Alumnos de Komárno en Galicia (artigo completo)

O venres 14 de outubro chegaron a Santiago de Compostela os alumnos eslovacos que o curso pasado traballaron co IES de Poio no proxecto "Nos encontramos en el Camino", proxecto que ven de obter o  Selo de Calidade Europeo.


Ademais conseguiron en Eslovaquia o Premio Nacional co proxecto e deste xeito puideron visitarnos. Nese mesmo día visitaron a Catedral e a súa cuberta.

O domingo 16 fixeron un pequeno treito do Camiño de Santiago.



O luns 17 pasaron todo o día coñecendo Poio e traballando cos seus compañeiros galegos no instituto. Pola mañá foron recibidos no Concello polo Alcalde.

Grazas ás xestións de Carmen Viñas, directora do IES San Clemente, o martes 18 foron recibidos en Santiago de Compostela polo Alcalde da cidade.