04 julho 2017
Sesión de difusión no C.E.I.P Pena de Francia
Onte no C.E.I.P Pena de Francia en Mos, tivemos unha sesión de difusión do Programa e-twinning para coñecer de primeira man as posibilidades que ofrece aos centros de Primaria.
O asesor do C.A.F.I Angel Sebastián Junquera e a embaixadora Mela Rguez, axudaron a rexistrarse e xestionar os distintos espazos de traballo da plataforma, a 13 profesor@s moi entusiastas que xa dispoñen dunha páxina no Proxecto de Formación da Embaixada.
Puideron comprobar o doado que é participar a través dunha mostra de actividades de Proxectos con selos de calidade, desenvolvidos en castelán ou en inglés en aulas de Primaria.
Esperamos ter sido de axuda nesta nova andaina que o vindeiro curso escolar esperan emprender asesorados sola Embaixada, como parte dun Plan de Formación no que profundizarán na Aprendizaxe cooperativa a través das T.I.C.
14 junho 2017
eTwinning no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo
eTwinning
no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo
por
Patricia Conde Pardo
No curso 2016-2017, dentro do Plan
de Formación en Centros do IES Álvaro Cunqueiro celebráronse unhas xornadas
eTwinning nas que participaron profesores de distintas disciplinas tales como
bioloxía, inglés, música e lingua española.
Tiven o privilexio de impartir a formación en
eTwinning en dito centro a un grupo de profesores moi entusiastas e
participativos.
A coordinación do seminario correu a cargo de Begoña
Davila Rodríguez, profesora titular do IES Álvaro Cunqueiro, e contou coa aprobación
e supervisión de Concepción Pazos Oya desde o CFR de Vigo.
Para a maioría do profesorado participante era o
primeiro contacto con eTwinning pero todos amosaron grande interese polas
posibilidades ofrecidas pola plataforma.
A formación tivo lugar no centro
nas datas 25 de xaneiro, 8 de febrero e 8 de marzo de 2017 e despóis da última
sesión o profesorado deseñou unha proposta de proxecto multidisciplinar sobre a
“Celebración da Primavera” que finalmente desenvolveron con éxito xunto cun
socio en Italia. Podedes visitar o seu TwinSpace: https://twinspace.etwinning.net/40624
A sua andaina en eTwinning non
puido empezar con mellor pé. Só cabe desexarlles moitos éxitos máis.
04 junho 2017
eTwinning no CFR de Ferrol
O martes 30 de maio tivo lugar no Centro de Formación e Recursos de Ferrol unha sesión de tres horas de formación sobre eTwinning.
O CFR de Ferrol está a desenvolver a Asociación escolar KA2 Raising achievement together a vision for European schools que van traballar tamén na plataforma eTwinning.
Directores e profesores de centros de ensino de Ferrol xuntamente cos asesores do CFR, o representante de eTwinning en Galicia Ángel Sebastián e unha das embaixadoras na comunidade fixeron un repaso das oportunidades que eTwinning ofrece para o traballo en proxectos Erasmus+.
O CFR de Ferrol está a desenvolver a Asociación escolar KA2 Raising achievement together a vision for European schools que van traballar tamén na plataforma eTwinning.
Directores e profesores de centros de ensino de Ferrol xuntamente cos asesores do CFR, o representante de eTwinning en Galicia Ángel Sebastián e unha das embaixadoras na comunidade fixeron un repaso das oportunidades que eTwinning ofrece para o traballo en proxectos Erasmus+.
26 abril 2017
eTwinning no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis
O mércores 26 de abril tivo lugar unha sesión de formación sobre eTwinning no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis dentro do seu Plan de Formación en centros.
Un grupo de 21 profesores recibíu formación sobre eTwinning.Nun momento da sesión, fixeron propostas de proxectos nun padlet colaborativo.
Estas propostas viñan dadas por proxectos que xa están a desenvolver no centro e que poderían ser traballados nun futuro con socios europeos.
Desexámoslles os maiores éxitos na súa andaina en eTwinning!!!!
30 março 2017
eTwinning na EOI de Vilagarcía de Arousa
O 23 de marzo de 2017 tivemos unha sesión de formación na EOI de Vilagarcía de Arousa dentro do seu plan de formación permanente sobre traballo colaborativo e PBL, tamén vinculada ao KA104 que veñen de solicitar.
20 março 2017
Gañadores e finalistas dos premios 2017
O día 13 de marzo saíron os/as gañadores/as e finalistas dos premios eTwinning 2017. Os nosos parabéns para Estíbaliz de Miguel Vallés do I.E.S. JUAN DE MAIRENA en San Sebastian de los Reyes, e mais Elsa Estaire do IES San Juan Bautista, Madrid; por seren as únicas do noso país premiadas, co seu proxecto EU Games 2015-2016

17 março 2017
Embaixadores eTwinning
Este vídeo do SNA explica a función que realizan os embaixadores e como atopalos en eTwinning live.
Subscrever:
Mensagens (Atom)






