14 novembro 2012

▬ Des deux côtés de l’Atlantique



O proxecto "Des deux côtés de l’Atlantique - A los dos lados del Atlántico", no que participaron o CPI de Mondariz coa profesora Mercedes Noya e o Lycée Rivière des Pères, Basse Terre, Francia, coa profesora  Mariana Chabrier despois de ter acadado o Selo de Calidade Nacional en España e Francia é un dos proxectos galegos distinguidos co Selo de Calidade Europeo. 

Este proxecto consistiu nun intercambio entre os dous grupos de alumnos para dar a coñecer o seu grupo, centro escolar, rexión/cidade, hábitos diarios, tempo libre, festas e costumes, etc. Este é o blog do proxecto.

A profesora Mercedes Noya fálanos sobre a súa experiencia:
"Nas Xornadas Pedagóxicas da APFG escoitei falar por primeira vez do eTwinning e decidín darme de alta. Buscando soci@s a través da plataforma, vin a mensaxe de Mariana Chabrier, o seu centro estaba na Guadéloupe, e eu, en Mondariz. Os contrastes eran tan evidentes!"

09 novembro 2012

▬ Te cuento, me cuentas un cuento


Neste proxecto, os alumnos de Terceiro de Educación Primaria do Colexio Internacional SEK-Atlántico, da man da profesora Susana Fontán, colaboraron cun colexio italiano, tomando como punto de partida o estudo dos contos tradicionais.

Comenzamos estudando o noso entorno máis cercano (a historia do Mosteiro de Poio e da súa Biblioteca e a historia de pobo de Combarro) para logo realizar adaptacións de dous contos populares: “Hansel e Gretel”, onde os protagonistas empezaban a súa historia en Italia pero esta remabata no Mosteiro de Poio e “A pequeña serea”, na que a figura dun Colón galego rescataba a unha pequeña serea do mar contaminado e a agochaba nun hórreo, e logo esta a axudaba a atopar un tesouro no mar de Rande co que podía empezar a súa aventura na procura de novos mundos.

Ler máis...


26 outubro 2012

Formación na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo

O próximo 16 de Novembro, a Embaixada eTwinning representada por Susana Vázquez Regueiro, levará a cabo tres sesións de formativas na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

Esta iniciativa enmárcase nas Xornadas de Reflexión sobre o Modelo de Escola que se desenvolven dentro das actividades académicas para as materias Deseño, desenvolvemento e innovación curricular e Organización e xestión do centro escolar.

Os materiais para as sesións son os que seguen:

18 outubro 2012

Webinar "Abre a túa aula con eTwinning"


O día 18 de Outubro, eTwinning organiza o primeiro webinar sobre o programa, co título "Abre a túa aula con eTwinning"
Está dirixido aos docentes interesados en coñecer etwinning e dará a oportunidade de achegarse e familiarizarse cos diferentes ámbitos do portal e do TwinSpace.

Anuncio na páxina de eTwinning

Acceso ao webinar

Manual de axuda

06 outubro 2012

Pedagoxía Terapéutica

No marco de publicación de ideas para eTwinning que se está a desenvolver pola Embaixada eTwinning en Galicia, en colaboración estreita co IES San Clemente de Santiago, vaise editar unha terceira guía centrada en promover proxectos entre profesores de pedagoxía terapéutica, ben sexan de centros de ensino ordinarios ou ben específicos, ou profesorado de apoio a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, habida conta de que:

- A lexislación actual deixa claro que a atención á diversidade debe pasar pola igualdade á hora de crear situacións de aprendizaxe para todos os alumnos. O alumnado cneae tende a difuminarse no contexto académico da súa aula de referencia, precisando, para este tipo de proxectos, dun grupo máis homoxéneo no que a capacidades se refire. Habitualmente, no conxunto das aulas dun centro ordinario é posible facer outro grupo de acneae con características semellantes que lles permitan ser os donos da súa aprendizaxe, traballando, en paralelo, con outros nenos iguais.

- Existen poucos proxectos desenvolvidos neste sentido, tal vez a proporción é lixeiramente maior se falamos de centros específicos de educación especial. Consideramos que pode ser por descoñecemento do programa ou por dificultade organizativa, esta guía pode ser un referente para profesorado nesta situación.

- Para un centro educativo, dispor dun proxecto innovador específico para alumnado cneae supón un reto de atención a todos, de igualdade de oportunidades, de equidade e calidade.

Tendo en conta o anteriormente exposto, cremos que é oportuno traballar neste sentido e coordenar a creación e publicación dunha guía de ideas de posibles proxectos eTwinning para alumnado con dificultades de aprendizaxe por ter necesidades específicas variadas de apoio educativo.

04 outubro 2012

Segunda publicación da Embaixada eTwinning en Galicia.

O grupo de traballo que se está a encargar da elaboración da segunda guía de ideas para proxectos eTwinning está xa constituído e comezou xa a súa andaina para esta entrega.
A temática, como xa vos anunciamos, é sobre ideas que se podan desenvolver entre centros galegos e portugueses, aproveitando non só a facilidade que supón compartir grande parte da cultura, senón a propia proximidade e o idioma irmán.

Se aínda queres participar, non dubides en contactar connosco. Só precisas ter unha boa idea, unha que faga que ese proxecto eTwinning adquira unha dimensión especialmente significativa entre Galicia e Portugal.

Ata agora, os compoñentes do grupo de traballo son:

Doneto, José (Profesor EP, Galicia)
Fernández Casal, María Teresa (Profesora FP, Galicia)
Fernández Torres, Mercedes (Profesora FP, Galicia)
Ghanime, Joseph (Profesor EOI, Galicia)
Lafuente López, Raquel (Profesora EI, Galicia)
López Rodríguez, Pilar (Profesora ESO, Galicia)
Marzoa Tarrío, Laura (Profesora ESO, Galicia)
Medeiros, Rosa (Profesora de EE. Portugal)
Melo, Zélia (Profesora, Portugal)
Queirós, Helena (Profesora de portugués, Galicia)
Silvosa, Francisco (Profesor USC, Galicia)
París Brandariz, Cristina (Profesora FP, Galicia)
Rodríguez Roca, Xerardo (Profesor ESO, Galicia)
Vázquez, Susana (Profesora de PT, Galicia)
Vence, Marcos (Profesor FP, Galicia)
Vilariño, Manuel (Profesor ESO, Galicia)

Podes ver aquí entradas anteriores.