O pasado 25 de outubro Carmen María Fernández Rodríguez da Embaixada galega eTwinning participou no webinar “Horizontes eTwinning para EEOOII” no grupo do Este evento estivo organizado polo Servicio Nacional eTwinnig e contou con Griselda Paltor coma organizadora. A nosa Embaixadora centrouse nos beneficios de eTwinning para os centros, o alumnado e o profesorado.
12 novembro 2023
Forinnova Lite eTwinning
A Facultade de Formación do Profesorado celebra o luns 16 "Forinnova Lite"; unha xornada romovida desde o centro universitario lugués xunto cos grupos de investigación MESTURA e GEFIL da USC, para mellorar e ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos Twinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas.
A Embaixada galega eTwinning tivo un papel destacado no evento con varios membros que asistiron e presentaron as súas experiencias na Xornada.
Asimesmo houbo un panel de expertos e diversas presentacións de boas prácticas docentes con profesorado español e portugués de diferentes niveis educativos, así como un obradoiro para o deseño de proxectos colaborativos internacionais eTwinning.
Link na prensa:
02 outubro 2023
Evento eTwinning "Advancing learning and innovation with future-proof skills" en Bratislava
Os días 28, 29 e 30 de setembro de 2023 tivo lugar en Bratislava, Eslovaquia, unha formación para profesorado de secundaria, á que asistiron cinco embaixadores eTwinning españois. Entre elas, a embaixadora galega Esther Pérez, do IES de Beade (Vigo).
A formación, centrada na innovación na aula, contou con varios obradoiros paralelos, con temáticas moi variadas, dende o emprego de ferramentas de Intelixencia Artificial na aula, ata a importancia da educación emocional e o traballo coas competencias clave, pensadas como ferramentas para que o alumnado mellore as súas habilidades cara a inserción laboral e a vida como cidadá activo dentro da Unión Europea. Todo o cal, por suposto, encaixa perfectamente dentro da filosofía eTwinning.
![]() |
| Traballando no obradoiro "Robo-code" |
Ademáis, o evento acolleu a entrega dos Premios Europeos da edición de 2021 entre as que figuraban María Mercedes Casuso Quesada (IES Jándula (Andújar) de Andalucía) e Matilde Morales Pascual (IES Al Ándalus (Almería) de Andalucía), gañadoras do Premio Europeo eTwinning na categoría de 12 a 15 años polo seu proxecto Myth’arts: myths in art and literature
![]() |
| A delegación española no encontro |
Como é habitual neste tipo de eventos, houbo tamén tempo para a busca de socios para futuros proxectos, as visitais culturais para coñecer a cidade que nos acollía,
Montaxe da "caza do tesoro" polas rúas de Bratislava, organizado pola SNA de Eslovakia
29 junho 2023
Zero Waste! Un proxecto para a sostibilidade
O noso obxectivo foi protexer as fontes enerxéticas naturais implicando ao alumnado na apropiación da súa contorna e da súa propia aprendizaxe, e concretouse nos seguintes, máis específicos:
- Evitar o despilfarro de enerxía mediante o aforro enerxético.
- Descubrir como reducir os residous na vida cotiá.
- Fomentar a reciclaxe clasificando o lixo.
- Preparar algúns actos para chamar a atención e informar na contorna sobre os problemas medioambientais.
- Construír unha identidade europea a través da interacción nun proxecto educativo.
- Perseguir a excelencia de todo o alumnado, en función das súas propias características, atendendo á súa diversidade.
O alumnado de 1º, 2º de ESO e FP Básica traballaron ao unísono para instalar unha composteira e construír tres bancais de cultivo, aprendendo, entre tanto, sobre a necesidade de reducir, reutilizar e por en valor o consumo de proximidade.
As construcións foron en paralelo nos 6 centros participantes... de todo o proceso dá conta o TwinSpace do proxecto.
No desenvolvemento do traballo, o centro recibíu dúas novas importantes: A concesión da distinción de eTwinning School e do European Quality Label polo proxecto do ano pasado, Cadea de hoteis de insectos.
