Unha representación da embaixada eTwinning de Galicia tivo a honra de acudir a unha actividade de formación no CEE de Pontevedra o mércores 27 de febreiro.
A tal actividade, na embaixada decidimos que fora Aarón, xa que aínda que non era de zona, solicitaron axuda para facer proxectos nos que estivera presente a educación especial, e co perfil de mestre de Audición e Linguaxe as compañeiras permitiron a miña participación.
A demanda previa era de un grupo de traballo que quería introducirse na plataforma. Houbo xente dada de alta pero outra que o fixo na pausa da actividade.
A orde dos puntos tratados foi o seguinte:
En primeiro lugar, cunha enquisa Plickers partimos das experiencias previas do profesorado presente e presentamos a aplicación.
Continuamos por mostrar os portais eTwinning, eTwinning Live, blog da embaixada e Twinspace. Con posibilidades de búsqueda de socios/as posibeis e exemplos de proxectos. Tamén falamos dos Selos de Calidade e as horas de formación.
Por outra banda, creara unha conexión Adobe Connect para mostrar como funcionaba, pero ante a imposibilidade de que a xente se anotara previamente e a xente que se anotou non entrou, só viron como podería ser unha videoconferencia.
Para rematar, para interese de formación do profesorado, descubriron o portfolio dixital, a roda pedagóxica e a plataforma de
formación de INTEF e a súa
oferta.
Tivo unha boa acollida as actividades, empezando por case vinte persoas, e bastante participativa.