▬ Ler e comprender (artigo completo)



Un dos selos de calidade europeos acaba de chegar ao IES de Poio, polo proxecto Lire et partager - Ler e comprender, coordinado por Anxos Rial, que nos conta:


"“LIRE ET PARTAGER- LER E COMPRENDER” é un proxecto centrado en intercambiar e crear a través de lecturas; alumnado de diferentes nacionalidades colaboran e interactúan nos seus procesos de aprendizaxe mediante as obras que len e os traballos que ambos producen.
As súas tarefas permítenlles formarse como lectores activos xa que reciben e xeneran informacións ao tempo que adquiren coñecementos lingüísticos das súas linguas respectivas e que as practican.

Alumnos de español do liceo francés e alumnos compoñentes do Club de lectura do instituto galego comparten lecturas de autores galegos fundamentalmente  e españois , elaboran traballos TIC arredor destas que logo publican no seu Twinspace e no blog que comparten; están en contacto a través do correo electrónico e unha vez ao trimestre realizan un encontro virtual (chat) a través da plataforma e-twinning no que falan das lecturas (valoración, opinións...), dos seus estudos e afeccións.

Os resultados do proxecto poden consultarse nas seguintes ligazóns: