Mostrar mensagens com a etiqueta Xornada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xornada. Mostrar todas as mensagens

12 novembro 2023

Forinnova Lite eTwinning

A Facultade de Formación do Profesorado celebra o luns 16 "Forinnova Lite"; unha xornada  romovida desde o centro universitario lugués xunto cos grupos de investigación MESTURA e GEFIL da USC, para mellorar e ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos Twinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas.

A Embaixada galega eTwinning tivo un papel destacado no evento con varios membros que asistiron e presentaron as súas experiencias na Xornada.

Asimesmo houbo un panel de expertos e diversas presentacións de boas prácticas docentes con profesorado español e portugués de diferentes niveis educativos, así como un obradoiro para o deseño de proxectos colaborativos internacionais eTwinning.


Link na prensa:

Faro de Vigo






07 maio 2022

eTwinning na Facultade de Ciencias da Educación, Santiago

 



O pasado venres día 6 de abril, a Facultade de Ciencias da Educación, da USC, daba cabida aos proxectos eTwinning nunha xornada organizada por Carol Gillanders, Raúl Eirín e Isabel Dans e á que daba apertura Carmen Morante, Decana da Facultade. Durante a mañá, o programa europeo foi presentado aos futuros docentes, achegando información desde moi diversas perspectivas:

  • A Administración, a través de Patricia Ares, chegada desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


  •    A Facultade de Ciencias da Educación, a través de representantes do profesorado e alumnado participantes nos proxectos eTwinning desenvolvidos, por vez primeira, na USC con alumnos e alumnas universitarios.
  • Profesores de EP, con ampla traxectoria en proxectos europeos e colaboradores coa Facultade.
  • A Embaixada eTwinning en Galicia, con Susana Vázquez, que presentou a filosofía do programa exemplificado no proxecto actual do seu centro: Cadea de hoteis de insectos.


Podes ver aquí o programa.

Na xornada, destinada a público en xeral, pero especialmente para alumnos do Grado en Formación do Profesorado de EI e EP, reuniu a preto dun centenar de persoas para ser testemuña do que se está a desenvolver na Facultade e para animar á participación nos TFG e TFM, facendo parte das experiencias presentadas na convocatoria dos Premios ITE 2022.

eTwinning é un programa innovador para implementar nos centros educativos galegos... que mellor que coñecelo desde a propia formación inicial do profesorado?


Parabéns pola iniciativa!

01 dezembro 2021

Xornadas "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas"

 
O día 27 de novembro o CAFI organizou a xornada "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas" na edición 2021/22.

A xornada desenvolveuse en Santiago de Compostela, na EGAP, durante todo o día, e, nela, houbo representación de todos os programas europeos oficiais, en formato de formación e de difusión de boas prácticas.

A Embaixada eTwinning non podía faltar nun día como este!

02 fevereiro 2021

Xornadas "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas". Curso 2020-2021

 

Do 12 ao 13 de marzo desenvolveranse as Xornadas Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Terán unha duración de oito horas e son de modalidade virtual.

O código da actividade é G2002129.


Deixámosvos aquí a ligazón aos twits, tanto para a inscrición na actividade como para compartir a experiencia dun proxecto Erasmus´en curso no centro educativo.


13 fevereiro 2020

IES Monte das Moas

 Os días 30 de xaneiro e 13 de febreiro tivo lugar unhas xornadas de formación para un grupo de traballo que hai no IES Monte das Moas. Non coinciden as datas coa presentación porque houbo un inconvimte e adiamos o inicio dúas semanas.
A formación consistiu en explicación do que é eTwinning, moverse polo eTwinning Live, facer un evento con Adobe Connect e formación/convocatorias.
A presenza das nove persoas que había foi moi agradable e o trato recibido moi bo.
Á pregunta final de como buscar socios foi a mais difícil de responder , e é un traballo que esperemos lles sexa compensado pola boa idea que teñen plantexada (non vou facer spoiler)



19 janeiro 2020

Encontro Internacional Erasmus+ Ferrol

Os días 15 e 16 de xaneiro, celebrouse en Ferrol o Encontro Internacional Erasmus+, o obxectivo fundamental era difundir e formar sobre experiencias de internacionalización de proxectos e centros educativos.
Nese contexto, a Embaixada eTwinning foi convocada para dar a coñecer o programa eTwinning non só como potencial sistema de internacionalización de proxectos e centros, senón como ferramenta indispensable para a organización didáctica do Erasmus+.
Así, Susana Vázquez asistiu o día 16 para levar a cabo esa aproximación a eTwinning a máis de cen profesores asistentes, sendo presentada e precedida por Luz Ares, asesora eTwinning na Consellería de Educación.
Achégase o programa do Encontro Internacional Erasmus+ Ferrol.

27 novembro 2017

Internacionaliza a túa escola

No 25 de novembro de 2017 celebrouse na EGAP (Santiago de Compostela) unha xornada de Erasmus+ e eTwinning, coa presenza da Embaixada Galega, para introducir estes programas ao persoal docente non iniciado.


