Está aberto o prazo de inscricións no curso de Platega Iníciate en eTwinning que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do ano 2019-2020.
Solicita a túa praza en fprofe antes do 23 de setembro!
Ficha técnica
Edicións anteriores:
12 agosto 2019
04 agosto 2019
▬ GaliMinho – Emprendedorismo da Eurorregião
Proxecto eTwinning desenvolvido no ano escolar 2018/2019 por profesorado e alumnado do IES San Clemente, Santiago de Compostela, e do AE Carlos Amarante, Braga, Portugal.
No centro galego participou o alumnado do ciclo Estrela PluriFP SMR coa coordinación de Marcos Vence e Catarina Reis, tendo como socia a profesora Adelina Moura.
O alumnado participante estudaba cursos profesionais de Informática. Traballaron temas relacionados co módulo Aplicações Ofimáticas, coa lingua portuguesa e co emprendemento. Exemplos de produtos: manuais técnicos, presentacións con ideas de negocio e follas de cálculo de facturación, todos eles en portugués.
O proxecto recibiu o Selo de Calidade eTwinning en España e Portugal.
Máis información:

▬ Um parafuso a menos
Proxecto da sección bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware de 1ASIR ordinario, desenvolvido durante os anos 2016/2017 e 2018/2019.
Ademais do alumnado deses dous grupos de FH, participaron os profesores Marcos Vence e Catarina Reis do IES San Clemente e Ricardo Luís da Escola Profissional ETAP de Viana do Castelo.
As tarefas colaborativas desenvolvidas centráronse no estudo do hardware e no vocabulario técnico en portugués.
O proxecto recibiu o Selo de Calidade eTwinning en España e Portugal.
Máis información:
Ademais do alumnado deses dous grupos de FH, participaron os profesores Marcos Vence e Catarina Reis do IES San Clemente e Ricardo Luís da Escola Profissional ETAP de Viana do Castelo.
As tarefas colaborativas desenvolvidas centráronse no estudo do hardware e no vocabulario técnico en portugués.
O proxecto recibiu o Selo de Calidade eTwinning en España e Portugal.
Máis información:
18 julho 2019
Nova publicación da Embaixada eTwinning
Neste ano, 2019, publicouse o libro “Procesos de comunicación en entornos
educativos”, coordenado por Belén Puebla Martínez, Rainer Rubira García e
Silvia Magro Vela, un esforzo por explicar a comunicación como compoñente
esencial de diferentes espazos educativos.
O libro reúne dez capítulos en relación con este tema. Un dos capítulos, obra
da embaixadora galega Susana Vázquez Regueiro, leva por título “eTwinning:
el puente hacia una mejor comunicación del alumnado”, que presenta este
programa como metodoloxía de traballo para unha mellor adquisición da
competencia comunicativa do alumnado participante, fixándose na vertente máis
social desta competencia. A redacción do capítulo resume unha investigación
documental e as conclusións derivadas dela.
Para acceder á versión dixital (e descargable) do libro podes premer neste
enlace.
29 junho 2019
▬ Ed Twinning - The Time Reporter
Esperanza Doval do CEIP de Sestelo-Baión, preséntanos o proxecto "Ed Twinning - The Time Reporter", que foi presentado como "exemplo de proxecto de calidade con escolas socias portuguesas" nunha actividade de formación da Embaixada.
Podedes ver o Diario de Proxecto nesta ligazón:
Con este proxecto preténdese que o alumno desenvolva a formación en comunicación escrita e oral, non só na lingua materna senón tamén nunha lingua estranxeira, cidadanía, expresión cultural
e artístico e TIC. Os alumnos compartiron as súas "entrevistas" nun BLOG que é visible no TwinSpace, que está oculto. Tamén presentaron outros textos e obras, compartindo información sobre o seu país en diversas áreas. Buscaron conexións, semellanzas e diferenzas, creando varios traballos de colaboración cos compañeiros. Como futuros cidadáns, reflexionaron sobre os valores europeos, a identidade europea e importancia da sociedade multicultural.
Podedes ver o Diario de Proxecto nesta ligazón:
"Ed
Twinning é un xornalista novo que recibe do seu tío Tim, un famoso
científico, unha herdanza inesperada: unha pequena casa de campo. Con
sorpresa, descobre a última invención: unha máquina do tempo. Ademais da
máquina, o tío aínda lle daría un diario con varias indicacións e unha
nota cunha mensaxe estraña. Ten así idea de viaxar no tempo para lograr
exclusivas con importantes personalidades vinculadas á historia, arte,
ciencia, etc. de Europa.
Os
nosos alumnos axudaron ao novo xornalista e embarcarse nesta fantástica
aventura... investigaron, prepararon as entrevistas, deseñaron máquinas do tempo, etc.
