08 Setembro 2011

Embaixadores galegos

Ademais do Servizo Nacional de Apoio e dos representantes nas comunidades autónomas, existe uma rede nacional de profesores embaixadores que apoian a promoción e implementación da acción eTwinning a nivel rexional.

Actualmente, en Galicia son:


Ana Arias Castro
Profesora de Inglés
CPI Tino Grandío
Guntín



Carmen Fernández Vázquez
Profesora de Latín
IES de Poio
Poio



Mela Rodríguez Montegrifo
Profesora de Inglés
EEI Vagalume
Vilagarcía de Arousa



Susana Vázquez Regueiro
Profesora de Pedagoxía Terapéutica
CEIP San Xoán

Becerreá


Marcos Vence Ruibal
Profesor de Formación Profesional (Informática)
IES San Clemente
Santiago de Compostela




Se tes interese en dar visibilidade ao teu proxecto, ou en recibir asesoramento (a distancia, charlas, exposicións, seminarios, grupos de traballo, etc.) podes contactar connosco en embaixada.etwinning@gmail.com

A liña de actuación da embaixada galega é a seguinte:
  • Publicación de artigos no blogue relacionados con proxectos de docentes galegos.
  • Participación nas redes sociais Facebook e Redeiras.
  • Acción formativa en centros de ensino e universidade.
  • Creación de publicacións sobre temas novos en eTwinning.
  • Docencia en grupos de traballo e seminarios permanentes.
  • Plan de mellora de equipamentos TIC para centros novos eTwinning.
  • Acción a prol do recoñecemento como innovación educativa dos proxectos con Selo de Calidade.
  • Soporte aos etwinners galegos.
As iniciativas dos membros da Embaixada eTwinning Galicia non forman parte dos seus traballos, senón do tempo de lecer, e desenvólvense sen a colaboración da Consellaría de Educación.

A institución que proporciona soporte loxístico e económico á Embaixada é o IES San Clemente de Santiago de Compostela.