10 junho 2012

eTwinning nas Xornadas de Profesorado A21EG

Os días 8 e 9 de Xuño celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas para o Profesorado A21EG, que, neste ano, versaron sobre o desenvolvemento de competencias básicas através a educación medioambiental.

Susana Vázquez Regueiro levou unha comunicación co título: "A Educación Medioambiental nos marcos da A21EG e os proxectos eTwinning: competencias básicas".

Podedes ver toda a información nestes enlaces:

08 maio 2012

Finalistas premios Edublogs


O blog dun proxecto e-Twinning galego foi seleccionado  entre os finalistas da VI edición dos Premios Espiral de Edublogs.

Trátase do proxecto Lire et Partager- Ler e Comprender no que desde o curso 2010-2011 traballa alumnado do IES de Poio xuntamente coa súa profesora Anxos Rial en colaboración co instituto Maurice Ravel de París.

23 abril 2012

▬ SOS Animais


A profesora Mónica González Sánchez do IES Ponteceso, fálanos do proxecto SOS Animais, que realizou mentres traballaba no IES Gran Tarajal de Fuerteventura:



(...) Necesitabamos axuda para saber que facer con tantos gatos abandonados pola zona. Así comenzou unha colaboración coa devandita asociación OKAPI e con proxectos educativos como os de eTwinning.

(...) O intercambio de información entre ambos países foi fluído e constante, e ao final, entre todos os alumnos fixeron unha Guía online contra o maltrato animal.



21 abril 2012

A Embaixada eTwinning nas II Xornadas de Innovación Educativa

Os próximos días 27 e 28 de abril celebraranse en Culleredo (IES Universidade Laboral) as II Xornadas de Innovación Educativa: Innovando por competencias.

En dúas sesións, a Embaixada eTwinning, invitada a compartir a súa experiencia,  presentará as vantaxes dos proxectos aplicados a Educación Primaria.

Nesta entrada, publicaremos toda a información ao respecto. Podes acceder a ela nos seguintes enlaces:

PROGRAMA DAS XORNADAS

ENLACE A fprofe PARA INSCRICIÓN NAS XORNADAS

PROGRAMA DA SESIÓN eTwinning

PRESENTACIÓN DA SESIÓN eTwinning

VALORACIÓN

12 abril 2012

Formación na EU de Maxisterio

Na tarde do día 11 de abril, Susana Vázquez Regueiro, en representación da Embaixada eTwinning, participou nunha mesa redonda para reflexionar, xunto co alumnado do Grado da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, sobre propostas innovadoras na docencia, especialmente centrados no ensino por proxectos e na escola rural.

Susana presentou os proxectos eTwinning como un método de traballo adecuado para a atención á diversidade, os outros participantes, Gisela González e Antonio -, presentaban propostas de aprendizaxe constructivista en Educación Infantil e de traballo integral en matemáticas e lingua no primeiro ciclo de primaria.

A experiencia foi interesante para os profesores participantes, tendo ocasión de compartir cos futuros docentes as súas experiencias diarias, o que aproveitaron os estudantes nunha rolda de preguntas.

▬ Winds make rivers flood

A profesora Ana Vaqueiro Rodríguez, do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, preséntanos o seu último proxecto eTwinning:


Gustaríame utilizar este espazo para compartir con todos vós as marabillosas experiencias que os meus alumnos e mais eu vivimos este curso gracias a eTwinning.  

Dende a miña inscrición no verán do ano pasado xa vou polo meu terceiro proxecto e os meus alumnos están encantados (...) o seu interese polas actividades aumenta e preparan mellor as cancións porque saben que as gravaremos en vídeo para compartilas cos compañeiros europeos (...)




11 abril 2012

▬ Letras Galegas 2012

En breve estará en marcha o proxecto eTwinning
Letras Galegas 2012 - Valentín Paz Andrade, que ten como finalidade dar a coñecer a obra do autor homenaxeado entre o alumnado dos centros participantes, así como a creación artística en galego.

Unha das actividades que se realizarán, pero non a única, é a creación de marcapáxinas que participarán automaticamente no concurso convocado polo IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Se estades interesados en participar, enviádelle un correo interno no eTwinning Desktop a Nieves Fontela López.

Artigo sobre o proxecto do ano pasado:
Letras Galegas 2011 - Lois Pereiro