06 maio 2016
Inspiración para Innovar
A embaixada Galega foi invitada a participar na Xornada de Formación do Profesorado "Inspiración para innovar" organizada en Aldaia, Valencia no I.E.S Salvador Gadea presentando LABORATORIO DE IDEAS PARA LA ESCUELA a cargo de Mela Rguez.
Unha amplia representación de embaixador@s de distintas comunidades Autónomas presentaron ponencias e talleres para as distintas etapas educativas.
Moitísimas grazas a tod@s por poder disfrutar cada un dos momentos compartidos, especialmente a Alicia Palomera por invitarnos a formar parte desde magnífico evento!!
29 março 2016
"Quién es?" Un proxecto Galego finalista entre os Europeos
O proxecto eTwinning "¿Quién es?" que se está levando a cabo entre o CPR de Alca e o centro francés Francois Pithou entre alumnos de 2º de ESO, chegou a finalista para os Premios Europeos 2016, na categoría de 12 a 15 anos.
Parabéns para a nosa compañeira Edelmira Riero Romero e a todos os participantes deste proxecto!
Entre os 202 proxectos enviados para a súa valoración, os finalistas son:
Categoría de 4 a 11:
Categoría de 12 a 15:
Categoría de 12 a 15:
27 janeiro 2016
Curso online "Proyecta eTwinning"
Con data 15 de xaneiro de 2016 lanzouse dende o INTEF a convocatoria de cursos de formación online que inclúe o curso "Proyecta eTwinning", deseñado e coordinado polo SNA. O prazo de inscrición remata o día 29 de xaneiro.
O prazo de inscripción nos cursos é do 15 ao 29 de xaneiro de 2016. A inscrición realizarase a través da sede electrónica do Ministerio.
O prazo de inscripción nos cursos é do 15 ao 29 de xaneiro de 2016. A inscrición realizarase a través da sede electrónica do Ministerio.
15 dezembro 2015
Entrevista en RNE a profesora Ana Santos
A profesora Ana Santos do I.E..S Valle Inclán de Pontevedra, galardoada có selo europeo polo Proxecto Acrosport, do que xa falaramos na presentación do mesmo na Xornada e-twinning foi recientemente entrevistada en RNE . Na súa Blog e na páxina do centro podedes escoitar a entrevista animando aos profesores a participar en etwinning e comentando o alto grado de satisfacción e motivación do alumnado participante nestos Proxectos.
Neste curso escolar continuan có proxeto recollendo o traballo realizado no Diario do Proxecto ao que poderes acceder desde este enlace.
Noraboa!
11 dezembro 2015
SP en Laxe
Iniciamos a nosa colaboración co seminario permanente do CPI Plurilingüe Cabo da Area, de Laxe, no que participan quince docentes de infantil, primaria e secundaria, co obxectivo de iniciárense en eTwinning.
Asistimos á primeira sesión Cristina París e Marcos Vence. Falamos do uso da plataforma Live, inscrición, actualización do perfil (nome, foto, novo centro), procura de socios, publicación nos foros e mail interno.
Saíron varias ideas de proxecto para as que van procurar socios europeos. Despois da inscición dos proxectos faremos unha segunda sesión para traballar nos TwinSpaces correspondentes.
Contacta connosco se queres informarte sobre como desenvolver un GT/SP sobre eTwinning:
embaixada.etwinning@gmail.com
Asistimos á primeira sesión Cristina París e Marcos Vence. Falamos do uso da plataforma Live, inscrición, actualización do perfil (nome, foto, novo centro), procura de socios, publicación nos foros e mail interno.
Saíron varias ideas de proxecto para as que van procurar socios europeos. Despois da inscición dos proxectos faremos unha segunda sesión para traballar nos TwinSpaces correspondentes.
Contacta connosco se queres informarte sobre como desenvolver un GT/SP sobre eTwinning:
embaixada.etwinning@gmail.com
07 dezembro 2015
Actividade de difusión cun centro catalán
Ao inicio deste mes, a Embaixada eTwinning en Galicia foi requerida para organizar unha actividade de difusión co INS La Sénia, en La Sénia, Tarragona.
Dúas profesoras de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo contactaron coa Embaixada Catalana, que as derivou ata nós para seren convidadas á nosa campaña "Sube a un proxecto en marcha".
Nesta ocasión, o convite foi marcado polos desexos das novas compañeiras eTwinners, que pretendían compartir a elaboración de detalles navideños. Esta actividade está a desenvolverse co alumnado de 1º, 2º e 4º do CEIP San Xoán de Becerreá, Lugo.
Toda a actividade estará recollida na páxina DIFUSIÓN EN LA SÉNIA do TwinSpace de Difusión da Embaixada eTwinning. Igualmente, aparece recollida nos blogues das escolas participantes (Becerreá, La Sénia).
G.T. EN CAMBRE
Durante os meses de novembro a maio, desenvolverase un Grupo de Traballo coa asesoría do CFR A Coruña no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, de Cambre, co título "Achegamento a eTwinning".
Para as docencias, os compañeiros deste centro contaron coa Embaixada eTwinning en Galicia, e é Susana Vázquez a encargada de axudalos no descubrimento das potencialidades do programa e das súas plataformas (eTwinningLive e TwinSpace)As sesións serán repartidas ao longo do proceso de rexistro, planificación e desenvolvemento do proxecto e celebraranse en novembro, xaneiro e febreiro, nun total de 6 horas. Os materiais utilizados e os resultados publicados do traballo estarán enlazados na páxina GT CAMBRE do TwinSpace do proxecto de difusión da Embaixada.
Contacta connosco se queres informarte de cómo desenvolver un GT sobre eTwinning:
embaixada.etwinning@gmail.com
Subscrever:
Mensagens (Atom)




