20 junho 2016

▬ Tourism for teenagers


Durante os cursos 2014-2015 e 2015-2016 o IES de Poio xunto cos seus socios en Italia, Grecia, Polonia e a República Checa estamos a desenvolver un proxecto KA2 dentro dos programas Erasmus + e e-Twinning.



O proxecto Tourism for teenagers tenta promover a aprendizaxe activa de linguas e a mellora das competencias dixitais. 

Durante estes dous cursos o alumnado elaborou, entre outros produtos, unha guía de turismo xove , un google maps, , unha guía de conversa, , posters, postais, etc.

Traballamos na avaliación do proxecto e na súa difusión.

O twinspace do proxecto e-Twinning servíu como punto de encontro do alumnado que participou nos foros e escribíuen padlets colaborativos onde daban conta do que aprendían co proxecto : o impacto nas súas vidas, o atractivo turístico dos lugares nos que traballabamos, o que levaban aprendido co proxecto, o se aprendizaxe nas linguas dos socios.

Asimesmo, participaban nos foros recollendo as súas mellores lembranzas sobre as mobilidades, quedando recollidas algunhas en ebooks.

Durante estes dous anos, levamos a cabo cinco mobilidades: Poio, Kalamata, Radom, Pribram e Roma.

No IES de Poio o proxecto foi coordinado polo departamento de Latín e Grego e participaron os departamentos de Economía, Matemáticas,Tecnoloxía, Orientación, Música, Educación Física, Inglés, o Equipo de Normalización Lingüística.

08 junho 2016

▬ Two Island Inspire

Estreáronse catro novos eTwinners galegos con este proxecto, tres do CEIP de Sestelo-Baión (Esperanza DovalJosé Manuel Rodeiro e David Paz) e un do IES San Clemente (Bruno Vila), que coa colaboración externa de Charo Bañobre do IES da Illa de Arousa, investigaron, publicaron e crearon materiais relacionados coa illas Chrysí e Arousa.


O proxecto fai parte do Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade do IES San Clemente e do proxecto internacional exposicións enREDadas. Tamén tiveron o seu papel os EDLG dos centros e os participantes de Voz Natura da Arousa.

Os fundadores, Marcos Vence e a súa socia grega María Sourgiadáki, con experiencia previa en eTwinning, dirixiron as diferentes tarefas e coordinaron as comunicacións entre o alumnado. Destacan:
  • A investigación sobre xeografía, historia, flora, fauna, turismo, etc das dúas illas e posta en común dos resultados no TwinSpace.
  • O diálogo entre o alumnado, en inglés, preguntando información sobre a illa do outro país. O módulo de FP Informática de Bruno Vila é impartido na modalidade de sección bilingüe en inglés.
  • O deseño de xardíns reais e imaxinarios grazas ao traballo conxunto do alumnado de Ierápetra e Arousa.

30 maio 2016

18 maio 2016

Open twinning

Xa abriu a inscripción no MOOC Open eTwinning“.
Este MOOC é o primeiro integramente en inglés e é unha boa oportunidade para coñecer e entender as posibilidades de etwinning.
Empeza o 18 de Maio e remata o 29 de Xuño.
inscripción hai que faceta na plataforma  INTEF MOOC onde tamén se desenvolverá o curso.

06 maio 2016

Inspiración para Innovar


A embaixada Galega foi invitada a participar na Xornada de Formación do Profesorado "Inspiración para innovar" organizada en Aldaia, Valencia no I.E.S Salvador Gadea presentando LABORATORIO DE IDEAS PARA LA ESCUELA  a cargo de  Mela Rguez.


 Unha amplia representación de embaixador@s de distintas comunidades Autónomas presentaron ponencias e talleres para as distintas etapas educativas.

Moitísimas grazas a tod@s por poder disfrutar cada un dos momentos compartidos, especialmente a Alicia Palomera por invitarnos a formar parte desde magnífico evento!!



29 março 2016

"Quién es?" Un proxecto Galego finalista entre os Europeos

O proxecto eTwinning "¿Quién es?" que se está levando a cabo entre o CPR de Alca e o centro francés Francois Pithou entre alumnos de 2º de ESO, chegou a finalista para os Premios Europeos 2016, na categoría de 12 a 15 anos.

Parabéns para a nosa compañeira Edelmira Riero Romero e a todos os participantes deste proxecto!

Entre os 202 proxectos enviados para a súa valoración, os finalistas son:


Categoría de 4 a 11:


Categoría de 12 a 15:

Categoría de 12 a 15:

27 janeiro 2016

Curso online "Proyecta eTwinning"

Con data 15 de xaneiro de 2016 lanzouse dende o INTEF a convocatoria de cursos de formación online que inclúe o curso "Proyecta eTwinning", deseñado e coordinado polo SNA. O prazo de inscrición remata o día 29 de xaneiro.
O prazo de inscripción nos cursos é do 15 ao 29 de xaneiro de 2016. A inscrición realizarase a través da sede electrónica do Ministerio.