12 outubro 2015

RuralSchoolCloud Final Conference


A Embaixada eTwinning foi convidada a participar na Conferencia Final do Proxecto RuralSchoolCloud que se celebrou o pasado sábado no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela.


O espectacular contorno contou coa participación de profesorado galego, británico, grego, danés e italiano, todos implicados, ao longo dos últimos anos, na "Escola na nube". 



Foi inaugurado polo Conselleiro de Educación en Galicia, Román Rodríguez, e presentado por Carmen Morante, Decana da Facultade de Pedagoxía da USC, que participou na investigación e implementación deste proxecto de escola.

Durante a mañá, os asistentes puideron coñecer de primeira man a evolución do proxecto e as experiencias nos centros implicados, presentadas por María R Malmierca, coordinadora do proxecto desde o CESGA.

Xa na tarde, celebrouse unha sesión de Intercambio de iniciativas sobre escola, ruralidade e TIC, na que as participacións tiveron que ver con EDIXGAL, o uso de Tablets na educación, XIS e eTwinning, todos eles proxectados sobre a escola rural de Galicia, con experiencias concretas por parte dos profesores convidados.