Mostrar mensagens com a etiqueta Encontro de Embaixadores. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Encontro de Embaixadores. Mostrar todas as mensagens

16 maio 2023

Encontro eTwinning en Túnez, maio de 2023

 


Do 5 ao 7 de maio houbo un encontro de embaixadores e etwinners, organizado pola SNA de Túnez, para favorecer a formación de contactos e a creación de proxectos na nova plataforma.

Ao encontro asistiu unha das embaixadoras galegas da Rede de Embaixadores eTwinning de España.

No seguinte Genial.ly déixanos un resumo do encontro.


30 outubro 2022

Reunión da Embaixada eTwinning na Consellería de Educación

O pasado 26 de outubro, o equipo que compón a Embaixada eTwinning en Galicia foi recibido na Consellería de Educación polas asesoras Luz Ares Fandiño e Patricia Ares Yáñez para, como vén sendo habitual, organizar as tarefas do curso actual.

Na xuntanza, demos a benvida oficial ás novas embaixadoras, Esther Pérez e Carmen M. Fernández. Houbo un momento para recordar e agradecer o labor ao fronte da Embaixada de Marcos Vence, Carmen Fernández e Aarón Bernárdez.

A xuntanza percorreu a nova plataforma eTwinning, aloxada no novo espazo europeo, cos seus logros e, aínda, as súas incertidumes. Segue avanzando o acceso e a migración de contidos.

Tamén se acordaron as participacións na formación que se nos atribúe e que, neste momento do curso son as que seguen:

Plan Proxecta: Educación Patrimonial a través de eTwinning. (desde o primeiro trimestre, Plan Proxecta, aula CAFI)

Iníciate na ESEP e eTwinning (segundo trimestre, a través de Platega)

Perfeccionamento en eTwinning (terceiro trimestre, a través de Platega)

Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning, con sesións en Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense e Santiago. (xa se está a desenvolver durante o primeiro e segundo trimestres, CFR, presenciais)

Por suposto, serán atendidas aqueloutras nas que nos convoquen para PFPP ou cursos diversos.

Igualmente, estaremos presentes nas Xornadas de novembro Internacionaliza a túa escola, que se celebrarán de xeito presencial en Santiago, como cada ano.

Un momento de encontro que nos deixou un sorriso que compartimos con todos vós.




17 outubro 2022

IX Encontro da rede española de embaixadores eTwinning en Madrid

 O 14 e 15 de outubro tivo lugar en Madrid o IX Encontro de Embaixadores eTwinning de España. Como representante galega, asisitiu a embaixadora Esther Pérez. 

Tras os anos de pandemia, había moitas ganas de atoparse, intercambiar experiencias e, por suposto, falar da problemática da nova plataforma eTwinning.

Coma sempre, ademais das charlas dende o Servicio Nacional, que versaron sobre a nova plataforma e a integración do Plan Dixital dos centros e a súa relación con eTwinning, houbo ponencias onde algúns compañeiros falaron das súas experiencias e proxectos. Por exemplo, as pequenas asociacións estratéxicas do novo programa Erasmus, a elaboración dun curso certificado e avalado pola SNA, dentro da plataforma eTwinning, ou a mellor maneira de prantexar o aprendizaxe mixto ou "blended" nas nosas aulas. Dúas embaixadoras invitadas, de Portugal e Polonia, faláronnos de como funciona a rede de embaixadores nos seus países.

Tamén se fixeron obradoiros en pequenos grupos para reflexionar sobre a nosa función de embaixadores, centrada en tres exemplos diferentes: a estructura dunha boa formación cara os nosos compañeiros, a aplicación da aprendizaxe-servicio en eTwinning e a relación interna dos membros da comunidade embaixadora dun país.

A continuación, vos deixamos unha pequena mostra fotográfica do evento.

A asistente galega ao encontro, Esther Pérez


Compañeiros embaixadores das distintas Comunidades Autónomas


"A casa dos embaixadores", co que esperamos dela escrito nos posits


Foto de familia do IX Encontro de Embaixadores eTwinning

06 julho 2017

VI Encontro de embaixadores

Celebrouse do 3 ao 4 de xullo en Madrid, e asistitu Aarón.

