11 abril 2012

▬ Letras Galegas 2012

En breve estará en marcha o proxecto eTwinning
Letras Galegas 2012 - Valentín Paz Andrade, que ten como finalidade dar a coñecer a obra do autor homenaxeado entre o alumnado dos centros participantes, así como a creación artística en galego.

Unha das actividades que se realizarán, pero non a única, é a creación de marcapáxinas que participarán automaticamente no concurso convocado polo IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Se estades interesados en participar, enviádelle un correo interno no eTwinning Desktop a Nieves Fontela López.

Artigo sobre o proxecto do ano pasado:
Letras Galegas 2011 - Lois Pereiro




Redeiras


Redeiras é unha rede social do profesorado galego, creada pola Consellaría de Educación.
Estades convidados a inscribirvos no grupo Ideas eTwinning.



10 abril 2012

▬ Intercambio de postais

Christmas Card Exchange, é un pequeno proxecto que consiste en intercambiar postais de Nadal feitas polos alumnos de varios centros europeos.

O IES San Clemente de Santiago de Compostela participou por segundo ano, esta vez da man do profesor de inglés Gustavo Gómez Vidal e alumnos de 1º de Bacharelato e do ciclo de FP 1º Sistemas Microinformáticos e Redes.


 


Tratase dun proxecto moi simple, ideal para iniciar a novos usuarios en eTwinning.

Máis información



12 março 2012

Acción Formativa 11-12 (memoria)


Unha vez concluída a Acción Formativa da Embaixada eTwinning Galicia no ano 2011-2012, presentamos o seguinte resumo:


Relatores:
  • Susana Vázquez Regueiro (CEIP Virxe do Portal, Sobrado dos Monxes).
  • Marcos Vence Ruibal (IES San Clemente, Santiago de Compostela).

Sesións: 9 sesións nas seguintes localidades:
  • Rianxo.
  • Monforte de Lemos.
  • Cambre.
  • Guitiriz.
  • Vilagarcía de Arousa.
  • Lugo.
  • Taragoña.

Duración total: 
22 horas.


Asistencia total: 84 docentes de infantil, primario, secundario e escola de idiomas.


Expresamos o noso agradecemento á dirección do IES San Clemente polo material promocional subministrado.

Pode acceder ás convocatorias e memorias das sesións no seguinte enlace:
Acción formativa


09 março 2012

Ideas de proxectos para FP

Presentámosvos unha iniciativa consistente en crear e difundir ideas de proxectos eTwinning para FP.

A presenza de FP en eTwinning é moi pequena. As características do ensino, alumnado e profesorado fan que sexa difícil levar adiante proxectos baseados nos kits e modelos que ofrece a plataforma.

Esta iniciativa consiste en concebir ideas de proxecto que se poderían realizar nos módulos impartidos. Por tanto, o docente que quixer participar:
  • Impartiu o módulo nalgunha ocasión.
  • Describirá os obxectivos, proceso de traballo, resultados esperados, duración, etc.
  • O proxecto debe deseñarse para ser desenvolvido entre dous ou máis centros europeos de forma colaborativa.
  • Non é necesario darse de alta na plataforma nin levar a cabo o proxecto ideado.
  • Con todas as ideas será publicado un "libro con máis de cinco autores": no baremo de méritos actual, cada autor tería 0,1 puntos.

Dezasete participantes inscritos, das seguintes familias profesionais:
  • Informática e comunicacións
  • Hostalaría e turismo
  • Fabricación mecánica
  • Electricidade e electrónica
  • Comercio e marketing
  • Madeira, moble e cortiza
  • Formación e orientación laboral
  • Sanidade
  • Imaxe persoal

Se es profe de FP e estás interesado en participar nunha futura edición, podes solicitar máis información escribindo a embaixada.etwinning@gmail.com



27 fevereiro 2012

▬ Nos encontramos en el Camino






O proxecto "Nos encontramos en el Camino", no que participaron o IES de Poio (profesora Carmen Fernández) xuntamente con alumnado do Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno (profesora Katalin Kanozsay) e do Lycée Thierry Maulnier de Niza (profesor Juan Pierre-Alain) conseguiu o Selo de Calidade Nacional en Francia, Eslovaquia e España, o Selo de Calidade Europeo e o Premio Nacional en Eslovaquia e España.

O Camiño de Santiago, declarado polo Consello de Europa Itinerario cultural Europeo, foi o tema escollido polos nosos alumnos para o seu traballo en común. Alumnos eslovacos e franceses que estudaban español xuntamente con alumnos españois que estudiaban francés percorreron xuntos virtualmente diferentes tramos do Camiño de Santiago.




▬ Leo para comprender mellor o mundo que me arrodea


Un novo proxecto eTwinning une ás profesoras Rosa Medeiros e Paula Matos, da Escola Básica Francisco Ornelas da Câmara, en Ilha Terceira, e Susana Vázquez, do CEIP Virxe do Portal, en Sobrado.

O alumnado con dificultades lectoescritoras vai vivir unha experiencia que pretende mellorar a súa competencia lectora, utilizando a lectura en diferentes soportes.

Podes seguir o desenvolvemento do proxecto neste blogue.