14 dezembro 2014

Grupo de traballo da EOI de Vigo


O sábado 13 de decembro a embaixadora galega Carmen Fernández, levou a cabo na sede do CFR de Vigo as dúas primeiras horas de docencia do grupo de traballo constituido por seis profesores da Escola Oficial de Idiomas de Vigo  das asignaturas de Inglés e Francés coa coordinación da profesora Patricia Conde. 
Contamos coa presenza da asesora do Centro de Formación de profesorado Conchi Pazos. que participou activamente  na sesión. 

 Dado que  houbera anteriormente unha reunión  da coordinadora do grupo de traballo e da embaixadora e que todos os integrantes do grupo tiñan xa perfil en e-Twinning, levouse a cabo unha primeira parte de introducción teórica á plataforma, seguida dun traballo práctico dos profesores nos seus escritorios 

O grupo conta xa co deseño dun  proxecto moi ben artellado e está na procura de socios.

Deste xeito, as dúas horas seguintes de formación servirán para facer un seguemento do seu novo proxecto e para resolver as dúbidas e atrancos que poidan ir xurdindo.

Desexámoslles moita sorte na súa andaina en e-Twinning e agardamos publicar nuns meses un artigo sobre o seu proxecto Let´s Celebrate  neste blogue.
Queremos agradecer a Conchi Pazos a súa amabilidade e cooperación ao poñer á nosa disposición dúas aulas de traballo no CFR de Vigo.