06 dezembro 2024

Proxectos Galegos con Selo de Calidade Europeo 2024

 

Proxectos Galegos con Selo Europeo 2024

Noraboa!

Europe is fashion for all

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/europe-fashion-all-etwellbeing4all

Hadrian’s legacy

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/hadrians-legacy

Be Earth Friendly

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/be-earth-friendly

eSAFETY COMIC BOOK

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/esafety-comic-book

Math, music and emotions

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/math-music-and-emotions

Al-lympics: Bridging Sportsmanship and Digital Innovation

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/156196

¡Un colegio saludable!/ Uma Escola Saudável!A healthy school!/

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/141882

Malos de cuento (Villains)

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/176992

Los valores del Olimpismo

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/156767

Being happy in a VUCA (volatile uncertain, complex, and ambiguous) World

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/161503

WAVES FROM THE ATLANTIC

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/175134

MeteoroloKids

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/154727

CLAPPING: CLAPPING GAMES

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/174661

Bibliotecas Humanas: relatos y retratos de paz

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/171641

TREE OF STORIES

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/158593

Do You Know How Robots Feel?

https://school-education.ec.europa.eu/en/nso-desktop/projects/search/172007


13 junho 2024

eTwinning na TVG

 O programa da TVG "A Revista" achegouse ao CPI Cstro Baxoi para entrevistar aos nenos e nenas participantes no proxecto eTwinning "From Miño to Portoalegre and beyond"

Podedes ver as úa intervención premendo na imaxe  (minuto 15:20):

Noraboa!




05 junho 2024

 POEUMS



A EOI da Coruña ven de rematar un proxecto eTwinning con Italia e Grecia sobre poesía en Europa. O alumnado compartiu e explorou a variedade de culturas que se unen na Europa actual e danlle un novo significado a Europa. Ao traducir e contextualizar poemas descubriron puntos interesantes para comprender sentimentos e emocións. O proxecto fíxose en dúas linguas: inglés e castelán.

Os obxectivos foron:

·      Introducir o alumnado na literatura doutros países mediante o estudo selectivo de poemas
·     Practicar o proceso de tradución de textos literarios ao inglés
·    Dar a coñecer as cuestións que suscita a literatura que preocupan a toda a humanidade
·    Comparar os significados expresados ​​na literatura de distintos países
·    Interactuar e utilizar creativamente as ferramentas dixitais

Traballáronse as seguintes competencias básicas:

Cidadanía: agora o alumnado séntese mellor preparado tanto para superar os prexuízos como para comprometerse.

Conciencia e expresión cultural: significou apreciar a importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e emocións na arte.

Dixitalización: o alumnado mellorou a capacidade para buscar, recoller e procesar información e utilizala adecuadamente.

Alfabetización: o alumnado consolidou a súa capacidade para interactuar lingüísticamente de forma adecuada e creativa en diversos contextos culturais. 

Multilingüe: consolidaron súa capacidade para comprender e ler e producir textos axeitados.

Aprender a aprender: ao ter que organizar a súa propia aprendizaxe, avaliar o seu propio traballo e buscar asesoramento, información e apoio, tomaron conciencia do seu proceso de aprendizaxe e das súas necesidades.

O resultado deste proxecto foi a creación dunha presentación colaborativa con lecturas, traducións e informacións diversas sobre autores e poemas de Grecia, Italia e España.



04 junho 2024

Plan Proxecta 2023-24

FINALIZACIÓN DA FORMACIÓN 2023-24 SOBRE ETWINNING DENTRO DO PLAN PROXECTA


Os días 22 e 29 de maio celebráronse as dúas últimas videoconferencias da formación sobre eTwinning dentro da modalidade Educación Patrimonial do Plan Proxecta 2023-24.

Como nas videoconferencias anteriores ao longo do curso, interviu o profesorado participante por parte da EOI de Ourense e a EOI da Coruña e as súas respectivas coordinadoras, Patricia Conde e Carmen María Fernández. Unha gran ocasión para coñecer como se levan a cabo os proxectos eTwinning "Hadrian's Legacy" e "Europe is fashion for all".





Participaron na sesión do día 22 os seguintes centros:
  1. EOI A Coruña             
  2. EOI Ourense              
  3. IES de Fonmiñá           
  4. CIFP Carlos Oroza        
  5. CPI Vilamarín   
         
O día 29 tocoulle a: 
  1. IES de Fene
  2. CEIP Emilia Pardo Bazán
  3. CPI Padrenda Crespos
  4. CPI Castro Baxoi
  5. CEIP Vidal Portela