
Os profesores implicados decidiron organizar un acto de entrega de premios, que contou coa asistencia de todo o claustro, as familias, o alumnado de 1º de ESO (participante no pasado curso) e todo os nenos e nenas do centro. No acto contaron, tamén, coa asistencia de representantes da Inspección Educativa e do Concello de Ordes, no que se adscribe.

Despois de dar os primeiros pasos na súa internacionalización, a escola ten a experiencia precisa para iniciarse no mundo de Erasmus+, obxectivo dos protagonistas. Alén diso, están ultimando os detalles da próxima candidatura a Centro eTwinning.
Foi un pracer compartir convosco a ilusión do día e, especialmente, poder transmitir o ánimo e a valoración que supón ser un dos 26 centros premiados con estes Selos na edición 2018.
Moitos parabéns e... seguimos en contacto neste, que só é o inicio dun longo percorrido!