Mostrar mensagens com a etiqueta colaboración. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta colaboración. Mostrar todas as mensagens

23 novembro 2020

Life Scales Project

O proxecto “Life Scales Project” do IES de Beade en Vigo ven de ser galardoado co Selo de Calidade Europeo.Parabéns ás profesoras Esther Pérez e María Álvarez.


Esto é o que Esther Pérez nos conta do seu proxecto:

Este proxecto é unha extensión do noso anterior proxecto "Powers of Ten". A idea básica é a comparación das escalas presentes na natureza a través de obxectos cotiás, de xeito que o alumnado poida ter unha imaxe máis visual do tamaño dos obxectos moi, moi pequenos ou moi, moi grandes.

Neste ano o levamos a cabo cas alumnas e alumnos de 2º de PMAR. O enfoque interdisciplinar, abarcando as materias de matemáticas, bioloxía, xeografía e física, facíao moi adecuado para este alumnado. Ademáis, nesta edición participaron moitos máis países (España, Francia, Italia, Portugal, Rumanía, Macedonia e Serbia) e realizáronse moitas máis actividades de colaboración directa entre os estudantes das escolas participantes.
Na imaxe móstranse os logos do proxecto, elaborados polos propios alumnos. Un para cada unha das oito escalas da agregación da materia estudadas: átomos, moléculas, virus, células, seres vivos pluricelulares, accidentes xeográficos da Terra, corpos celestes, e, por último, galaxias.



06 dezembro 2019

▬ Celebrating books


O proxecto Celebrating Books foi o primeiro proxecto eTwinning de colaboración entre escolas de idiomas en Galicia, a saber, a Escola de Idiomas de Vigo, a Escola de Idiomas de A Coruña e a Escola de Idiomas de Vilagarcía de Arousa.

En total participaron cinco profesoras en Galicia, dúas profesoras en Turquía e unha profesora en Italia.
Todas as profesoras participantes obtiveron Selo de Calidade nos seus respectivos países e o proxecto foi asimesmo galardoado co Selo de Calidade Europeo. 

O proxecto levouse a cabo de modo paralelo en inglés e alemán.

Esta iniciativa pretendía fomentar a lectura e escritura creativa entre o alumnado de linguas estranxeiras. Con este propósito os nosos alumnos compartiron opinións sobre os seus libros favoritos e crearon ós seus  propios relatos de forma colaborativa.

Unha vez escritas as diferentes historias, os alumnos tiveron un tempo para ler e escoller a mellor de todas. Aquí tedes unha ligazón ao relato gañador: https://issuu.com/inetwinningeoi/magic_book



▬ The wonderful world of nature

O proxecto “The wonderful world of nature” do IES de Beade en Vigo ven de ser galardoado co Selo de Calidade Europeo. Noraboa ás profesoras Esther Pérez e Celia Fernández.


Esto é o que Esther Pérez nos conta do seu proxecto:

O noso proxecto “The wonderful world of nature” é a plataforma dixital esencial no desenrolo do programa Erasmus + de intercambio escolar que estamos a realizar xunto cos nosos socios europeos de Francia, Italia e Letonia.
O obxectivo principal do proxecto no curso 2018/19 foi a análise de ecosistemas acuáticos da nosa contorna. Cada centro avaliou as compoñentes e o estado de conservación dun ecosistema en particular, e compartiu logo os resultados a través da plataforma do Twinspace. Acompañando a ese estudo realizáronse actividades complementarias, como xogos en Scratch que promoven a conservación do medioambente. Tamén elaborouse de xeito colaborativo, entre todos os países, un xogo de mesa de preguntas e respostas sobre a auga, un dos recursos naturais esenciais, así como un calendario con imaxes dos ecosistemas estudados.
O alumnado realizou tamén visitas a centros de investigación, universidades, centrais hidroeléctricas, depuradoras de auga, ou centros de reciclaxe, para fomentar a súa concienciación sobre a problemática medioambiental, e logo puso en práctica nos centros parte do aprendido, coa realización de pequenos experimentos.
Por último, en cada centro se presentaron propostas para contribuír á mellora da conservación da natureza, como xardíns ecolóxicos, estanques para anfibios, arte con materiais reciclados...

30 novembro 2019

▬ En paradero desconocido


Dun proxecto que contaba cos centros participantes de Francia, Valencia, Pamplona, Alacante, e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, xurdiu o proxecto "EN PARADERO DESCONOCIDO : Movimiento Juvenil para la Recuperación de nuestra Memoria Histórica".

