24 novembro 2013

Encontro "Sumando voces"

Dúas profesoras galegas asistiron ao encontro Sumando voces en Madrid. Esto é o que nos contan:

Durante os días 13/14/15 do presente mes, dúas profesoras galegas: Ana Belén López do IES San Rosendo (Mondoñedo,Lugo) e Anxos Rial do IES de Poio (Poio, Pontevedra) tivemos a oportunidade de participar en Madrid nun encontro de profesores etwinning de varios países europeos ( Suíza, Francia, UK, República Checa, Italia, Suecia e España). Desde o primeiro encontro empezamos xa a nos relacionar, a coñecernos e na primeira ponencia xa eramos cinco profesores; estes contactos foron increméntandose durante os tres días, xa por propia iniciativa do profesorado ou grazas á posta en práctica dos obradoiros; durante os almorzos, os xantares... o intercambio de experiencias foi constante, curiosidade, preguntas, comentarios, sorrisos nun ambiente moi receptivo e do máis cordial.
“Experimentados” etwinners man a man con “novatos” etwinners, innovando, compartindo e colaborando; os nosos anfitrións do SNA español acompañábannos e  animábannos, cociñamos xuntos “un fermoso proxecto”, asociámonos, noivos e noivas e o sábado pola mañá expuxemos os nosos proxectos: de Inglaterra a Galicia, de Aragon para Italia, de Galicia para Francia... o amor literario, a física, as linguas clásicas, as linguas modernas, a diversidade e mil temas máis variados, ricos, divertidos.O encontro resultou intenso e moi enriquecedor,  superados os primeiros momentos das presentacións todos puidemos comprobar que grazas a unha lingua común podiamos comunicarnos con moita fluidez. Sorprendeunos agradablemente a estrutura das actividades en plenarias e talleres, a información e a práctica, o que facilitou a aprendizaxe e a receptividade por parte dos asistentes.O reparto aleatorio dos participantes nos talleres e na Gymkana facilitou que os mesmos interactuaran con moita fluídez, propiciando o intercambio de experiencias e o coñecemento entre eles, de aí a cantidade de “noivos e noivas” que se reuniron para crear novos proxectos.Entre todas as ponencias destacou a posta en escea da plenaria 'Cómo cocinar un delicioso proyecto eTwinning' teatralizada por Annette Westerop y Rosario Ortega Pérez, miembros del SNA eTwinning, demostrando que a transmisión dos contidos  pode ser orixinal, amena e divertida.A valoración que facemos pois do encontro é xa que logo moi positiva pola formación do docente cara a apertura de novos proxectos e porque propiciou a nosa posta en contacto con profesorado europeo: “vernos as caras” e “comunicarnos en directo” .                                                                                                                                                                                      Artigo do SNA

Etwining dende a miña cámara

Ana Vaqueiro, profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo preparou este vídeo para promocionar eTwinning.


13 novembro 2013

▬ Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles

Mª del Carmen Buitrón, profesora no CPI Viaño Pequeno, preséntanos este proxecto desenvolvido cunha escola da República Checa:


O proxecto Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles ofrece aos alumnos un escenario multimedia para que descubran a través da exploración dunha cidade, as múltiples ópticas desde as cales esta pode ser analizada: matemática, artística, literaria, social, emocional... conectando de xeito directo cos aspectos de adquisición de competencias.


Ler máis...


10 novembro 2013

Global Education Conference 2013

Do 18 ao 23 de novembro celebrarase a "Global Education Conference 2013". Trátase dun evento internacional gratuíto de temática variada dentro do mundo educativo. Para participar hai que visitar a páxina oficial, e inscribirse non supón unirte a todas as sesións, senón ás que sexan do teu interese.



01 novembro 2013

Solicitude do Premio Nacional

Ata o día 6 de novembro podes solicitar a candidatura do teu proxecto eTwinning aos Premios Nacionais eTwinning.

Este enlace ao SNA ten toda a información que precisas.

Selos de Calidade Europeos

Acaba de publicarse a listaxe cos profesores que foron premiados co Selo de Calidade Europeo polos seus proxectos eTwinning.

Acceso á listaxe

Os proxectos galegos que foron premiados son:

Mª del Carmen Buitrón Pérez -CPI Viaño Pequeno, Viaño Pequeno, España -Matemáticas para viajar a las ciudades (in)visibles

 

Gonzalo Garcia Fernandez-Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio, España -iTEC Meets eTwinning - Imagine Brainstorm Design - Future Classrooms

 

Marcos Vence Ruibal -IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España -FCT Santiago de Compostela – Lisboa

 

Maria Helena Queirós -IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España -FCT Santiago de Compostela – Lisboa

 

María Dolores Díaz Rifón -IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España -FCT Santiago de Compostela – Lisboa

 

Susana Vázquez Regueiro -CEIP San Xoán, Becerreá, España -Cautivar con lecturas: El Principito que vive en la Biblioteca

 

ANA BELEN LOPEZ PEREZ -IES San Rosendo, Mondoñedo, España -Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery.

 

Anxos Rial Vidal - IES de POIO, Poio, España -Cine-tura: de cine a literatura

 

Carmen Fernandez -IES de POIO, Poio, España -Cine-tura: de cine a literatura

24 outubro 2013

▬ O Principiño que vive na Biblioteca

O Principiño que vive na Biblioteca: Un proxecto para ACNEE

Cautivar con lecturas: O Principiño que vive na Biblioteca é un proxecto galego e portugués deseñado para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
 
O seu obxectivo fundamental é o de mellorar a competencia lectoescritora do alumnado participante, así como dotar ás profesoras que o deseñaron, dun espazo colaborativo no que aprender e potenciar as súas propias capacidades.
 
Foi desenvolvido ao longo do curso 2012/13 por alumnos do CEIP San Xoán de Becerreá (Lugo) e da Escola Básica 1,2,3 Francisco Ornêlas de Cámara, de Ilha Terceira (Azores).

Na procura de lecturas e escrituras pracenteiras, do descubrimento lúdico da biblioteca, das aprendizaxes compartidas... todos os participantes encontraron, neste proxecto, un motivo alegre de traballo, no que, como é imprescindible con este alumnado, as emocións foron un ingrediente prioritario.

Rosa Medeiros de Mendoça e Susana Vázquez Regueiro planificaron este eTwinning, que conseguiu Selo de Calidade Nacional en Portugal e España.