto, así como videoconferencias entre o socio español e o socio de Turquía.O alumnado estivo directamente implicado no proxecto dende o inicio, seleccionando e producindo problemas matemáticos que tivo que resolver o alumnado socio dos outros países, comunicouse mediante videoconferencias e gravou vídeos coas solucións aos problemas. Hai unha selección adecuada das ferramentas TIC usadas, tanto para producir materiais como para presentalos.Máis información na web do proxecto.



09 julho 2016

Selo Nacional de Calidade

Acabamos de recibir a nova feliz de Ana Arias, veterana etwinner e exembaixadora en Galicia, de que o seu proxecto Call Me Maybe sobre teléfonos móbiles e internet entre os adolescentes foi galardonado cun Selo Nacional de Calidade.

O proxecto foi desenvolvido, tamén, a través dun blog , no que se recollen a maioría das propostas levadas a cabo. Estas realizáronse efundamentalmente en equipos internacionais que recollían alumnado dos catro centros participantes, Lituania, Polonia e Ucraíña, ademáis do CPI Tino Grandío.

O traballo por equipos distribuíuse da seguinte maneira:
logo do proxecto Call Me Maybe
  1. Equipo 1: realizou un diccionario multilingüe de linguaxe de SMS e redes sociais nas diferentes linguas dos países dos centros participantes e en inglés. Recóllense nunha presentación colaborativa e ademáis houbo diversas actividades adicionais como mapas mentais.
  2. Equipo 2: estivo ao cargo dunha enquisa nas catro comunidades educativas sobre o uso de móbiles e internet. Os resultados recóllense nun documento e no blog do proxecto.
  3. Equipo 3: realizou unha presentación sobre a historia do télefono desde o punto de vista oficial e o persoal do alumnado participante. Esta visión persoal recóllese en varios Vokis realizados polo alumnado.
  4. Equipo 4: traballou a posible evolución dos móbiles no futuro reflectido nunha presentación e ademáis estivo a cargo da preparación do blog para recoller todo o material dos catro grupos.

Parabéns, Ana, para ti, os teus socios e os vosos alumnos!

05 julho 2016

¿Quién es? - Premio nacional eTwinning

O pasado 30 de xuño celebrouse o acto de entrega dos Premios Nacionais eTwinning 2016 na sede do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF).

Queremos felicitar á nosa compañeira Edelmira Riero Romero, do Colexio Alca, que recibiu o premio nacional polo seu proxecto "¿Quién es?" na categoría de 12-15 anos.

No Portal do Servicio Nacional de Apoio eTwinning está publicado un artigo con toda a información sobre este proxecto.

Ceremonia de entrega de los Premios Nacionales eTwinning 2016 from COLEGIO ALCA on Vimeo.

24 junho 2016

Premio Nacional eTwinning 2016 na TVG

No programa "A Revista" da TVG do día 24 de xuño de 2016 sae unha reportaxe feita no CPR ALCA onde contan a súa experiencia traballando nun proxecto eTwinning galardoado co Premio Nacional en 2016.

A reportaxe está accesible dende a seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/informativos/un-centro-escolar-galego-premio-nacional-etwinning-2161882

Máis información sobre este proxecto http://embaixadaetwinning.blogspot.com/2016/05/quien-es-premio-nacional-etwinning-2016.html

Learning is fun with comedy

Alumnos de 3º da ESO do Colexio Alca (Ames) xunto cas súas compañeiras londinenses do centro City of London School for Girls coescriben e representan unha comedia.

Neste proxecto participan os profesores: Arron Spall, Maite Brea e Edelmira Riero.

O contido está recollido na  seguinte website:

Around the world with Maths


Os alumnos de 1º e 2º da ESO do Colexio Alca xunto cos seus compañeiros da República Checa, Turquía, Eslovaquia e Croacia, comparten e resolven problemas matemáticos enclavados en contextos xeográficos e históricos. 

Nestas tarefas faltan datos e os nenos terán que identificalos e buscalos on line. 

Ademáis de resolver os problemas, tamén deben contextualizalos xeográfica, histórica e artisticamente.

O idioma empregado é o inglés.

Estes exercicios están publicados nun mapa mundi interactivo.

A profesora Edelmira Riero coordina o proxecto dende España.

Todo o contido esta recollido na web:




23 junho 2016

NOVO SELO DE CALIDADE

A profesora Ana Santos do I.E.S Valle Inclán de Pontevedra, acaba de acadar un novo selo de calidade polo Proxecto Euroacro do que podedes visitar o seu twinspace público no que de forma clara e detallada rexistran a actividade desenvolvida no Proxecto.
Próximamente farán entrega ao alumnado participante no Proxecto dos seus diplomas acreditativos xunto coa entrega de notas no centro escolar.
Noraboa!!!!!