A profe María Jesús Martínez Martínez do IES Pedras Rubias foi unha das galardonadas cos delos de Calidade Nacional e Europeo.Con este proxecto querían dar a coñecer que sucedeu no franquismo, e que é a lei sacada 70 anos despois sobre a memoria histórica. 

Como pon no seu obxectivo principal que recollo literal "Con este proyecto, pretendemos sensibilizar e implicar a nuestros alumnos de instituto poniéndolos a contribución del proyecto general de recuperación de nuestra memoria y de nuestra identidad."

Os obxectivos que perseguía era valorar a herdanza cultural e o pensamento libre, construír cultura, reflexionar e argumentar sobre diversas liberdades, proporcionar instrumentos de análise principais do historiador, potenciar a lectura e os climas de colaboración e cooperación.

Querían realizar un proxecto final cun libro literario, un mapa de desaparecidos, pero ante todo, crear un grupo de mocidade por unha causa nobre.

No medio do proxecto tamén aparece un ERASMUS KA-229 do proxecto TOTEM "Estrechando lazos con Europa", e actividades teatrais e sobre a muller, e outras con escritores da temática. Tamén viron filmes como as trece rosas.

Os nosos parabéns polos merecidos premios e desexamos que eTwinning fose importante para toda a vosa evolución, e animarvos a facer mais.

▬ Our forests, our life

Preséntanos o proxecto Aarón Bernárdez, do CPI Mondariz:



Coa finalidade de continuarmos coa boa experiencia coa miña socia turca dos dous proxectos anteriores, propúselle realizar un que tivera de temática os nosos bosques, xa que era o tema do centro durante este curso 18-19. Ela propuso STEAM e decidimos unilos engadindo robótica infantil.
Twinspace: https://twinspace.etwinning.net/79649/home


Entre os obxectivos estaban traballar o relacionado con STEAM, con robótica, seguridade en Internet, mellorar as relacións co alumnado dotros países, aprender sobre os nosos bosques e animais, etc






As actividades que traballamos:
Normas de seguridade e información de nosos centros e nosoutros.
A continuación pegadas de animaiss do noso bosque e miramos con lupas elementos da natureza.

Traballar un animal en perigo de extinción e facer arte coa naturaleza en otro mes.
Xogar coa robótica, e realizar un quebracabezas común.

Usamos as seguintes ferramentas TIC:
  • Los recursos utilizados fueron diversos: 
  • animoto
  • padlet (ata a saciedade)
  • adobe connect
  • pic collage
  • survey monkey, etc

REcibimos os seguintes selos, de Calidade Nacional e Europeo:



10 outubro 2016

PDW en Rodas

  

       Entre os días 29 de setembro e 1 de Outubro, asistín en Rodas (Grecia) ao PDW for Ambassadors de 2016.
    Máis dun oitenta e cinco por cento dos asistentes eran novos embaixadores de menos de cinco anos.
    A acollida por parte do NSS Griego con Irene Pateraki á cabeza foi moi boa. Obsequiáronos cuhna visita turística por Rodas en autobús e unha cea amenizada con música de Grecia e Chipre o sábado.
    A expedición española que saliu o día 28 cara o país do Olimpo, estaba composta por Miriam Olga Cecilia del SNA, e miembros da embaixada: Marta Pena (Cuenca), Emilia Badenes (Formentera), Elena Zorrilla (Burgos), Estíbaliz de Miguel (Madrid) e Aarón Bernárdez (Ourense).


 Aparte das sesións plenarias de introdución e clausura,  ofrecéronse numerosos talleres de diversa temática para que elixíramos aqueles que máis se axustaban aos nosos intereses e necesidades como embaixadores, catro en total de entre seis en cada tanda. Foron bastante dinámicos e prácticos e, xa que se apoiaban en diapositivas e exercicios de grupo, podían seguirse ben aínda que o nivel de inglés meu non fora moi bo.
 

 Aos "workshop" que asistín fueron:

  1. How to motivate teachers con Rita Zurrapa do NSS Portugués.
Estivo bastante ben e apoiouse en moitos videos como o de Ken Robinson e Rita Pierson. Fïxonos reflexionar acerca do importante papel que o profesorado temos como axentes do cambio que debe producirse nos alumnos e nos recordou qué é o que nos fai sentir ben e nos motiva cada día a seguir ensinando para mostrar que eTwinning pode axudarnos a manter e aumentar ese nivel de motivación en todo o profesorado.

