Estanse a celebrar sesións de formación continua de equipos directivos nas catro provincias galegas, coa presenza das embaixadoras Carmen Fernández e Susana Vázquez, os embaixadores Marcos Vence e Aarón Bernárdez e a representante do SNA Victoria Penide.
A día de hoxe celebráronse dúas en Pontevedra e Ferrol e restan as de Lugo e Ourense.
Nesta páxina podedes acceder ás presentacións relacionadas con eTwinning
17 janeiro 2018
26 dezembro 2017
Selo de centro eTwinning
Dende decembro do 2017 ata marzo do 2018 pódese solicitar este selo para recoñecer o labor dos centros. É unha iniciativa para os centros nas súas actuacións, que non se recoñecía ata ahora. Recoñecíase o labor de profesorado e alumnado con selos de calidade nacionais e europeos, pero faltaba o de centro educativo.
O proceso de solicitude ten dúas fases:
Na primeira fase, profesorado eTwinning do centro recibirá dun xeito automático o cuestionario de avaliación, no caso de cumplirse tres requisitos:
- Centro inscrito en eTwinning dende hai máis de dous anos.
- Polo menos dous docentes inscritos en Twinnnung no momento da solicitude.
- Ter obtido selo de calidade nos últimos dous anos.
Recoméndase unha reunión do profesorado eTwinning coa dirección do centro antes de pasar a realizar a segunda fase, na que se avaliará o cumprimento dos seguintes seis criterios:
- Realización no centro de actividades de uso responsable de Internet.
- Cooperación activa de 3 ou mais docentes na realización de actividades eTwinning.
- Participación de polo menos dous grupos de estudantes en proxectos eTwinning.
- Partcipación de dous ou máis docentes en actividades educativas de eTwinning.
- Mostrar públicamente a participación do centro en eTwinning.
- Ter realizado actividade promocional neste ano.
Para máis información preme na imaxe ou no enlace.
20 dezembro 2017
Apadriña unha embaixadora
![]() |
| freeimages.com - Michael Illuchine |
Esta nova iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia, trátase dunha experiencia piloto de seguimento de proxectos galegos co obxectivo final de conseguir a certificación como Innovación no próximo ano escolar.
Consistiría
en que cada centro teña unha embaixadora de referencia con acceso aos
TwinSpaces para facer un seguimento "leve" e algunhas accións puntuais
nunha aula virtual Moodle.
E por suposto, o asesoramento e difusión que precisedes.
E por suposto, o asesoramento e difusión que precisedes.
- Iso vainos permitir ás embaixadoras, a creación paulatina dun protocolo de seguimento.
- Pola vosa parte, vai supor unha simplificación do proceso de recoñecemento de horas de formación por participación en proxectos eTwinning.
Importante: polos proxectos deste ano escolar non hai recoñecemento como innovación.
Se queredes colaborar connosco entre xaneiro e xuño, cubride este formulario, por favor.
A selección será por orde de recepción de solicitudes.
Notificarémolo a mediados de xaneiro por correo electrónico.
Notificarémolo a mediados de xaneiro por correo electrónico.
Moitísimas grazas!
01 dezembro 2017
▬ Engaging Students: STEM Clubs and Citizen Science
Engaging Students: STEM Clubs and Citizen Science atópase entre os proxectos galegos recoñecidos con Selo de Calidade Europeo este ano.
Trátase dunha asociación KA2 de Erasmus+ desenvolvida conxuntamente cun proxecto eTwinning.
O proxecto foi coordinado polo profesor Jose Viñas no IES David Buján de Cambre. Traballaron coa profesora Elaine Manton da Loreto Grammar School de Altrincham, Reino Unido.
O coordinador galego explícanos o proxecto:
"Numerosos estudos destacan a falta de interese dos alumnos europeos polas materias STEM (Science, Technology, Engineering and Maths). O noso proxecto pretende achegar a eses alumnos a actividades relacionadas coa ciencia desde dúas frontes: a realización de actividades de maneira nonformal nun STEM Club e colaborar con investigacións levadas a cabo por científicos facendo cienciacidadá desde as materias de ciencias nas clases. Toda esta actividade forma parte dun proxecto KA2 Erasmus+ que permitiu financiar as mobilidades dos alumnos.
O proxecto incluíu 5 investigacións de Ciencia Cidadá lideradas polo IES David Bujan, España, e 5 deseños de enxeñería, dirixidos por Loreto Grammar School, Reino Unido.
Cada actividade involucrou a 10 estudantes que traballaron xuntos nun deseño de enxeñería e nunha investigación de Ciencia Cidadá. Cada equipo de 10 alumnos estivo formado por 3 estudantes ingleses e cinco estudantes españois que colaboraron conxuntamente en deseños e investigacións.
O produto do noso traballo pódese observar en forma de vídeos e documentos que fomos achegando ao noso espazo eTwinning.
Se queredes coñecer de xeito máis profundo o noso traballo podedes seguir a páxina web.
Durante os 24 meses de duración das actividades os alumnos compartiron experiencias, coñecendo congresos e feiras de ciencia en España, Reino Unido, Bélxica, Polonia e Hungría. Todo este intercambio favoreceu a colaboración entre ambos os clubs STEM en novos proxectos."
Noraboa polo Selo Europeo!!!

