O Servizo Nacional de e-Twinning ven de abrir o prazo de inscripción na segunda edición do curso masivo "Etwinning en abierto".
Para inscribirse é necesario matricularse no curso na plataforma MOOC EducaLAB do INTEF, unha vez feito un rexistro previo.
O prazo de matrícula permanecerá aberto mentres o curso estea activo
Dende a embaixada galega animámosvos a aproveitar esta oportunidade de formación en e-Twinning e en TICs
Información e rexistro
Noticia no SNA
20 setembro 2015
A Embaixada na Consellería de Educación
O pasado día 18 de setembro, os membros da Embaixada eTwinning en Galicia fomos convocados polo noso asesor, Ángel Sebastián, a unha xuntanza á que tamén asistiron Manuel Vila, Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, e Fátima García Doval, responsable do Servizo de Formación do Profesorado.
Na orde do día da xuntanza, tratamos os seguintes puntos:
1. A celebración da próxima Xornada eTwinning, que se celebrará no EGAP, en Santiago, o sábado 24 de outubro. Podédesvos inscribir en FPROFE, e actualizaremos neste medio o programa, en canto estea confirmado o profesorado que comunicará experiencias. Sabede que haberá un obradoiro práctico para non iniciados en eTwinning e varias comunicacións específicas para atender diferentes demandas do profesorado galego: CLIL/Seccións Bilingües, Erasmus+, E-Dixgal/Abalar, Presentación de proxectos básicos para novos eTwinners.
2. Manuel Vila confirmou, novamente, que o proceso de recoñecemento de innovación educativa dos proxectos eTwinning, en Galicia, é un feito que só precisa un pouco máis de tempo. Como sabedes, solicitamos a certificación dos mesmos, para os Concursos de Traslados ou para os efectos oportunos. Dita valoración é efectiva en todas as Comunidades de España, agás en Murcia, Madrid e Galicia, constituíndo un agravio comparativo nada desexable. A certificación, en horas de formación/innovación, vai ser, en primeira instancia, para os proxectos que teñan refrendada a súa calidade mediante Premio (nacional ou europeo) e/ou Selo de Calidade (nacional ou europeo). Porén, o Vicedirector, asegurou, co apoio de Fátima García, que se estudaría a nosa proposta para a certificación daqueles proxectos que, non cumprindo o requisito anterior, podan xustificar un traballo (participación), na aula, merecedor de tal recoñecemento.
3. Revisión dos datos-resumo dos 10º Aniversario eTwinning en Galicia, que nos constitúen como unha comunidade activa e considerablemente recoñecida con Premios e Selos de Calidade (Nacionais e Europeos).
4. Informacións variadas sobre accións formativas en relación a eTwinning, diferentes da Xornada (punto 1), entre as que destaca a posibilidade de solicitar un PFPP no que iniciar, con docentes expertos en eTwinning, os primeiros pasos dun proxecto ou optimizar o uso da Plataforma eTw (Escritorio e TwinSpace) no seu desenvolvemento.
10 setembro 2015
Plan proxecta e eTwinning
Arranca o ano escolar 2015/2016. Moitos de vós participastes ou estades pensando en participar no Plan Proxecta da Consellaría de Educación, que este ano ten novos programas de distintas Consellarías, temáticas e alumnado albo.A Embaixada eTwinning Galicia proponvos participar nun proxecto eTwinning relacionado co voso Plan Proxecta. Desta forma daredes unha dimensión europea ao "proxecta" traballando en equipo cun ou varios centros doutros países, e obtendo o certificado de Innovación correspondente.
Lembrade que podemos asesorarvos en persoa se creades un grupo de traballo ou similar.
Se tedes calquera dúbida, podedes consultala por mail no enderezo embaixada.etwinning@gmail.com
06 setembro 2015
▬ Mi pueblo es tu pueblo
O profesor Aarón Bernárdez do CPI MONDARIZ, MONDARIZ - GALIZA /
GALICIA, España comparte con nos o selo de calidade
“…A un de novembro
do 2014, comecei a miña osadía por eTwinning, Embarqueime nun proxecto cunha
francesa que era tan novata coma mín. Polo camiño collemos a Clara, unha
embaixadora etwinning de Calabria. Despois das xornadas de etwinning en
Santiago, onde coñecín aos representantes galegos máis coñecidos, tiña algo
mais claro o asunto.
O noso proxecto
era en idioma español. Os alumnos españois tiñan adaptación curricular algúns,
e outros problemas na lingua; os franceses TDAH, dislexia, problemas
curriculares, etc; os mellores eran os italianos, que eran os maiores e
estudantes de turismo. O seu traballo foi magnífico.
Pasamos por
todo, momentos de parón, momentos de lacazanería, momentos de apretón, de
desesperación.
Actividades
como as do Nadal, as receitas amorosas, e os pasatempos, ou a mais importante: a
que elexiron eles e se traballou conxuntamente: amizade, amor, libertade, non
teñen desperdicio.
Convídovos a
mirar o proxecto:
Ao final, de
momento, temos o Selo de Calidade en España... e a esperar.
24 agosto 2015
QL para "Quién es?"
A profesora Edelmira Riero coordina este proxecto xunto con unha socia francesa. O proxecto consiste na creación do xogo “¿Quién es?” e tamén na elaboración de presentacións sobre a vida cotiá, a vida na escola e as celebracións de cada país.
A Embaixada estivo presente na realización dalgunhas das actividades do proxecto.
14 julho 2015
▬ Let's Cook Together
O proxecto eTwinning do CPI Tino Grandío, Let's Cook Together, acaba de recibir o selo de calidade polo traballo realizado cos seus socios lituanos e polacos.
O proxecto, coordinado por Ana Arias Castro, desenvolve o tema da cociña desde diversos puntos de vista e tivo como produto final a realización dun blog onde se recollen as receitas elaboradas así como diversas actividades de acompañamento:
25 maio 2015
III Encontro de Embaixadores eTwinning
Os días 19 e 20 de maio de 2015
celebrouse o III Encontro de Embaixadores eTwinning.
O programa das xornadas incluíu:
- A entrega dos Premios Nacionais eTwinning 2015
- A celebración do 10º Aniversario eTwinning (twitter)
- Unha serie de charlas sobre diversos temas, como a rede de embaixadores, calidade+ de proxectos, Twinspace e outras utilidades, para finalizar cunha mesa de debate sobre propostas de futuro (twitter)
Subscrever:
Mensagens (Atom)