O evento foi organizado por Victoria Penide do CAFI e Luz Ares de Programas Europeos e contamos coa presenza de Manuel Vila da Consellaría de Educación, Beatriz Tourón do SEPIE, Lourdes Gozalo do INTEF e docentes de diferentes etapas educativas que compartiron a súa experiencia en Erasmus+ e eTwinning: Mela R. Montegrifo do CEIP Vidal Portela, José Luis Souto do CIFP Someso e José M. Viñas e Carmen Mª Suárez  do IES David Buján.

Victoria Penide e Beatriz Tourón, na quenda de preguntas

Queremos destacar unha das frases máis motivadoras da xornada: "A primeira prioridade da Comisión Europea é conseguir que a mobilidade de docentes e estudantes sexa a norma e non a excepción." 

A representante do SNA eTwinning en Galicia, Victoria Penide, con varios membros da Embaixada Galega: Marcos Vence, Mela Montegrifo, Carmen Fernández e Cristina París.

05 novembro 2017

Xornadas "Internacionaliza a túa escola: Erasmus+ e eTwinning"

O próximo sábado 25 de novembro terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas "Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, eTwinning e outras propostas".
  • Data: 25.11.2017
  • Lugar de celebración: EGAP
  • Horas: 8
  • G1702009 
  • Obxectivos
1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.
2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.
3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.
Para acceder á actividade pincha aquí.
Máis información no enlace

26 novembro 2016

Xornadas Erasmus +

O 26 de Novembro tiveron lugar en Santiago as Xornadas Erasmus+.

 Durante a mañá interviñeron:
  •  Beatriz Tourón do SEPIE coa ponencia "Erasmus+: convocatoria 2017. A internacionalización dos centros educativos" 
  • Gonzalo Constenla da EOI de Santiago de Compostela coa ponencia "Programas europeos nun centro educativo: beneficios e oportunidades. Por que é interesante partcipar en programas europeos"
 Pola tarde os obradoiros simultáneos foron os seguintes:
  •  Os Programas Europeos na Formación Profesional, ciclos formaivos de grao superior - Francisco Antonio Orge Lorenzo (CIFP Carlos Oroza - Pontevedra).
  •  Os Programas Europeos na Educación Escolar - Beatriz Alonso Pérez-Ávila e María Olga Varela Vázquez (IES Alfonso X o Sabio - Cambre). 
  • Os Programas Europeos na Educación de Adultos - Nancy Casielles Iglesias (EOI de Ourense).
  •  Os Programas Europeos na Formación Profesional, ciclos formativos de grao medio - Asunción González Cabaleiro (CIFP Valentín Paz Andrade - Vigo). 
  •  Etwinning e Erasmus + - Mª Carmen Fernández Vázquez, embaixadora eTwinning (IES de Poio - Pontevedra) e Ángel Sebastian Junquera (CAFI) 

As Xornadas remataron cunha mesa redonda moderada por Beatriz Tourón Torrado (SEPIE) na que interviron as persoas relatoras dos obradoiros

 

11 novembro 2016

"Por buen camino"


A profesora Ana Santos do I.E.S Valle Inclán de Pontevedra, participou no VI Encontro eTwinning de profesores en castelán xunto  a 38 profesores das distintas comunidades autónomas e outros 38 docentes doutros países como Italia, Francia, Alemania, República Checa, Noruega ou Austria.


A obtención dos Selos de calidade polos proyectos Acrosport no curso 2014-2015 e  Euroacro no curso pasado déronlle a oportunidade de buscar socios para novos proxectos e a ocasión de participar en diversos talleres sobre etwinning live e intercambiar experiencias con profesorado in situ.
.

28 setembro 2016

ENCONTROS CON PARTICIPACIÓN DA EMBAIXADA



A embaixada eTwinning, participará na Xornada que o  CFR de Pontevedra e o CFR de Vigo están a organizar para os vindeiros 14 e 15 de outubro  que levan por título “ O inglés como lingua de materias non lingüísticas. Retos e estratexias ".Dito encontro terá lugar no Pazo da Cultura dePontevedra e está dirixido ao profesoradode inglés e a docentes que estean impartindo materias non lingüísticas en inglés tanto en seccións bilingües como en centros plurilingües. Poden inscribirse na actividade a través de http://www.edu.xunta.es/fprofe/ ata o 03 de outubro.

Cadaquén deberá inscribirse na actividade que corresponda ao CFR do seu ámbito segundo os seguintes códigos:

Código actividade CFR Pontevedra: P1603002
Código actividade CFR Vigo: V1603004

Coa actividade pretenden aportar estratexias de integración curricular na ensinanza de linguas e contidos e aportar pistas sobre o papel do profesorado mentor en contextos plurilingües. Desenvolverán un programa de obradoiros, experiencias e conferencias.(Programa completo da actividade en Fprofe).

Pretenden asimesmo que estas xornadas servan de foro de intercambio profesional, asi queestá aberta a posibilidade de que os centros asistentes presenten experiencias CLIL en
formato de paneis. Os contactos para elo serían os das persoas asesoras encargadas da actividade:

cfr.pontevedra.linguasestranxeiras@edu.xunta.es
Carmen Martínez Dapena

Mónica Otero Bruzada