  1. Good practice examples in etwinning online teachers' training con varias personas que primeiro enmarcaron teóricamente metodoloxías, avaliacións… para posteriormente falarnos sobre aplicacións: Class Dojo, Plickers e Pinterest.

  1. Design thinking for improving eTwinning con Kornelia Lohynova, Bratislava. Preparar, encontrar o foco do problema, traballar e innovar unha solución.

  1. Quality Label criteria con Irene Pateraki del NSS Griego. Práctica de un ou dou proxectos nos cales se puntuaría para ver se conseguían o selo de calidade ou non.


Autor: Aarón Bernárdez

07 setembro 2016

Proxecto europeo ATS 2020

A Consellería de Cultura, Educación e O.U seleccionará 35 centros educativos co obxecto de realizar unha pilotaxe, durante o curso 2016/17, do proxecto europeo ATS2020.  O obxectivo é estudar o grao de integración real das competencias clave dentro do currículo do ensino primario e secundario en 250 centros educativos de toda Europa.
Os centros docentes participarán no proxecto coa implicación de dous profesores/as de calquera materia que impartan no mesmo nivel (existe a posibilidade de que sexa só un).
  A idade do alumnado deberá estar entre os 10 e os 15 anos de idade.
 O 15 de setembro de 2016. é a data tope para a inscrición dos centros participantes, que é moi sinxela.
O profesorado participante con avaliación positiva terá un recoñecemeneto de 20 horas de innovación educativa.
A participación neste proxecto podería dar lugar a entrar en contacto con colegas europeos cos que traballar ao mesmo tempo nun proxecto e-Twinning.
Máis información no correo: programas.europeos@edu.xunta.es ou no teléfono 981 546545.

04 setembro 2016

Os proxectos europeos xa contan.

A Consellería acaba de publicar a Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado, pola cal os proxectos europeos tales como Erasmus+, PAP e e-Twinning pasan a ter unha certificación de horas.

Para máis información preme a imaxe e aparecerá a resolución do DOG da Consellería.


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160831_certificacion.pdf

07 dezembro 2015

Actividade de difusión cun centro catalán

Ao inicio deste mes, a Embaixada eTwinning en Galicia foi requerida para organizar unha actividade de difusión co INS La Sénia, en La Sénia, Tarragona.

Dúas profesoras de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo contactaron coa Embaixada Catalana, que as derivou ata nós para seren convidadas á nosa campaña "Sube a un proxecto en marcha". 


Nesta ocasión, o convite foi marcado polos desexos das novas compañeiras eTwinners, que pretendían compartir a elaboración de detalles navideños. Esta actividade está a desenvolverse co alumnado de 1º, 2º e 4º do CEIP San Xoán de Becerreá, Lugo.

Toda a actividade estará recollida na páxina DIFUSIÓN EN LA SÉNIA do TwinSpace de Difusión da Embaixada eTwinning. Igualmente, aparece recollida nos blogues das escolas participantes (Becerreá, La Sénia).

09 dezembro 2014

Colaboración entre embaixadores

O pasado mércores 3 de decembro, a embaixadora Mela Rguez asistiu a un webinar da embaixadora europea Elena Pezzi, moderado por Anette Westerop membro do Servicio Nacional de Apoio, como parte das accións programadas para o Proxecto EUROTEACHERS TEAM UP.


Este Proxecto conta coa colaboración de embaixador@s de distintos países europeos que levarán a cabo webinars e talleres online para compartir recursos e asesorar ao profesorado do INSTITUT JAUME CALLIS.

Os fundadores do Proxecto son a embaixadora catalana Marta Pey e  Alessandra Pallavicini socia do embaixador Marcos Vence en moitos proxectos.
       

Como parte do webinar que recolle a presentación que podedes visitar no enlace atopamos a grata sorpresa de ter escollido como exemplo de Boas prácticas o proxecto "Pek the Traveller Flea" tantas veces galardoado con selos de calidade, premio nacional e premio europeo, que ten como socio fundador o noso superembaixador Marcos, no que participou Alessandra e moitos outros docentes europeos.

Nesta presentación podedes atopar moitos exemplos de Proxectos nas Área de Ciencias e Matemáticas e en Xaneiro temos programado outro webinar co embaixador Florenci Sales do que vos manteremos informad@s.