Algunhas imaxes do proceso son as que seguen:
26 junho 2023
A BOOK TRIP THROUGH EUROPE/UNHA VIAXE POR EUROPA A TRAVÉS DOS LIBROS (EOI A Coruña)
No curso 2022-23 participamos no Plan Proxecta cun proxecto sobre o libro en Europa co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a diversidade da escritura europea no pasado e na actualidade. Traballamos un total de catro países e os seguintes centros:
- Bursa Erkek Lisesi (Turquía)
- Escola Profissional Beira Aguieira (Portugal)
- Campus “Leonardo da Vinci” Umbertide, Italia)
- Liceo Galileo Galilei (Crema)
- EOI A Coruña (A Coruña, sección central e sección de Cee)
- EOI Sierra Norte (Sevilla)
- IES Palomeras-Vallecas (Madrid)
OBXECTIVOS:
- Promover a cidadanía da UE: os estudantes obterán a esencia e sentiranse parte da cultura europea.
- Mellorar as habilidades dixitais: os estudantes mellorarán a súa capacidade para usar ferramentas e plataformas en liña.
- Descubrir e respectar literaturas e culturas menos coñecidas: o alumnado tomará conciencia da riqueza cultural de Europa.
- Promover a alfabetización: os estudantes practicarán a lectura e a escritura investigando os autores escollidos.
- Traballar en colaboración en equipos transnacionais: os estudantes verán os beneficios de traballar con compañeiros doutros países.
O alumnado elixiu os libros e escritores máis representativos dos seus países, aquelas obras que reflicten costumes, tradicións e o seu modo de vida e que non poden faltar en Europa. Tras unha votación, decidimos traballar sobre
- Rosalía
- Benito Pérez Galdós
- Ilber Ortayli
- Padre António Vieira
- Federico García Lorca
- Alessandro Manzoni
- Luigi Pirandello
A través do proxecto, o alumnado realizou un traballo de investigación para emprender unha viaxe colaborativa na que compartiu impresións e descubriu a riqueza e peculiaridades das prácticas de escritura no marco europeo.

O producto final foi un xogo en liña Kahoot que creamos colaborativamente. Podedes xogar aquí!!
14 junho 2023
▬ The Way Game Proxecta+ EOI Ourense
Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning na convocatoria 2022/23.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
Trátase do proxecto The Way Game (ir ao TwinSpace) realizado na EOI de Ourense en colaboración co Liceo Científico G. Banzi Bazoli de Lecce (Italia). As linguas do proxecto foron o inglés e o italiano. O produto final do proxecto foi un xogo online con preguntas sobre un dos roteiros do Camiño de Santiago (acceder ao xogo online)
O proxecto axudou ao alumnado dos centros participantes a coñecer o legado histórico e cultural do Camiño de Santiago a través dun dos seus roteiros (O Camiño Primitivo) declarados todos eles Patrimonio da Humanidade. Os estudantes elaboraron materiais colaborativos e crearon un xogo online con preguntas sobre as distintas etapas do Camiño Primitivo.
Na parte inicial do proxecto o alumnado tivo que escoller o roteiro co que traballar. A escolla fíxose entre duas propostas: O Camiño Inglés e o Camiño Primitivo (ver no noso TwinSpace)
Unha vez escollido o roteiro, o alumnado organizouse en grupos de traballo e cada grupo traballou cunha etapa concreta do roteiro escollido. Para a etapa asignada, elaboraron e escolleron as preguntas que formarían parte do xogo final.
A modo de resumo deixamos esta presentación Genially:
Evento eTwinning de Difusión de Proxectos Plan Proxecta + 2022/23
O día 7 de xuño de 2023 de 16.00 a 17.00 horas tivo lugar un evento eTwinning no que se difundiron os proxectos galegos desenvolvidos dentro do Plan Proxecta+ na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning, na convocatoria 2022/23.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
Esta é a ligazón ao vídeo do evento
Parabéns aos centros galegos que participaron nesta convocatoria:
EOI de Ourense
CEIP Plurilingüe de Tarrío
IES de Fene
EOI da Coruña












