Mostrar mensagens com a etiqueta Embaixada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Embaixada. Mostrar todas as mensagens

07 maio 2022

eTwinning na Facultade de Ciencias da Educación, Santiago

 



O pasado venres día 6 de abril, a Facultade de Ciencias da Educación, da USC, daba cabida aos proxectos eTwinning nunha xornada organizada por Carol Gillanders, Raúl Eirín e Isabel Dans e á que daba apertura Carmen Morante, Decana da Facultade. Durante a mañá, o programa europeo foi presentado aos futuros docentes, achegando información desde moi diversas perspectivas:

  • A Administración, a través de Patricia Ares, chegada desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


  •    A Facultade de Ciencias da Educación, a través de representantes do profesorado e alumnado participantes nos proxectos eTwinning desenvolvidos, por vez primeira, na USC con alumnos e alumnas universitarios.
  • Profesores de EP, con ampla traxectoria en proxectos europeos e colaboradores coa Facultade.
  • A Embaixada eTwinning en Galicia, con Susana Vázquez, que presentou a filosofía do programa exemplificado no proxecto actual do seu centro: Cadea de hoteis de insectos.


Podes ver aquí o programa.

Na xornada, destinada a público en xeral, pero especialmente para alumnos do Grado en Formación do Profesorado de EI e EP, reuniu a preto dun centenar de persoas para ser testemuña do que se está a desenvolver na Facultade e para animar á participación nos TFG e TFM, facendo parte das experiencias presentadas na convocatoria dos Premios ITE 2022.

eTwinning é un programa innovador para implementar nos centros educativos galegos... que mellor que coñecelo desde a propia formación inicial do profesorado?


Parabéns pola iniciativa!

01 dezembro 2021

Xornadas "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas"

 
O día 27 de novembro o CAFI organizou a xornada "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas" na edición 2021/22.

A xornada desenvolveuse en Santiago de Compostela, na EGAP, durante todo o día, e, nela, houbo representación de todos os programas europeos oficiais, en formato de formación e de difusión de boas prácticas.

A Embaixada eTwinning non podía faltar nun día como este!

23 março 2020

Webinar Proxectos eTwinning en EOIs



        O próximo xoves 26 de marzo ás 11.30 da mañá terá lugar o primeiro webinar
       sobre proxectos eTwinning en Escolas oficiais de Idiomas. 
       Está organizado polo SNA e conta coa participación de dúas profesoras
       galegas.

        Pódese acceder a través do link incluido no poster anunciador do webinar que 
        aparece aquí adxunto.

                   


                  

13 fevereiro 2020

IES Monte das Moas

 Os días 30 de xaneiro e 13 de febreiro tivo lugar unhas xornadas de formación para un grupo de traballo que hai no IES Monte das Moas. Non coinciden as datas coa presentación porque houbo un inconvimte e adiamos o inicio dúas semanas.
A formación consistiu en explicación do que é eTwinning, moverse polo eTwinning Live, facer un evento con Adobe Connect e formación/convocatorias.
A presenza das nove persoas que había foi moi agradable e o trato recibido moi bo.
Á pregunta final de como buscar socios foi a mais difícil de responder , e é un traballo que esperemos lles sexa compensado pola boa idea que teñen plantexada (non vou facer spoiler)



19 janeiro 2020

Encontro Internacional Erasmus+ Ferrol

Os días 15 e 16 de xaneiro, celebrouse en Ferrol o Encontro Internacional Erasmus+, o obxectivo fundamental era difundir e formar sobre experiencias de internacionalización de proxectos e centros educativos.
Nese contexto, a Embaixada eTwinning foi convocada para dar a coñecer o programa eTwinning non só como potencial sistema de internacionalización de proxectos e centros, senón como ferramenta indispensable para a organización didáctica do Erasmus+.
Así, Susana Vázquez asistiu o día 16 para levar a cabo esa aproximación a eTwinning a máis de cen profesores asistentes, sendo presentada e precedida por Luz Ares, asesora eTwinning na Consellería de Educación.
Achégase o programa do Encontro Internacional Erasmus+ Ferrol.

