Formación no CEIP ADR Castelao, Rianxo (memoria)

Lugar: CEIP ADR Castelao de Rianxo
Data de celebración8 de novembro, ás 16:30.
Duración: dúas horas.
Relator: Marcos Vence Ruibal (IES San Clemente, Compostela).

Contidos:
  • Breve explicación do que é eTwinning. Ver presentación.
  • Exemplos de proxectos de infantil e primaria.
  • Uso do Escritorio: perfil, lista de contactos, correo interno, buscador de socios, buscador de proxectos.
  • Uso do Twinspace: membros, correo interno, páxina de actividades, ferramentas de traballo.
  • Inscrición dos interesados.

Asistentes:
  • Nove docentes do CEIP ADR Castelao de Rianxo.
  • Unha docente do CPI de Progreso, Catoira.
  • Cinco docentes do CEIP Santa María do Castro, de Cabo de Cruz, Boiro.

Inscricións en eTwinning: Sete novas usuarias (máis unha que xa estaba inscrita).

Propostas de proxectos: Dúas. Cando os proxectos estean en desenvolvemento, publicaranse os correspondentes artigos neste blogue.