Este foi o programa:



Agenda VI Encuentro de Embajadores eTwinning from Francisco José Balsera Gómez

Nesta ocasión contamos coa presenza de poñentes con premios europeos, como o IES Juan de Mairena
Tamén houbo experiencias de boas prácticas, con embaixadores/as que nos deron directrices para ter un mellor traballo economizando recursos, como as embaixadas de Asturias, Canarias, Castela- A Mancha.
Con Diego Rojas, como nos ten acostumados, miramos as rúbricas e traballamos con proxectos para saber como se avalía para dar selos de calidade, traballando en equipo.
Manuel Ávila, experto en educación inclusiva, falounos da súa experiencia laboral dende a lei da avaliación psicopedagóxica na que participou ata pouco antes da súa xubilación. Formou parte de moitas comisións de convivencia, inclusión... e traballou como inspector e subdirector xeral de educación para o MEC.
Con Salvador fixemos unha reflexión sobre innovación e colaboración.
Non podía faltar Beatriz do SEPIE para informarnos dos ERASMUS.
Miriam e Lourdes mostráronnos a rede da embaixada por todo o país.
Despedímonos (de todo) de Pilar Antolín, cunha dinámica de grupo e desexándolle un bo cambio na súa saída do SNA.

13 novembro 2016

V Encuentro de Embajadores eTwinning


O 10 e 11 de Novembro tivo lugar no INTEF en Madrid o V Encuentro de Embajadores eTwinning que contou coa participación de dous embaixadores galegos.




Este é o enlace ao programa 

A Benvida estivo a cargo  de Carlos Medina, Xefe do Servizo de Programas Europeos do INTEF.

A continuación, Mirian Olga Cecilia Martínez e Lourdes Gozalo, do SNA,  presentaron a Rede de embaixadores eTwinning





  • Organización, impacto e crecemento da rede de embaixadores europeos.
  • Actividades de formación e difusión desenvolvidas polos embaixadores nacionais.
  • Xornadas rexionais e colaboración cos representantes eTwinning nas CCAA.
  • Blogs e portais eTwinning nas CCAA.
  • Proxecto La casa de los embajadores.





Miguel Ángel Hernáiz, do Servizo de Formación en Rede do INTEF explicou a oferta formativa de Educa Lab:
  • Cursos en liña
  • MOOCs do INTEF
  • NOOCs do INTEF
  • Marco común de competencia dixital docente
  • Insignia dixital
  • SPOOCs




A presentación sobre Boas prácticas de formación de embaixadores estivo a cargo de Ana Isabel García e Pablo López (Principado de Asturias), Francisco José Balsera (Aragón) e Inmaculada Cerlero e Gustavo Mora ( Castilla-La Mancha).


O panel de embaixadores explicou diferentes iniciativas que están a ter lugar nas súas CCAA.



Beatriz Tourón, do SEPIE, falou sobre eTwinning en Erasmus+, presentando as sinerxias entre ámbolos dous programas.
  • eTwinning é unha ferramenta moi valiosa tanto nos KA1 (cursos estructurados, job shadowing ou docencia en mobilidades para profesorado) como en KA201 (proxectos de desenvolvemento e innovación)  ou proxectos KA201 (de intercambio de boas prácticas entre centros escolares)
  • eTwinning xoga un papel fundamental desde o momento inicial de procura de socios, durante o desenvolvemento e implementación do proxecto e na súa  difusión, diseminación e sostenibilidade.

Olga Paniagua, do SNA presentou un Taller de competencia dixital.

Seguindo o Marco Común de Competencia Dixital Docente, artellou a súa ponencia nos apartados de 
  • Información
  • Comunicación
  • Creación de contidos
  • Seguridade 
  • Resolución de problemas




Marta Pena falou sobre Cómo motivar aos docentes.


Durante uns minutos seguimos a charla de Rita Pierson en TED 




As ventaxas do traballo por proxectos  con eTwinning son evidentes
  • Facilita un proceso de aprendizaxe continua
  • Xenera interacción
  • Presenta unha variedade de actividades
  • Atende á diversidade
  • Fai ao alumnado activo e independente 
  • Recoñece e valora o traballo dos docentes
  • Insértase no curriculum
  • Pódese traballar nunha lingua extranxeira ou na propia
  • A tecnoloxóa pode ir do máis básico ao máis complexo

Diego Rojas, do SNA falou sobre A calidade nos proxectos eTwinning
  • Resaltou que o principal é a eficiencia e eficacia do proxecto, medidas segundo criterios específicos de eTwinning.
  • Comentou as Rúbricas de calidade de proxectos
  • Fixo fincapé no importante que é ter en conta os criterios de calidade xa dende o deseño do proxecto e antes da súa posta en marcha.

O Selo de Calidade ten, entre outras, as ventaxas de:
  • motivar a alumnado e profesorado
  • dar visibilidade ao proxecto
  • poder optar a Premio Nacional ou Europeo, segundo o Selo
  • dar a posibilidade de mellora coa avaliación do proxecto por parte do SNA
Nunha derradeira sesión do Encontro, os embaixadores presentes, divididos en grupos, procederon a avaliar e redactar uns informes de avaliación sobre dous proxectos, facendo deste xeito unha práctica sobre Calidade de proxectos asesorados polos membros do SNA.