18 julho 2019

Nova publicación da Embaixada eTwinning


Neste ano, 2019, publicouse o libroProcesos de comunicación en entornos educativos”, coordenado por Belén Puebla Martínez, Rainer Rubira García e Silvia Magro Vela, un esforzo por explicar a comunicación como compoñente esencial de diferentes espazos educativos.

O libro reúne dez capítulos en relación con este tema. Un dos capítulos, obra da embaixadora galega Susana Vázquez Regueiro, leva por título “eTwinning: el puente hacia una mejor comunicación del alumnado, que presenta este programa como metodoloxía de traballo para unha mellor adquisición da competencia comunicativa do alumnado participante, fixándose na vertente máis social desta competencia. A redacción do capítulo resume unha investigación documental e as conclusións derivadas dela.

Para acceder á versión dixital (e descargable) do libro podes premer neste enlace.

29 maio 2019

Actividades do segundo e terceiro trimestres 18-19

Resumo das actividades do 2º e 3º trimestres do ano lectivo 2018-2019:
Docencia en PFPP:
  • CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro da Silva, Cerceda: introdución e primeiros pasos para iniciar un proxecto eTwinning (procura de socias, contactos, redacción da idea, etc.) relacionado co proxecto de centro, sobre animais.
  • EEI As Dunas de Panxón: eTwinning en Plurinfantil.
  • CEIP Plurilingüe de Espiñeira-Aldán: eTwinning en Plurinfantil e E-Dixgal.
  • CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra: eTwinning en E-Dixgal.
  • CEIP Plurilingüe Lagostelle, en Guitiriz, Lugo: eTwinning e o uso de dispositivos móbiles.
  • IES Johan Carballeira, Bueu: Introdución a eTwinning.
  • IES de Ames: Deseño de proxectos en eTwinning.
  • IES Auga da Laxe, Gondomar: Calidade en proxectos eTwinning.
  • IES Álvaro Cunqueiro, Vigo: Calidade en proxectos eTwinning.
  • IES Trapero Pardo, Castro Riberas de Lea, Lugo: eTwinning para a escola inclusiva.
  • Facultade de Formación do Profesorado, Lugo: eTwinning como ferramenta inclusiva.
  • Facultade de Formación  do Profesorado, Lugo: eTwinning na escola rural.


Actividades de Formación:
  • CFR da Coruña: Rethinking English, eTwinning como ferramenta para o traballo colaborativo, con docentes de varios centros educativos da zona.
  • CFR de Ferrol, para docentes do CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, do CEIP Cruceiro de Canido e doutros centros da área, envolvidos nun proxecto Erasmus+ do CFR.
  • CEE de Pontevedra: Actividade ao grupo de traballo do centro sobre eTwinning en Educación Especial e outros varios. A cargo do CFR.


07 março 2019

Formación no CEE de Pontevedra

Unha representación da embaixada eTwinning de Galicia tivo a honra de acudir a unha actividade de formación no CEE de Pontevedra o mércores 27 de febreiro.
A tal actividade, na embaixada decidimos que fora Aarón, xa que aínda que non era de zona, solicitaron axuda para facer proxectos nos que estivera presente a educación especial, e co perfil de mestre de Audición e Linguaxe as compañeiras permitiron a miña participación.
A demanda previa era de un grupo de traballo que quería introducirse na plataforma. Houbo xente dada de alta pero outra que o fixo na pausa da actividade.

A orde dos puntos tratados foi o seguinte:

En primeiro lugar, cunha enquisa Plickers partimos das experiencias previas do profesorado presente e presentamos a aplicación.

