28 setembro 2016

Projetos eTwinning Galiza-Portugal

Tras case catro anos de traballo, lanzamos a versión en portugués lo libro "Projetos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas beiras do Miño.

Queremos agradecer á Direção-Geral do Ministério da Educação de Portugal, que editou o libro e participou na súa revisión e corrección, en especial a Laura Filipe, e por suposto ao IES San Clemente de Santiago de Compostela que financia as actividades da Embaixada galega.

Descarga do libro e máis información 

 

ENCONTROS CON PARTICIPACIÓN DA EMBAIXADA



A embaixada eTwinning, participará na Xornada que o  CFR de Pontevedra e o CFR de Vigo están a organizar para os vindeiros 14 e 15 de outubro  que levan por título “ O inglés como lingua de materias non lingüísticas. Retos e estratexias ".Dito encontro terá lugar no Pazo da Cultura dePontevedra e está dirixido ao profesoradode inglés e a docentes que estean impartindo materias non lingüísticas en inglés tanto en seccións bilingües como en centros plurilingües. Poden inscribirse na actividade a través de http://www.edu.xunta.es/fprofe/ ata o 03 de outubro.

Cadaquén deberá inscribirse na actividade que corresponda ao CFR do seu ámbito segundo os seguintes códigos:

Código actividade CFR Pontevedra: P1603002
Código actividade CFR Vigo: V1603004

Coa actividade pretenden aportar estratexias de integración curricular na ensinanza de linguas e contidos e aportar pistas sobre o papel do profesorado mentor en contextos plurilingües. Desenvolverán un programa de obradoiros, experiencias e conferencias.(Programa completo da actividade en Fprofe).

Pretenden asimesmo que estas xornadas servan de foro de intercambio profesional, asi queestá aberta a posibilidade de que os centros asistentes presenten experiencias CLIL en
formato de paneis. Os contactos para elo serían os das persoas asesoras encargadas da actividade:

cfr.pontevedra.linguasestranxeiras@edu.xunta.es
Carmen Martínez Dapena

Mónica Otero Bruzada

07 setembro 2016

Proxecto europeo ATS 2020

A Consellería de Cultura, Educación e O.U seleccionará 35 centros educativos co obxecto de realizar unha pilotaxe, durante o curso 2016/17, do proxecto europeo ATS2020.  O obxectivo é estudar o grao de integración real das competencias clave dentro do currículo do ensino primario e secundario en 250 centros educativos de toda Europa.
Os centros docentes participarán no proxecto coa implicación de dous profesores/as de calquera materia que impartan no mesmo nivel (existe a posibilidade de que sexa só un).
  A idade do alumnado deberá estar entre os 10 e os 15 anos de idade.
 O 15 de setembro de 2016. é a data tope para a inscrición dos centros participantes, que é moi sinxela.
O profesorado participante con avaliación positiva terá un recoñecemeneto de 20 horas de innovación educativa.
A participación neste proxecto podería dar lugar a entrar en contacto con colegas europeos cos que traballar ao mesmo tempo nun proxecto e-Twinning.
Máis información no correo: programas.europeos@edu.xunta.es ou no teléfono 981 546545.

04 setembro 2016

Os proxectos europeos xa contan.

A Consellería acaba de publicar a Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado, pola cal os proxectos europeos tales como Erasmus+, PAP e e-Twinning pasan a ter unha certificación de horas.

Para máis información preme a imaxe e aparecerá a resolución do DOG da Consellería.


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160831_certificacion.pdf

01 setembro 2016

AROUND THE WORLD WITH MATHS recibe o Selo de Calidade Nacional

NORABOA A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE NESTE PROXECTO!!!


Proxecto realizado entre 12 socios de 7 países, con alumnado de 12-15 anos. Ten como obxectivo resolver problemas matemáticos conectándoos con contextos xeográficos, históricos ou artísticos.É o propio alumnado o que busca a información ou crea os problemas matemáticos, e para iso utilizan o inglés como lingua de comunicación.Como produtos finais xérase un mapa interactivo no que se sitúan xeograficamente cada unha das tarefas, así como a publicación dun caderno coa colección de problemas xerados polo alumnado e unha web do proxecto que presenta tarefas, solucións e outros produtos que se desenvolveron ao longo do proxecto, así como videoconferencias entre o socio español e o socio de Turquía.O alumnado estivo directamente implicado no proxecto dende o inicio, seleccionando e producindo problemas matemáticos que tivo que resolver o alumnado socio dos outros países, comunicouse mediante videoconferencias e gravou vídeos coas solucións aos problemas. Hai unha selección adecuada das ferramentas TIC usadas, tanto para producir materiais como para presentalos.Máis información na web do proxecto.



09 julho 2016

Selo Nacional de Calidade

Acabamos de recibir a nova feliz de Ana Arias, veterana etwinner e exembaixadora en Galicia, de que o seu proxecto Call Me Maybe sobre teléfonos móbiles e internet entre os adolescentes foi galardonado cun Selo Nacional de Calidade.

O proxecto foi desenvolvido, tamén, a través dun blog , no que se recollen a maioría das propostas levadas a cabo. Estas realizáronse efundamentalmente en equipos internacionais que recollían alumnado dos catro centros participantes, Lituania, Polonia e Ucraíña, ademáis do CPI Tino Grandío.

O traballo por equipos distribuíuse da seguinte maneira:
logo do proxecto Call Me Maybe
  1. Equipo 1: realizou un diccionario multilingüe de linguaxe de SMS e redes sociais nas diferentes linguas dos países dos centros participantes e en inglés. Recóllense nunha presentación colaborativa e ademáis houbo diversas actividades adicionais como mapas mentais.
  2. Equipo 2: estivo ao cargo dunha enquisa nas catro comunidades educativas sobre o uso de móbiles e internet. Os resultados recóllense nun documento e no blog do proxecto.
  3. Equipo 3: realizou unha presentación sobre a historia do télefono desde o punto de vista oficial e o persoal do alumnado participante. Esta visión persoal recóllese en varios Vokis realizados polo alumnado.
  4. Equipo 4: traballou a posible evolución dos móbiles no futuro reflectido nunha presentación e ademáis estivo a cargo da preparación do blog para recoller todo o material dos catro grupos.

Parabéns, Ana, para ti, os teus socios e os vosos alumnos!

05 julho 2016

¿Quién es? - Premio nacional eTwinning

O pasado 30 de xuño celebrouse o acto de entrega dos Premios Nacionais eTwinning 2016 na sede do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF).

Queremos felicitar á nosa compañeira Edelmira Riero Romero, do Colexio Alca, que recibiu o premio nacional polo seu proxecto "¿Quién es?" na categoría de 12-15 anos.

No Portal do Servicio Nacional de Apoio eTwinning está publicado un artigo con toda a información sobre este proxecto.

Ceremonia de entrega de los Premios Nacionales eTwinning 2016 from COLEGIO ALCA on Vimeo.