Un dos labores de
difusión que a Embaixada eTwinning en Galicia está a desenvolver é convidar a
centros novos en eTwinning (profesores e alumnos sen actividade eTwinning, pero
interesados nela) a unha soa actividade dun proxecto en marcha.
É un xeito simple
para comprobar, na actividade diaria, como funciona un proxecto destas
características, sen poñer activar todo proceso de planificación/realización do
mesmo.
Profesor e
alumnado convidados forman parte do grupo de traballo durante o tempo que dure
a actividade, sen máis compromiso ca o de realizar o traballo colaborativo que
se lles propón, utilizando os medios que se lle proporcionan.
Se quiseres
formar parte desta campaña de difusión non dubides en contactar connosco, e
serás un etwinner convidado.
Centro galego
fundador: CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ. LUGO.