06 junho 2013

eTwinning nos Clubs de lectura


O venres pasado na sesión de Lusofonía e linguas nos clubs de lectura, dentro das VI Xornadas de Clubs de Lectura, algunhas asistentes comentaron como integraban os proxectos eTwinning como un medio de proporcionar unha dimensión internacional e de traballo compartido con membros de Clubs de Lectura doutros países.

Dado que este pode ser unha utilidade importante para todos os coordinadores e coordinadoras de Clubs, animámosvos a que exploredes esta liña de traballo particularmente aqueles que teñades Clubs nos que se lean obras en linguas estranxeiras de forma habitual ou ben puntual.

O procedemento sería, rexistrarse en eTwinning, buscar socios con intereses comúns: lingua de lectura, nivel dos membros, etc. e iniciar un proxecto común no que os socios escollemos a forma e frecuencia de contacto.
Ánimo cos vosos Clubs de Lectura e pensade nesta forma de dinamizalos con vistas ao próximo curso.

04 junho 2013

▬ The Voice of Europe

http://etwinningvoiceofeurope.blogspot.com
The Voice of Europe é un proxecto levado a cabo desde a colaboración entre a profesora de inglés Ana Arias Castro do CPI Tino Grandío, Neringa Lemeziene de Tryskiai (Lituania) e Barbara N'Sir de Poznan (Polonia).

Este proxecto para o curso 2012-2013 consistía na redacción dun blogue colaborativo entre o alumnado  dos tres centros participantes. A lingua vehicular foi o inglés dado que esta é a materia desde a que se promovía a actividade desde cada un dos tres centros.

LER MÁIS...

20 maio 2013

eTwinning Camp en Croacia

Do 25 ao 27 de abril celebrouse en Tuhelj (Croacia) o eTwinning Camp 2013, no que participaron membros dos proxectos gañadores na Competición Europea eTwinning 2013. Entre eles, alumnas, alumnos e profesores do proxecto Pek, a Pulga Viaxeira #3.


Montserrat (ES), Alessandra (IT), Muriele (FR),
Ciro (Vilagarcía), Keri (BG), Marcos (Compostela) e Bruna (IT)

Galegas e galegos en Zagreb

Presentación de Jose Luis, Daniel e Marina 
Presentación de compañeiros italianos
Ciro (Vilagarcía), Montserrat (Nájera) e Marcos (Compostela)

Alfonso, Yolanda, Marina, Daniel, Fátima (PT), Diego e Estela

Case todos e case todas



Un autobús cheo de pekkies


10 maio 2013

CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2013

Ata o día 17 de maio podes participar  na Campaña de Primavera eTwinning.
Para este ano as propostas son:

-  Café eTwinning: sesión cos compañeiros para dar a coñecer o proxecto concreto e o programa eTwinning.
- Concurso de carteis colaborativos en liña, co tema "Gañamos con eTwinning". Aínda que non participes co teu cartel, podes votar os traballos presentados a través do teu escritorio eTwinning. Para usuarios non rexistrados, esta é a páxina pública na que poden acceder aos carteis e votalos.
- Recollida de experiencias de proxectos eTwinning que se converteron en Comenius e/ou viceversa.

Para participar en calquera das iniciativas, terás que acceder ao teu escritorio eTwinning, e entrar no apartado "Spring Campaigne".

27 março 2013

Lisboa 2013

Do 14 ao 16 de marzo celebrouse en Lisboa a conferencia anual eTwinning 2013, con presenza de varios docentes de Galicia:

Celine (GL), Camilo (ES) e Mela (GL)

Lina (PT), Marcos (GL) e Muriele (FR)

Carmen (IT) e Susana (GL)


Algunhas fotos dos stands

 












Vídeo resumo da conferencia

19 fevereiro 2013

eTwinning nas Seccións Bilingües

As seccións bilingües son sempre un elemento dinamizador nun centro pois supoñen non só ensinar unha área ou materia nunha lingua diferente, senón ensinala con outra metodoloxía, pois o alumnado require unha andamiaxe extra en comparación con cando se fai nunha lingua na que se manexa con certa soltura.

Por esa razón proporcionar contextos nos que a lingua estranxeira se poida utilizar para traballar aspectos da área ou materia en contextos reais, con alumnado de centros doutros países que comparta as mesmas necesidades, é un revulsivo que sen dúbida proporcionará unha motivación adicional a ter en conta.
E os proxectos eTwinning proporcionan isto, o contorno onde buscar socios, crear proxectos sobre a propia materia na lingua que queiramos ou ben buscar proxectos xa en marcha aos que poidamos sumarnos. Por iso eTwinning pode ser unha valiosa ferramenta á hora de dinamizar as clases da materia dentro dunha sección bilingüe, ou ben permite facer clases nas que se traballe tanto a materia como a lingua. Mesmo as dúas horas adicionais que se poden impartir na lingua estranxeira, poden ser un bo momento para complementar as clases con este tipo de proxectos que permiten un bo desenvolvemente de moitas competencias lingüísticas na lingua da sección.

Tamén poden ser un bo elemento no que aproveitar a presenza do auxiliar de conversa no caso de seccións bilingües ou centros plurilingües que conten con ela.

Todos os que queirades iniciarvos nun proxecto deste tipo entrade na páxina de eTwinning, que é bastante intuitiva e rexistrádevos nela. Existen cada ano en setembro e xaneiro convocatorias de cursos do INTEF sobre como utilizar a plataforma e, se necesitades consultar algo, podemos axudarvos desde a Embaixada eTwinning.

15 fevereiro 2013

▬ ¿Cómo es tu colegio?

O proxecto "¿Cómo es tu colegio?", no que participaron o CPI dos Dices de  Rois  (profesora Céline Benmessaoud Lareo xuntamente con alumnado do Collège René Cassin, de L'isle  Jourdain ,Francia,  (profesor Igor Tellier) acadou   o Premio Nacional en España na categoría de proxectos de profesores noveles.

A profesora Céline Benmessaoud explica así o  seu proxecto:

"Animados polo desexo de afondar nas clásicas actividades de intercambio escolar decidiuse, dende l’Isle Jourdain (Collège René Cassin)  e Rois (CPPI Dos Dices), incorporar no programa de actividades do curso 2011-12 a gravación dun telexornal bilingüe e a adaptación teatral dun fragmento do Lazarillo de Tormes; ditas actividades pasarían a complementar a xa asentada xornada no colexio do correspondente, de xeito que o alumnado francés no só asistiría ás clases senón que crearíase para os participantes unhas clases de traballo colaborativo.

Cun tempo moi limitado - unha xornada - e cunha necesidade de espazo no cal verter e recoller tódalas ideas ou documentos do alumnado, antes e despois da gravación, o profesorado de linguas estranxeiras implicado decidiu iniciarse na plataforma virtual E-twinning que converteuse ao longo dos meses na ferramenta perfecta de Como è o teu colexio?. Grazas o seu blog, a súa wiki e os seus foros, os intercambios lingüísticos e culturais prolongáronse máis aló das datas da viaxe"