POEUMS
A EOI da Coruña ven de rematar un proxecto eTwinning con Italia e Grecia sobre poesía en Europa. O alumnado compartiu e explorou a variedade de
culturas que se unen na Europa actual e danlle un novo significado a Europa. Ao
traducir e contextualizar poemas descubriron puntos interesantes para comprender
sentimentos e emocións. O proxecto fíxose en dúas linguas: inglés e castelán.
Os obxectivos foron:
· Introducir
o alumnado na literatura doutros países mediante o estudo selectivo de poemas· Practicar
o proceso de tradución de textos literarios ao inglés· Dar a
coñecer as cuestións que suscita a literatura que preocupan a toda a humanidade· Comparar
os significados expresados na literatura de distintos países· Interactuar
e utilizar creativamente as ferramentas dixitais
Traballáronse as seguintes competencias básicas:
Cidadanía: agora
o alumnado séntese mellor preparado tanto para superar os prexuízos como para
comprometerse.
Conciencia e
expresión cultural: significou apreciar a importancia da expresión creativa de
ideas, experiencias e emocións na arte.
Dixitalización: o
alumnado mellorou a capacidade para buscar, recoller e procesar información e
utilizala adecuadamente.
Alfabetización: o
alumnado consolidou a súa capacidade para interactuar lingüísticamente de forma
adecuada e creativa en diversos contextos culturais.
Multilingüe:
consolidaron súa capacidade para comprender e ler e producir textos axeitados.
Aprender a
aprender: ao ter que organizar a súa propia aprendizaxe, avaliar o seu propio
traballo e buscar asesoramento, información e apoio, tomaron conciencia do seu
proceso de aprendizaxe e das súas necesidades.
O resultado deste
proxecto foi a creación dunha presentación colaborativa con lecturas,
traducións e informacións diversas sobre autores e poemas de Grecia, Italia e
España.