Continuamos por mostrar os portais eTwinning, eTwinning Live, blog da embaixada e Twinspace. Con posibilidades de búsqueda de socios/as posibeis e exemplos de proxectos. Tamén falamos dos Selos de Calidade e as horas de formación.

Por outra banda, creara unha conexión Adobe Connect para mostrar como funcionaba, pero ante a imposibilidade de que a xente se anotara previamente e a xente que se anotou non entrou, só viron como podería ser unha videoconferencia.

 
Para rematar, para interese de formación do profesorado, descubriron o portfolio dixital, a roda pedagóxica e a plataforma de formación de INTEF e a súa oferta.




Tivo unha boa acollida as actividades, empezando por case vinte persoas, e bastante participativa.









28 dezembro 2018

Actividades do primeiro trimestre 18-19

Resumo das actividades do primeiro trimestre do ano lectivo 2018-2019:
  • Reunión con Luz Ares, a nova representante do SNA en Galicia, para establecer as prioridades a curto e medio prazo: recoñecemento institucional para centros participantes en eTwinning, publicación do nodo na web da Consellaría, melloras no procedemento de certificación como Formación, estratexias para conseguir a certificación como Innovación, reedición do curso de Platega, entre outras.
  • Café con eTwinning: EOI de Vilagarcía de Arousa e CEIP Viñagrande de Deiro.
  • Docencia en PFPP: IES Xelmírez I, CPI Progreso e IES Terra Cha - Trapero Pardo.
  • Actividade de Formación no CEE de Pontevedra

02 abril 2018

Formación en Ourense

   O 21 de marzo, foi o día escollido no Ateneo de Ourense para dar una chococharla sobre formación en eTwinning.


    A formación impartida en galego durou unha hora e media e non tivo moita afluencia. Os temas clave eran:

1) Saber qué é eTwinning e diferencias con ERASMUS. Vantaxes e proceso de alta
2) Usar o twinspace como fonte de proxectos, formación, grupos...
3) App Adobe Conected para videoconferencias.
4) Mostrar exemplos de traballo e boas prácticas.
5) Selos de calidade en alumnado, profesorado, centros, directrices de cómo conseguilos, etc



   Cando me nomearon embaixador eTwinning na provincia de Ourense, sabía que tiña un reto por diante: introducirme na provincia na que vivo, pero non traballo; a más envellecida de Galicia, e onde precisas máis de 159 puntos no concurso de traslados (coa idade que leva gañalos) para poder acceder a impartir docencia en un dos colexios da ciudad. Tamén é a provincia que menos proxectos solicita á a Xunta de Galicia de innovación, proxectos europeos, mellora de bibliotecas, robótica, enseñanza dixital, e un longo etcétera.

     Encontreime en decembro de 2017 con 19 proxectos abertos eTwinning, dos cales dous eran dunha villa a 25km de Ourense, outros doce de un colegio concertado que realiza moitos proyectos europeos de eTwinning e ERASMUS, e outros 5 de outra vila a casi corenta minutos de Ourense (que posee aula Samsung). Todos eses proxectos abertos pero non activos.

     Levaba tempo counha formación pendente, que foi convocada cunha semana de antelación, pero publicouse en redes sociales, periódico rexional e envióuselle dende o Ateneo correo a todos os centros da cidade ourensana.


  Con esos antecedentes e un escaso publico, comezou aa tertulia.
    
   En primeiro lugar explicar qué é eTwinning a diferencia de Erasmus. Posteriormente enseñar a usar o twinspace. Á hora do Adobe Conected houbo problemas de conexión. Tiña a unha socia de Italia no evento online para tal fin, pero non funcionou nin en móbil nin en ordenador.


   Como exemplo púselles un proxecto meu pechado que obtivo selos Nacional e Europeo "Viajes-mi pueblo es tu pueblo" e dous que levaron premio europeo este año. Tamén invitei a xente asistente a ver os kits e exemplos do SNA (Servicio Nacional de Apoyo) e da páxina da embaixada.