Con este proxecto preténdese que o alumno desenvolva a formación en comunicación escrita e oral, non só na lingua materna senón tamén nunha lingua estranxeira, cidadanía, expresión cultural
e artístico e TIC. Os alumnos compartiron as súas "entrevistas" nun BLOG que é visible no TwinSpace, que está oculto. Tamén presentaron outros textos e obras, compartindo información sobre o seu país en diversas áreas. Buscaron conexións, semellanzas e diferenzas, creando varios traballos de colaboración cos compañeiros. Como futuros cidadáns, reflexionaron sobre os valores europeos, a identidade europea e importancia da sociedade multicultural.
Na súa investigación sobre
países socios aprenderon a usar ferramentas web, presentar e compartir
traballos e opinións. Aprenderon o importante que é non só colaborar no traballo dos
compañeiros, como no produto e a avaliación das distintas actividades."
28 junho 2019
▬ Animals in the kindergarten
As profesoras Silvia Betanzos Tajes, Lucía Doval Sánchez e Mariña García San León, do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro da Silva, Cerceda, preséntannos o proxecto Animals in the kindergarten:
"A nosa intención con este proxecto era aumentar a presenza da lingua estranxeira como a lingua común en Educación Infantil e, ao mesmo tempo, favorecer a transferencia entre os idiomas de todos os socios participantes, enriquecendo as habilidades orais dos nenos. As actividades organizáronse en tres talleres: cociña, arte (música e plástica) e medio ambiente. Todas as tarefas centráronse en traballar o vocabulario referente aos animais sendo algunhas colaborativas entre os centros.
Creouse unha contorna atractiva na aula, con rutinas, tarefas lúdicas e traballos en grupo, para captar o interese do alumnado. Fíxose uso de variedade de estratexias comunicativas, tanto verbais como non verbais: xestos, linguaxe corporal, repetición, visualización, etc. En todo este proceso as TIC tiveron un grande protagonismo, sendo esenciais para a comunicación coas comunidades educativas dos centros participantes.
Partindo da coordinación en todo momento co profesorado titor, as tarefas que realizamos desenvolvéronse de forma integrada con aquelas que se estiveron realizando nas titorías. Desta maneira, o traballo organizouse ao redor de tres fíos temáticos: proxectos de aula, proxectos de centro e actividades complementarias e extraescolares. A nosa proposta permitiu, por tanto, integrar linguas e contidos e isto reflectiuse no Proxecto Lingüístico de Centro: criterios metodolóxicos comúns, tratamento similar de contidos, mesmas liñas de avaliación, etc.
Presentouse unha idea de proxecto por parte do noso centro e estableceuse contacto persoal mediante correo electrónico cun centro de Polonia. Os docentes asociados comunicáronse mediante o correo de interno de eTwinning organizando as tarefas e os tempos. Os alumnos compartiron o seu traballo mediante vídeos e programas informáticos para a presentación, intercambio e colaboración na realización das distintas actividades.
Foi moi gratificante poder compartir experiencias con centros doutros países, tanto para o profesorado como para o alumnado, que en todo momento se sentiu motivado coa participación no proxecto.
Os resultados do proxecto están accesibles no Twinspace, seguindo a planificación inicial do mesmo, segundo pode verse na ficha de eTwinning Live."
29 maio 2019
Actividades do segundo e terceiro trimestres 18-19
Resumo das actividades do 2º e 3º trimestres do ano lectivo 2018-2019:
Actividades de Formación:
- CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro da Silva, Cerceda: introdución e primeiros pasos para iniciar un proxecto eTwinning (procura de socias, contactos, redacción da idea, etc.) relacionado co proxecto de centro, sobre animais.
- IES de Beade de Vigo: introdución a eTwinning e exemplos de proxectos de calidade con escolas socias portuguesas: GaliMinho - Emprendedorismo da Eurorregião e Ed Twinning, The Time Reporter.
- EEI As Dunas de Panxón: eTwinning en Plurinfantil.
- CEIP Plurilingüe de Espiñeira-Aldán: eTwinning en Plurinfantil e E-Dixgal.
- CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra: eTwinning en E-Dixgal.
- CEIP Plurilingüe Lagostelle, en Guitiriz, Lugo: eTwinning e o uso de dispositivos móbiles.
- IES Johan Carballeira, Bueu: Introdución a eTwinning.
- IES de Ames: Deseño de proxectos en eTwinning.
- IES Auga da Laxe, Gondomar: Calidade en proxectos eTwinning.
- IES Álvaro Cunqueiro, Vigo: Calidade en proxectos eTwinning.
- IES Trapero Pardo, Castro Riberas de Lea, Lugo: eTwinning para a escola inclusiva.
- Facultade de Formación do Profesorado, Lugo: eTwinning como ferramenta inclusiva.
- Facultade de Formación do Profesorado, Lugo: eTwinning na escola rural.
- CFR da Coruña: Rethinking English, eTwinning como ferramenta para o traballo colaborativo, con docentes de varios centros educativos da zona.
- CFR de Ferrol, para docentes do CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, do CEIP Cruceiro de Canido e doutros centros da área, envolvidos nun proxecto Erasmus+ do CFR.
- CEE de Pontevedra: Actividade ao grupo de traballo do centro sobre eTwinning en Educación Especial e outros varios. A cargo do CFR.
Subscrever:
Mensagens (Atom)