07 agosto 2012

Ideas de proxectos entre Galicia e Portugal

Como xa fixemos hai uns meses, presentámosvos unha iniciativa para crear e difundir ideas de proxectos eTwinning. Naquela ocasión estaba centrada na Formación Profesional, agora buscamos ideas que nos identifiquen como territorio e salienten a irmandade cultural entre Galicia e Portugal. 

Da primeira iniciativa, resultou unha publicación froito do traballo colaborativo de dezasete compañeiros docentes en diferentes ramas da FP.

(Ver todas as publicacións)

Agora, a iniciativa pretende concebir ideas que sexan específicamente interesantes para desenvolver entre centros galegos e portugueses, aproveitando non só a proximidade cultural á que faciamos referencia, senón a idiomática e física, que facilitaría a organización de encontros e a comunicación entre o alumnado.
Ao igual que na ocasión anterior, o docente que quixer participar:
  • Foi docente nalgunha ocasión.
  • Describirá os obxectivos, proceso de traballo, resultados esperados, duración, etc.
  • O proxecto debe deseñarse para ser desenvolvido entre dous ou máis centros galegos e portugueses de forma colaborativa.
  • Non é necesario darse de alta na plataforma nin levar a cabo o proxecto ideado.
  • Con todas as ideas será publicado un "libro con máis de cinco autores": no baremo de méritos actual, cada autor tería 0,1 puntos.
Se es profesor de calquera nivel e estás interesado en participar nunha futura edición, podes solicitar máis información escribindo a embaixada.etwinning@gmail.com. O proceso de traballo comezará en setembro de 2012.

09 julho 2012

Formación Profesional

O blogue da Embaixada eTwinning Galicia dispón dunha páxina relacionada coa Formación Profesional, que iremos actualizando con contidos relacionados cos estudos de FP impartidos en Galicia.



O primeiro contido é a publicación do libro "Proxectos eTwinning de FP - 14 ideas", resultado final dunha iniciativa levada a cabo por trece profesores e profesoras de FP, a Embaixada eTwinning Galicia e o IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Os autores e autoras son docentes en activo de diferentes familias profesionais:


10 junho 2012

eTwinning nas Xornadas de Profesorado A21EG

Os días 8 e 9 de Xuño celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas para o Profesorado A21EG, que, neste ano, versaron sobre o desenvolvemento de competencias básicas através a educación medioambiental.

Susana Vázquez Regueiro levou unha comunicación co título: "A Educación Medioambiental nos marcos da A21EG e os proxectos eTwinning: competencias básicas".

Podedes ver toda a información nestes enlaces:

08 maio 2012

Finalistas premios Edublogs


O blog dun proxecto e-Twinning galego foi seleccionado  entre os finalistas da VI edición dos Premios Espiral de Edublogs.

Trátase do proxecto Lire et Partager- Ler e Comprender no que desde o curso 2010-2011 traballa alumnado do IES de Poio xuntamente coa súa profesora Anxos Rial en colaboración co instituto Maurice Ravel de París.

23 abril 2012

▬ SOS Animais


A profesora Mónica González Sánchez do IES Ponteceso, fálanos do proxecto SOS Animais, que realizou mentres traballaba no IES Gran Tarajal de Fuerteventura:



(...) Necesitabamos axuda para saber que facer con tantos gatos abandonados pola zona. Así comenzou unha colaboración coa devandita asociación OKAPI e con proxectos educativos como os de eTwinning.

(...) O intercambio de información entre ambos países foi fluído e constante, e ao final, entre todos os alumnos fixeron unha Guía online contra o maltrato animal.



21 abril 2012

A Embaixada eTwinning nas II Xornadas de Innovación Educativa

Os próximos días 27 e 28 de abril celebraranse en Culleredo (IES Universidade Laboral) as II Xornadas de Innovación Educativa: Innovando por competencias.

En dúas sesións, a Embaixada eTwinning, invitada a compartir a súa experiencia,  presentará as vantaxes dos proxectos aplicados a Educación Primaria.

Nesta entrada, publicaremos toda a información ao respecto. Podes acceder a ela nos seguintes enlaces:

PROGRAMA DAS XORNADAS

ENLACE A fprofe PARA INSCRICIÓN NAS XORNADAS

PROGRAMA DA SESIÓN eTwinning

PRESENTACIÓN DA SESIÓN eTwinning

VALORACIÓN

12 abril 2012

Formación na EU de Maxisterio

Na tarde do día 11 de abril, Susana Vázquez Regueiro, en representación da Embaixada eTwinning, participou nunha mesa redonda para reflexionar, xunto co alumnado do Grado da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, sobre propostas innovadoras na docencia, especialmente centrados no ensino por proxectos e na escola rural.

Susana presentou os proxectos eTwinning como un método de traballo adecuado para a atención á diversidade, os outros participantes, Gisela González e Antonio -, presentaban propostas de aprendizaxe constructivista en Educación Infantil e de traballo integral en matemáticas e lingua no primeiro ciclo de primaria.

A experiencia foi interesante para os profesores participantes, tendo ocasión de compartir cos futuros docentes as súas experiencias diarias, o que aproveitaron os estudantes nunha rolda de preguntas.