    Para concluír, a recente aparición de selos eTwinning en centros e o seu impacto. Sen esquecernos dos requisitos para conseguir tamén os do profesorado e alumnado.

   Nos instantes posteriores á tertulia, unha profesora comentoume que iniciara un proxecto e estaba un pouco perdida. Tamén me dixo que realizara algún pequeño seminario, pero todavía no se atrevera cun learning event.

  Outro profesor comentoume que teiña unha compañera nun ERASMUS, pero que lle transmitiría o alí visto. Quedamos en vernos os tres nun futuro, xa que se interesaron por realizar no seus centro s algún proxecto eTwinning.

   Invitei a todos e todas a entrar no grupo eTwinning de xente de Ourense.

  A principal conclusión foi clara, que foi unha mágoa que non houbera mais xente.

17 janeiro 2018

Formación continua de equipos directivos

Estanse a celebrar sesións de formación continua de equipos directivos nas catro provincias galegas, coa presenza das embaixadoras Carmen Fernández e Susana Vázquez, os embaixadores Marcos Vence e Aarón Bernárdez e a representante do SNA Victoria Penide.

A día de hoxe celebráronse dúas en Pontevedra e Ferrol e restan as de Lugo e Ourense.

Nesta páxina podedes acceder ás presentacións relacionadas con eTwinning



20 dezembro 2017

Apadriña unha embaixadora

freeimages.com - Michael Illuchine
Esta nova iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia, trátase dunha experiencia piloto de seguimento de proxectos galegos co obxectivo final de conseguir a certificación como Innovación no próximo ano escolar.

Consistiría en que cada centro teña unha embaixadora de referencia con acceso aos TwinSpaces para facer un seguimento "leve" e algunhas accións puntuais nunha aula virtual Moodle.
E por suposto, o asesoramento e difusión que precisedes.
  • Iso vainos permitir ás embaixadoras, a creación paulatina dun protocolo de seguimento.
  • Pola vosa parte, vai supor unha simplificación do proceso de recoñecemento de horas de formación por participación en proxectos eTwinning.

Importante: polos proxectos deste ano escolar non hai recoñecemento como innovación.

Se queredes colaborar connosco entre xaneiro e xuño, cubride este formulario, por favor.
A selección será por orde de recepción de solicitudes.
Notificarémolo a mediados de xaneiro por correo electrónico.


Moitísimas grazas!

06 novembro 2017

A Xunta impulsa as publicacións da Embaixada

A nova colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Embaixada eTwinning, pon en valor o traballo feito polo profesorado participante na elaboración das nosas publicacións.

Podedes descargar as novas versións das dúas guías, en galego, nas seguintes ligazóns:



Máis información:

embaixada.etwinning.gal/p/publicacions.html



06 julho 2017

VI Encontro de embaixadores

Celebrouse do 3 ao 4 de xullo en Madrid, e asistitu Aarón.

Este foi o programa:



Agenda VI Encuentro de Embajadores eTwinning from Francisco José Balsera Gómez

Nesta ocasión contamos coa presenza de poñentes con premios europeos, como o IES Juan de Mairena
Tamén houbo experiencias de boas prácticas, con embaixadores/as que nos deron directrices para ter un mellor traballo economizando recursos, como as embaixadas de Asturias, Canarias, Castela- A Mancha.
Con Diego Rojas, como nos ten acostumados, miramos as rúbricas e traballamos con proxectos para saber como se avalía para dar selos de calidade, traballando en equipo.
Manuel Ávila, experto en educación inclusiva, falounos da súa experiencia laboral dende a lei da avaliación psicopedagóxica na que participou ata pouco antes da súa xubilación. Formou parte de moitas comisións de convivencia, inclusión... e traballou como inspector e subdirector xeral de educación para o MEC.
Con Salvador fixemos unha reflexión sobre innovación e colaboración.
Non podía faltar Beatriz do SEPIE para informarnos dos ERASMUS.
Miriam e Lourdes mostráronnos a rede da embaixada por todo o país.
Despedímonos (de todo) de Pilar Antolín, cunha dinámica de grupo e desexándolle un bo cambio na súa saída do SNA.

