02 setembro 2013
Selo de Calidade Europeo 2013
O prazo para a solicitude de Selo de Calidade Nacional, no caso de que se desexe optar a Selo de Calidade Europeo 2013, estará aberto ata o 20 de setembro.
Non é necesario solicitar o Selo de Calidade Europeo. Este recoñecemento é concedido polo Servizo Central eTwinning (Bruxelas) a aqueles proxectos que consigan polo menos dous Selos de Calidade de dous Servizos Nacionais distintos. Ademais, o proxecto debe ser proposto para Selo de Calidade Europeo por polo menos un dos Servizos Nacionais que previamente concedan o devandito Selo.
O período de nominación a Selo de Calidade Europeo terá lugar do 17 ao 18 de outubro de 2013. Farase público o listado de proxectos galardonados co devandito recoñecemento o 22 de Outubro de 2013.
Só poderán participar na convocatoria a Premio Europeo eTwinning 2014 aqueles proxectos que obteñan o Selo de Calidade Europeo 2013.
Artigo do SNA: "Nueva guía rápida para solicitud de Sellos de Calidad"
Artigo do SNA: "Requisitos y procedimientos en la concesión de Sello de Calidad Europeo 2013"
29 agosto 2013
Nova convocatoria do curso eTwinning 2.0 do INTEF
Como cada novo curso escolar, o Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, INTEF, acaba de facer pública a nova convocatoria de cursos para o vindeiro trimestre do curso escolar 2013-2014. Nesta convocatoria inclúese o curso eTwinning 2.0, no que se ofrece unha formación completa sobre como utilizar a plataforma eTwinning así como sobre a forma de desenvolver proxectos. Ao longo do curso preténdese que o profesorado se familiarice cos diferentes aspectos de eTwinning.

Sen dúbida é unha excelente axuda formativa, baixo a fórmula de curso a distancia e en rede e, como o resto dos cursos ofrecidos polo INTEF, gratuíto.
Se estades interesados ábrese o prazo de inscrición a semana que vén (desde o 2 de setembro) no seguinte enderezo:
28 agosto 2013
Recoñecemento

As comunidades autónomas de Galicia, Madrid e Murcia, son as únicas do territorio español que non recoñecen a participación en proxectos eTwinning, nin como méritos de innovación, nin de formación, nin de calquera outra maneira.
Resulta paradoxal que as novas relacionadas con eTwinning no boletín da Consellaría de Educación estean etiquetadas como innovación (exemplo), que o coordinador eTwinning (representante do Servizo Nacional de Apoio) en Galicia sexa asesor de innovación, que haxa relatorios sobre eTwinning nas Xornadas de Innovación Educativa organizadas pola Consellaría, etc, mentres que o traballo de multitude de docentes de Galicia non é recoñecido de ningunha forma.
Durante o ano escolar 2012-2013, a Embaixada eTwinning Galicia realizou unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar formalmente este recoñecemento ao Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. As instancias entregadas por rexistro, non tiveron resposta a día de hoxe.
A nova Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a certificación das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia non inclúe explicitamente eTwinning.
Despois da publicación desta Orde, o coordinador eTwinning en Galicia propuxo ao director do Centro Autonómico de Formación e Innovación o recoñecemento como innovación educativa aos proxectos que cumpran os seguintes requisitos:
- 30 horas: proxectos que obteñan o Selo de Calidade Nacional.
- 40 horas: proxectos que obteñan Premio Nacional
- 50 horas: proxectos que obteñan Premio Europeo.
Desde a Embaixada eTwinning Galicia valoramos esta iniciativa positivamente e agardamos que a resposta do CAFI sexa favorable.
06 junho 2013
eTwinning nos Clubs de lectura

O venres pasado na sesión de Lusofonía e linguas nos clubs de lectura, dentro das VI Xornadas de Clubs de Lectura, algunhas asistentes comentaron como integraban os proxectos eTwinning como un medio de proporcionar unha dimensión internacional e de traballo compartido con membros de Clubs de Lectura doutros países.
Dado que este pode ser unha utilidade importante para todos os coordinadores e coordinadoras de Clubs, animámosvos a que exploredes esta liña de traballo particularmente aqueles que teñades Clubs nos que se lean obras en linguas estranxeiras de forma habitual ou ben puntual.
O procedemento sería, rexistrarse en eTwinning, buscar socios con intereses comúns: lingua de lectura, nivel dos membros, etc. e iniciar un proxecto común no que os socios escollemos a forma e frecuencia de contacto.
Ánimo cos vosos Clubs de Lectura e pensade nesta forma de dinamizalos con vistas ao próximo curso.
04 junho 2013
▬ The Voice of Europe
| http://etwinningvoiceofeurope.blogspot.com |
The Voice of Europe é un proxecto levado a cabo desde a colaboración entre a profesora de inglés Ana Arias Castro do CPI Tino Grandío, Neringa Lemeziene de Tryskiai (Lituania) e Barbara N'Sir de Poznan (Polonia).
Este
proxecto para o curso 2012-2013 consistía na redacción dun blogue
colaborativo entre o alumnado dos tres centros participantes. A lingua
vehicular foi o inglés dado que esta é a materia desde a que se promovía
a actividade desde cada un dos tres centros.
LER MÁIS...
20 maio 2013
eTwinning Camp en Croacia
Do 25 ao 27 de abril celebrouse en Tuhelj (Croacia) o eTwinning Camp 2013, no que participaron membros dos proxectos gañadores na Competición Europea eTwinning 2013. Entre eles, alumnas, alumnos e profesores do proxecto Pek, a Pulga Viaxeira #3.
Un autobús cheo de pekkies
| Montserrat (ES), Alessandra (IT), Muriele (FR), Ciro (Vilagarcía), Keri (BG), Marcos (Compostela) e Bruna (IT) |
![]() |
| Galegas e galegos en Zagreb |
![]() |
| Presentación de Jose Luis, Daniel e Marina |
| Presentación de compañeiros italianos |
![]() |
| Ciro (Vilagarcía), Montserrat (Nájera) e Marcos (Compostela) |
![]() |
| Alfonso, Yolanda, Marina, Daniel, Fátima (PT), Diego e Estela |
![]() |
| Case todos e case todas |
- Blogue oficial do eTwinning Camp.
- Vídeos de Keri: http://www.youtube.com/user/keriros/videos
- Entrega de premios a Ciro e Montserrat: http://youtu.be/Dtm3ScuY0PI
- Vídeos de Alessandra: Terme Tuhelj, Zagreb airport, Talent show, iPad workshop.
- Artigo relacionado: Lisboa 2013
- Artigo da Embaixada eTwinning Versailles
Un autobús cheo de pekkies
10 maio 2013
CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2013
Ata o día 17 de maio podes participar na Campaña de Primavera eTwinning.
Para este ano as propostas son:
- Café eTwinning: sesión cos compañeiros para dar a coñecer o proxecto concreto e o programa eTwinning.
- Concurso de carteis colaborativos en liña, co tema "Gañamos con eTwinning". Aínda que non participes co teu cartel, podes votar os traballos presentados a través do teu escritorio eTwinning. Para usuarios non rexistrados, esta é a páxina pública na que poden acceder aos carteis e votalos.
- Recollida de experiencias de proxectos eTwinning que se converteron en Comenius e/ou viceversa.
Para participar en calquera das iniciativas, terás que acceder ao teu escritorio eTwinning, e entrar no apartado "Spring Campaigne".
Subscrever:
Mensagens (Atom)






