23 setembro 2025

Iníciate na European School Education Platform (ESEP) e eTwinning



 Aínda estades a tempo de apuntarvos ao curso de iniciación a eTwinning impartido por embaixadoras galegas.

Agardamos poder guiarvos nesta nova andaina da nosa Embaixada 

Premede no enlace  en frofe apuntando o número de referencia.

Referencia: G2501106
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  1º trimestre, Curso académico 2025/2026
Data límite de inscrición: 24/09/2025
Lugar: Na Rede
Prazas:  50

06 abril 2025

Recoñecemento en horas de innovación a proxectos eTwinning

Moi Boas Novas para o profesorado participante en proxectos eTwinning en Galicia.

Na RESOLUCIÓN do 9 de Decembro de 2024 ,modifícase o recoñecemento por participación en proxectos eTwinning para aqueles que comecen con posterioridade á publicación desta resolución.

O profesorado participante en proxectos e-Twinning poderá pedir o recoñecemento como horas de formación permanente do profesorado xuntando certificación segundo o anexo V, ao cal deberá anexar unha memoria da actividade que inclúa relación de obxectivos que ten que acadar e evidencias que sustenten o proxecto. Os proxectos que acrediten mediante copia compulsada ter recibido o selo de calidade nacional ou europeo estarán exentos da entrega da memoria da actividade. Aqueles proxectos que acheguen acreditación de ter obtido o selo de calidade nacional con máis de 18 puntos terán recoñecemento en horas de innovación.

Dende aquí queremos agradecer o esforzo de todas as embaixadoras que ao longo destes anos estiveron loitando por acadar este ben merecido recoñecemento!



26 março 2025

Novos Selos eTwinning school

 


 

Oito centros galegos  acadaron o selo eTwinning School para os anos 2025-2026! 

  • CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña

  • CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, Redondela

  • CPR Plurilingüe Compañía de María, Santiago de Compostela

  • CPR Plurilingüe Mariano, Vigo

  • EOI da Coruña, A Coruña

  • EOI de Ourense, Ourense

  • IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz

  • IES Xesús Taboada Chivite, Verín

    Parabéns!