14 junho 2023

▬ The Way Game Proxecta+ EOI Ourense

 


Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning na convocatoria 2022/23.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

Trátase do proxecto The Way Game (ir ao TwinSpace) realizado na EOI de Ourense en colaboración co Liceo Científico G. Banzi Bazoli de Lecce (Italia). As linguas do proxecto foron o inglés e o italiano. O produto final do proxecto foi un xogo online con preguntas sobre un dos roteiros do Camiño de Santiago (acceder ao xogo online)

O proxecto axudou ao alumnado dos centros participantes a coñecer o legado histórico e cultural do Camiño de Santiago a través dun dos seus roteiros (O Camiño Primitivo) declarados todos eles Patrimonio da Humanidade. Os estudantes elaboraron materiais colaborativos e crearon un xogo online con preguntas sobre as distintas etapas do Camiño Primitivo.

Na parte inicial do proxecto o alumnado tivo que escoller o roteiro co que traballar. A escolla fíxose entre duas propostas: O Camiño Inglés e o Camiño Primitivo (ver no noso TwinSpace)

Unha vez escollido o roteiro, o alumnado organizouse en grupos de traballo e cada grupo traballou cunha etapa concreta do roteiro escollido. Para a etapa asignada, elaboraron e escolleron as preguntas que formarían parte do xogo final.

 A modo de resumo deixamos esta presentación Genially




Evento eTwinning de Difusión de Proxectos Plan Proxecta + 2022/23

 

O día 7 de xuño de 2023 de 16.00 a 17.00 horas tivo lugar  un evento eTwinning no que se difundiron os proxectos galegos desenvolvidos dentro do Plan Proxecta+ na  modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning, na convocatoria 2022/23.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

Esta é a ligazón ao vídeo do evento

Parabéns aos centros galegos que participaron nesta convocatoria:

EOI de Ourense


CEIP Plurilingüe de Tarrío


IES de Fene



EOI da Coruña




16 maio 2023

Encontro eTwinning en Túnez, maio de 2023

 


Do 5 ao 7 de maio houbo un encontro de embaixadores e etwinners, organizado pola SNA de Túnez, para favorecer a formación de contactos e a creación de proxectos na nova plataforma.

Ao encontro asistiu unha das embaixadoras galegas da Rede de Embaixadores eTwinning de España.

No seguinte Genial.ly déixanos un resumo do encontro.


27 março 2023

ABP con eTwinning - CFR Ourense

 

Dentro da formación permanente do profesorado e a través do CAFI e dos distintos CFR vinéronse celebrando ursos de formación presenciais chamados Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning.

O curso no CFR de OURENSE, tivo lugar os días 1, 8, 15 de febreiro e 1 de marzo. 

As 12 horas distribuíronse en xornadas de 3 horas cos seguintes contidos:

  • Xornada I: Aprendizaxe Baseada en Proxectos
  • Xornada II: eTwinning dentro da plataforma ESEP
  • Xornada III: Proxectos eTwinning e criterios de calidade
  • Xornada IV: Boas prácticas en eTwinning (exemplos de proxectos con selo de calidade)
As tres primeiras sesións foron impartidas pola embaixadora eTwinning Patricia Conde e permitiron aos asistentes darse de alta na plataforma ESEP e coñecer a teoría da Aprendizaxe Baseada en Proxectos e a súa aplicación na aula mediante proxectos eTwinning.
 
A última sesión quedou en mans de tres relatoras con sendos proxectos eTwinning acreditados con Selo de Calidade no curso 2021-22.
Os relatorios de boas prácticas correron a cargo de:
  •  Laura Conde Arcos, profesora de Secundaria no Colexio Plurilingüe San José (Josefinas) de Ourense, que relatou a súa experiencia no proxecto B.B.C Building Bridges Creatively. (Accede aquí ao TwinSpace do proxecto)
  •  Estefanía García Piñeiro, profesora de Secundaria no CPI de Padrenda-Crespos, que falou do proxecto no que participou titulado  Roots of Europe. (Accede aquí ao TwinSpace do proxecto)
  • Ánxela Mª Domínguez Martínez, mestra de Primaria no CEIP Porto Cabeiro de Redondela, que nos contou a súa experiencia dentro do plan Proxecta + (Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning) na que participou co proxecto #SUMATEALAPETANCA (Accede aquí ao TwinSpace do proxecto)


01 março 2023

NOVO GRUPO AXUDA SNA: Primeros Pasos en la Nueva Plataforma

 Boas Novas!

O SNA español ven de crear un novo grupo na platforma para axudar a novos ou non tan novos etwinners na nova plataforma.

Cabecera grupo eTwinning


Podedes unirvos no seguinte enlace

https://school-education.ec.europa.eu/es/group/primeros-pasos-en-la-nueva-plataforma

Un total de 14 páxinas adicadas a posibles dúbidas sobre a Nova Plataforma.



04 novembro 2022

A Embaixada eTwinning Galicia no XII Congreso Estatal de EOI

Durante os días 27-9 de outubro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o XII Congreso Estatal de EOI O Camiño das Linguas, unha oportunidade única para coñecer o traballo que se leva a cabo nestes centros e desfrutar o espíritu colaborativo e emprendedor da comunidade de profesores de EOI.


Entre os numerosos talleres, conferencias  plenarias e ponencias, queremos resaltar a da nosa Embaixadora Carmen María Fernández Rodríguez co título "Comunidad escolar e eTwinning". Centrouse no proxecto "Euroheroes of our time" levado a cabo no seu centro no curso 2021-22.



Compartimos imaxe da súa ponencia e o enlace á presentación CANVA.



Pílulas eTwinning no Proxecto SBLENDID

O día 24 de setembro celebrouse no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a xornada "O proxecto SBLENDID. Un percorrido conxunto das Escolas Oficiais de Idiomas Galegas". Supuña peche do Proxecto Erasmus SBLENDID que levou a cabo o CAFI e no que participaron 10 EEOOII de toda Galicia.

Neste evento impartíronse mini-pílula sobre os produtos creados nos proxectos. A nosa embaixadora Carmen María Fernández Rodríguez aportou material creado durante o proxecto "Euroheroes" na EOI da Coruña no curso 2021-22.



Os asistentes amosaron moito interese polos proxectos eTwinning do centro e compartiron impresións sobre este tipo de iniciativas.