27 novembro 2017
Internacionaliza a túa escola
No 25 de novembro de 2017 celebrouse na EGAP (Santiago de Compostela) unha xornada de Erasmus+ e eTwinning, coa presenza da Embaixada Galega, para introducir estes programas ao persoal docente non iniciado.
O evento foi organizado por Victoria Penide do CAFI e Luz Ares de Programas Europeos e contamos coa presenza de Manuel Vila da Consellaría de Educación, Beatriz Tourón do SEPIE, Lourdes Gozalo do INTEF e docentes de diferentes etapas educativas que compartiron a súa experiencia en Erasmus+ e eTwinning: Mela R. Montegrifo do CEIP Vidal Portela, José Luis Souto do CIFP Someso e José M. Viñas e Carmen Mª Suárez do IES David Buján.

| Victoria Penide e Beatriz Tourón, na quenda de preguntas |
Queremos destacar unha das frases máis motivadoras da xornada: "A primeira prioridade da Comisión Europea é conseguir que a mobilidade de docentes e estudantes sexa a norma e non a excepción."
![]() |
| A representante do SNA eTwinning en Galicia, Victoria Penide, con varios membros da Embaixada Galega: Marcos Vence, Mela Montegrifo, Carmen Fernández e Cristina París. |
24 novembro 2017
▬ Acting out democratic values in a united Europe: Forming resilient citizens
Proxecto con Selo de Calidade Europeo de María Carracedo Fontenla, do CPI Santa Lucía - Moraña
Parabéns!!
"Acting out democratic values in a united Europe: Forming resilient citizens", é un proxecto no que buscamos ensinar aos nosos alumnos e alumnas a importancia de valores humanos que hoxe en día son tan necesarios, coma a democracia, a tolerancia, a amizade e os dereitos humanos. Para traballar esto propoñemos diferentes actividades traballando con ferramentas variadas, nas que tanto alumnos coma profesores poidan participar. Estamos moi satisfeitos especialmente pola implicación dos nosos alumnos. Polo que está sendo unha experiencia moi gratificante para todos nós, tanto que xa acabamos de empezar a segunda parte do proxecto.

13 novembro 2017
▬ “Delirant isti eTwinnienses Romani!
“Delirant isti eTwinnienses Romani! é un proxecto enfocado a traballar o latín de maneira colaborativa entre o alumnado.
A profesora do IES de Poio Carmen Fernández traballou no proxecto con socios de Estremadura, Alemaña, Polonia e Italia.
O obxectivo principal foi desenvolver unha serie de actividades que permitisen un achegamento natural e activo á metodoloxía do Latín segundo o Marco Común de Referencia para as Linguas. (MCER)
O obxectivo principal foi desenvolver unha serie de actividades que permitisen un achegamento natural e activo á metodoloxía do Latín segundo o Marco Común de Referencia para as Linguas. (MCER)
Os nosos estudantes melloraron competencias clave como a comunicación en lingua estranxeira, aprender a aprender, a competencia dixital, a competencia social e cívica, e a conciencia e expresión culturais.
As actividades buscaron a colaboración entre o alumnado desde diferentes perspectivas partindo da transmisión de coñecementos e chegando á creación de contidos.
Deste xeito, cada un destes produtos finais (presentacións, comics, xogos en liña, adiviñas, mapa colaborativo, instagram, twitter, etc) son resultado dun traballo colaborativo dos grupos internacionais de alumnado.
O proxecto foi obxecto sunha ampla difusión en páxinas de diferentes asociacións de Linguas clásicas nos países socios.

Presentado dende Poio á iniciativa da Comisión Europea Move2Learn,Learn2Move, resultou seleccionado. O alumnado galego visitou o Parlamento Europeo en Estrasburgo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)