24 novembro 2013

Encontro "Sumando voces"

Dúas profesoras galegas asistiron ao encontro Sumando voces en Madrid. Esto é o que nos contan:

Durante os días 13/14/15 do presente mes, dúas profesoras galegas: Ana Belén López do IES San Rosendo (Mondoñedo,Lugo) e Anxos Rial do IES de Poio (Poio, Pontevedra) tivemos a oportunidade de participar en Madrid nun encontro de profesores etwinning de varios países europeos ( Suíza, Francia, UK, República Checa, Italia, Suecia e España). Desde o primeiro encontro empezamos xa a nos relacionar, a coñecernos e na primeira ponencia xa eramos cinco profesores; estes contactos foron increméntandose durante os tres días, xa por propia iniciativa do profesorado ou grazas á posta en práctica dos obradoiros; durante os almorzos, os xantares... o intercambio de experiencias foi constante, curiosidade, preguntas, comentarios, sorrisos nun ambiente moi receptivo e do máis cordial.
“Experimentados” etwinners man a man con “novatos” etwinners, innovando, compartindo e colaborando; os nosos anfitrións do SNA español acompañábannos e  animábannos, cociñamos xuntos “un fermoso proxecto”, asociámonos, noivos e noivas e o sábado pola mañá expuxemos os nosos proxectos: de Inglaterra a Galicia, de Aragon para Italia, de Galicia para Francia... o amor literario, a física, as linguas clásicas, as linguas modernas, a diversidade e mil temas máis variados, ricos, divertidos.O encontro resultou intenso e moi enriquecedor,  superados os primeiros momentos das presentacións todos puidemos comprobar que grazas a unha lingua común podiamos comunicarnos con moita fluidez. Sorprendeunos agradablemente a estrutura das actividades en plenarias e talleres, a información e a práctica, o que facilitou a aprendizaxe e a receptividade por parte dos asistentes.O reparto aleatorio dos participantes nos talleres e na Gymkana facilitou que os mesmos interactuaran con moita fluídez, propiciando o intercambio de experiencias e o coñecemento entre eles, de aí a cantidade de “noivos e noivas” que se reuniron para crear novos proxectos.Entre todas as ponencias destacou a posta en escea da plenaria 'Cómo cocinar un delicioso proyecto eTwinning' teatralizada por Annette Westerop y Rosario Ortega Pérez, miembros del SNA eTwinning, demostrando que a transmisión dos contidos  pode ser orixinal, amena e divertida.A valoración que facemos pois do encontro é xa que logo moi positiva pola formación do docente cara a apertura de novos proxectos e porque propiciou a nosa posta en contacto con profesorado europeo: “vernos as caras” e “comunicarnos en directo” .                                                                                                                                                                                      Artigo do SNA