17 março 2017

Embaixadores eTwinning

Este vídeo do SNA explica a función que realizan os embaixadores e como atopalos en eTwinning live.


29 novembro 2016

Proxectos eTwinning Galiza-Portugal

Tras catro anos de traballo, lanzamos a versión en galego do libro "Proxetos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas as beiras do Miño.

A publicación foi financiada polo EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Descarga do libro e máis información

10 outubro 2016

PDW en Rodas

  

       Entre os días 29 de setembro e 1 de Outubro, asistín en Rodas (Grecia) ao PDW for Ambassadors de 2016.
    Máis dun oitenta e cinco por cento dos asistentes eran novos embaixadores de menos de cinco anos.
    A acollida por parte do NSS Griego con Irene Pateraki á cabeza foi moi boa. Obsequiáronos cuhna visita turística por Rodas en autobús e unha cea amenizada con música de Grecia e Chipre o sábado.
    A expedición española que saliu o día 28 cara o país do Olimpo, estaba composta por Miriam Olga Cecilia del SNA, e miembros da embaixada: Marta Pena (Cuenca), Emilia Badenes (Formentera), Elena Zorrilla (Burgos), Estíbaliz de Miguel (Madrid) e Aarón Bernárdez (Ourense).


 Aparte das sesións plenarias de introdución e clausura,  ofrecéronse numerosos talleres de diversa temática para que elixíramos aqueles que máis se axustaban aos nosos intereses e necesidades como embaixadores, catro en total de entre seis en cada tanda. Foron bastante dinámicos e prácticos e, xa que se apoiaban en diapositivas e exercicios de grupo, podían seguirse ben aínda que o nivel de inglés meu non fora moi bo.
 

 Aos "workshop" que asistín fueron:

  1. How to motivate teachers con Rita Zurrapa do NSS Portugués.
Estivo bastante ben e apoiouse en moitos videos como o de Ken Robinson e Rita Pierson. Fïxonos reflexionar acerca do importante papel que o profesorado temos como axentes do cambio que debe producirse nos alumnos e nos recordou qué é o que nos fai sentir ben e nos motiva cada día a seguir ensinando para mostrar que eTwinning pode axudarnos a manter e aumentar ese nivel de motivación en todo o profesorado.

  1. Good practice examples in etwinning online teachers' training con varias personas que primeiro enmarcaron teóricamente metodoloxías, avaliacións… para posteriormente falarnos sobre aplicacións: Class Dojo, Plickers e Pinterest.

  1. Design thinking for improving eTwinning con Kornelia Lohynova, Bratislava. Preparar, encontrar o foco do problema, traballar e innovar unha solución.

  1. Quality Label criteria con Irene Pateraki del NSS Griego. Práctica de un ou dou proxectos nos cales se puntuaría para ver se conseguían o selo de calidade ou non.


Autor: Aarón Bernárdez

28 setembro 2016

Projetos eTwinning Galiza-Portugal

Tras case catro anos de traballo, lanzamos a versión en portugués lo libro "Projetos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas beiras do Miño.

Queremos agradecer á Direção-Geral do Ministério da Educação de Portugal, que editou o libro e participou na súa revisión e corrección, en especial a Laura Filipe, e por suposto ao IES San Clemente de Santiago de Compostela que financia as actividades da Embaixada galega.

Descarga do libro e máis información 

 

04 setembro 2016

Os proxectos europeos xa contan.

A Consellería acaba de publicar a Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado, pola cal os proxectos europeos tales como Erasmus+, PAP e e-Twinning pasan a ter unha certificación de horas.

Para máis información preme a imaxe e aparecerá a resolución do DOG da Consellería.


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160831_certificacion.pdf