30 março 2022

Plataforma Europea de Educación Escolar e novas datas límite para solicitar Selo de calidade.

 A principios de maio deste ano 2022 lanzarase a nova Plataforma Europea de Educación Escolar.

Esta plataforma ofrecerá as funcións básicas de eTwinning.

Lembra que, para acceder a esta nova plataforma, deberás contar cunha conta EU login.

Neste artigo tes as instrucións para crear a conta EU Login.

Está publicado un artigo no que se responden as preguntas máis frecuentes sobre a nova plataforma e o tempo de convivencia coa plataforma actual.

Para solucionar calquera cuestión, pódese contactar con :asistencia.etwinning@educacion.gob.es

Este cambio de plataforma supón tamén que, no caso de que se queira poder optar a Selo de calidade europeo e participar nos Premios europeos, a data límite para solicitar Selo de calidade nacional é o 9 de maio. Aquí está a información sobre este tema.

05 março 2022

Información sobre o próximo acceso a eTwinnng con usuario de EU login

En datas próximas, pero ainda non establecidas, a plataforma eTwinning e a plataforma School Education Gateway fusionaranse na Plataforma Europea de Educación escolar (European School Education Platform).

Poderase acceder á Plataforma Europea de Educación Escolar a través de EU Login, o servizo de autenticación de usuarios da Comisión Europea.

Neste artigo tes a información e instrucións para:

1. Crear unha conta EU login no caso de que non a teñas

2. Para usuarios que xa teñen unha conta EU Login, non hai que crear unha nova, pero si hai que confirmar que o enderezo de correo electrónico de EU Login é o mesmo que o da túa conta de eTwinning ou School Education Gateway.

Lembra que só poderás utilizar UE Login para acceder á Plataforma Europea de Educación Escolar unha vez que estea en marcha. Mentres tanto, podes seguir utilizando a túa conta actual para acceder á plataforma eTwinning




01 março 2022

I Conferencia Nacional de Centros eTwinning

 O 24 de febreiro de 2022 celebrouse en Madrid a primeira Conferencia Nacional de Centros eTwinning coa participación de membros dos equipos directivos das escolas galegas que teñen este galardón.




Máis información


08 fevereiro 2022

▬ Poetas peninsulares: Mestres da mesma língua


A profesora Dolores Díaz Rifón, do CPI de Xanceda (concello de Mesía, Galiza) fálanos do proxecto Poetas peninsulares: Mestres da mesma língua que desenvolveu en colaboración co Agrupamento de Escolas Monte da Lua (Sintra, Portugal).

Este projeto centrou-se na análise dos textos literários da Idade Média, mais especificamente nas composições da poesia trovadoresca galego-portuguesa que, embora tenham sido criadas ao norte ou ao sul do Minho, partilham um tronco linguístico comum.


As alunas e alunos da Galiza e Portugal exploraram um conjunto de atividades, com o intuito de consolidar conhecimentos sobre as primeiras produções literárias peninsulares e valorizar o seu património cultural e literário.

O proxecto recibiu o Selo de Calidade Europeo.

04 janeiro 2022

Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning.


 Por segundo ano consecutivo, o CAFI organiza o seguimento de proxectos eTwinning en colaboración coa Embaixada eTwinning en Galicia. 

Esta colaboración ten como finalidade que os centros participantes nesta modalidade do Plan Proxecta consigan desenvolver un proxecto eTwinning de calidade en relación ao patrimonio cultural.

O seguimento faise desde a aula CAFI e, durante este curso, Carmen Fernández e Susana Vázquez, acompañarán a 11 centros de Infantil e Primaria, Secundaria e Escolas Oficiais de Idiomas na creación e desenvolvemento dos seus proxectos eTwinning.

Sen dúbida é unha boa ocasión de formación! Non vos perdades os resultados deste proceso e valorade a posibilidade para o próximo curso!!


01 dezembro 2021

Xornadas "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas"

 
O día 27 de novembro o CAFI organizou a xornada "Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas" na edición 2021/22.

A xornada desenvolveuse en Santiago de Compostela, na EGAP, durante todo o día, e, nela, houbo representación de todos os programas europeos oficiais, en formato de formación e de difusión de boas prácticas.

A Embaixada eTwinning non podía faltar nun día como este!

28 julho 2021

Nowhere Feels Like Home (NFLH): Popular City Culture

 

Aquí tedes outro proxecto eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na nova modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

Presentámosvos o proxecto da Escola Oficial de Idiomas (EOI) da Coruña. Carmen Fernández é a coordinadora e unha das fundadoras do proxecto. Podedes visitar o seu TwinSpace na seguinte ligazón:  TwinSpace NFHL. Queremos tamén darlle os nosos parabéns a Carmen e ás suas compañeiras da EOI da Coruña que participaron no proxecto (Deirdre Murphy, Susy Pérez, Pilar Garrido e Sonia Rosales) pola obtención do Selo de Calidade Nacional.

Aquí vos deixo o resumo que Carmen nos fixo chegar sobre o seu proxecto:

twinspace-logo 

NOWHERE FEELS LIKE HOME: POPULAR CITY CULTURE (NFLH) foi un proxecto de cultura popular urbana onde os estudantes desenvolveron actividades de colaboración e crearon  produtos sobre diversos aspectos da Coruña e Coimbra, as cidades participantes (tradicións, festas, peculiaridades locais, sentimentos colectivos, etc.). Implicou a realización de actividades de investigación en equipo sobre o chamado patrimonio cultural inmaterial e o fomento da reflexión sobre a súa conservación.
Ademais da presentación escolar e algunhas actividades sobre seguridade e identidade dixital, o proxecto incluiu as seguintes tarefas: unha presentación dos alumnos no foro; unha publicación colaborativa en Padlet sobre as cidades; e un traballo final que recollía os símbolos de cada cidade. Houbo unha actividade adicional para animar aos estudantes a presentar as súas escolas.
Gran parte do alumnado son adultos que asisten a un curso de aprendizaxe semipresencial na Escola Oficial de Idiomas (EOI) da Coruña. Estiveron motivados para mellorar as súas habilidades de comunicación e aprender sobre un país veciño. Os nosos socios estudaban un ciclo de turismo na Escola Profissional Beiragueiro e estaban interesados en aprender español para aumentar a súa empregabilidade.