27 fevereiro 2012

▬ Nos encontramos en el Camino






O proxecto "Nos encontramos en el Camino", no que participaron o IES de Poio (profesora Carmen Fernández) xuntamente con alumnado do Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno (profesora Katalin Kanozsay) e do Lycée Thierry Maulnier de Niza (profesor Juan Pierre-Alain) conseguiu o Selo de Calidade Nacional en Francia, Eslovaquia e España, o Selo de Calidade Europeo e o Premio Nacional en Eslovaquia e España.

O Camiño de Santiago, declarado polo Consello de Europa Itinerario cultural Europeo, foi o tema escollido polos nosos alumnos para o seu traballo en común. Alumnos eslovacos e franceses que estudaban español xuntamente con alumnos españois que estudiaban francés percorreron xuntos virtualmente diferentes tramos do Camiño de Santiago.




▬ Leo para comprender mellor o mundo que me arrodea


Un novo proxecto eTwinning une ás profesoras Rosa Medeiros e Paula Matos, da Escola Básica Francisco Ornelas da Câmara, en Ilha Terceira, e Susana Vázquez, do CEIP Virxe do Portal, en Sobrado.

O alumnado con dificultades lectoescritoras vai vivir unha experiencia que pretende mellorar a súa competencia lectora, utilizando a lectura en diferentes soportes.

Podes seguir o desenvolvemento do proxecto neste blogue.


22 janeiro 2012

Formación na Barbanza

A acción formativa na Barbanza, iniciada no mes de novembro de 2011, finalizará cunha segunda sesión no próximo mes de febreiro:

29 de febreiro ás 17:30, no CEP Xosé María Brea Segade, Taragoña

Duración: dúas horas. (Non se certifican como horas de formación).

Contidos:
  • Breve explicación do que é eTwinning.
  • Exemplos de proxectos de infantil, primaria e secundaria.
  • Demostración de uso do Escritorio e o Twinspace.
  • Inscrición dos interesados.

Máximo: 10 prazas. Se queredes participar enviade un email a embaixada.etwinning@gmail.com antes do 26 de febreiro.

É imprescindible que os asistentes estean interesados en realizar proxectos con outros centros europeos.

Oito participantes inscritos a 16/02/12, procedentes dos seguintes centros:
  • CEP Xosé María Brea Segade, Taragoña, Rianxo
  • IES Pobra do Caramiñal
  • IES Leliadoura, Ribeira

03 janeiro 2012

▬ Calamo currente



Calamo currente é un proxecto eTwinning levado a cabo por alumnado do IES de Arzúa coa profesora Susana Fernández e o IES de Poio coas profesoras Ángeles FernándezJosefina Fuentes e Carmen Fernández. O proxecto foi recoñecido co Selo de Calidade Europeo e ten o Premio Nacional en Grecia.

Os alumnos e alumnas gregos, franceses, italianos e galegos crearon un blog de aula colaborativo plurilingüe. Neste espazo os nosos alumnos traballaron variados aspectos culturais da Antigüidade clásica compartindo o seu interese pola tradición que conformou a Europa na que viven. Deste xeito, coñeceron distintas formas de estudar as linguas clásicas doutros compañeiros europeos e desenvolveron destrezas no campo da interculturalidade, os idiomas e as TIC.

21 dezembro 2011

Curso eTwinning 2.0


Preinscrición no curso de formación eTwinning 2.0

  • Prazo: do 16/01/12, a partir das 12h, até o 23/01/12 ás 14h.  
  • Inicio do curso: 20 de febreiro de 2012.
  • Duración: 2 meses (40 horas).

14 dezembro 2011

Sesión formativa en Lugo

A Escola de Idiomas de Lugo solicitou unha sesión de formativa, que se celebrará o próximo día 20 de xaneiro, ás 12:00 da mañá.

Se estás interesado en participar, contacta coa escola ou no noso correo electrónico:

embaixada.etwinning@gmail.com