Os alumnos e alumnas gregos, franceses, italianos e galegos crearon un blog de aula colaborativo plurilingüe. Neste espazo os nosos alumnos traballaron variados aspectos culturais da Antigüidade clásica compartindo o seu interese pola tradición que conformou a Europa na que viven. Deste xeito, coñeceron distintas formas de estudar as linguas clásicas doutros compañeiros europeos e desenvolveron destrezas no campo da interculturalidade, os idiomas e as TIC.
03 janeiro 2012
▬ Calamo currente

21 dezembro 2011
Curso eTwinning 2.0
Preinscrición no curso de formación eTwinning 2.0
- Prazo: do 16/01/12, a partir das 12h, até o 23/01/12 ás 14h.
- Inicio do curso: 20 de febreiro de 2012.
- Duración: 2 meses (40 horas).
20 dezembro 2011
PremiosES2012
Entre os gañadores dos premios nacionais eTwinning 2012 están dous proxectos de centros galegos:
- GOAL! Go Outside And Learn, do profesor José Benito Búa Ares, do IES Ramón Cabanillas de Cambados.
- Nos encontramos en el camino, da profesora Carmen Fernández Vázquez, do IES de Poio.
Os nosos parabéns!
14 dezembro 2011
Sesión formativa en Lugo
A Escola de Idiomas de Lugo solicitou unha sesión de formativa, que se celebrará o próximo día 20 de xaneiro, ás 12:00 da mañá.
Se estás interesado en participar, contacta coa escola ou no noso correo electrónico:
Se estás interesado en participar, contacta coa escola ou no noso correo electrónico:
embaixada.etwinning@gmail.com
Sesión formativa en Guitiriz
O día 12 de decembro celebrouse unha sesión formativa sobre eTwinning no IES POETA DÍAZ CASTRO, en Guitiriz, Lugo.
Asistiron 18 docentes do centro, co ánimo de encontrar un uso contextualizado da aula Abalar con proxectos eTwinning.
Podes consultar máis sobre ela neste enlace.
Asistiron 18 docentes do centro, co ánimo de encontrar un uso contextualizado da aula Abalar con proxectos eTwinning.
Podes consultar máis sobre ela neste enlace.
03 dezembro 2011
Accións de difusión eTwinning
O SNA recolle as accións de difusión que as Embaixadas están a facer. Podes consultar o artigo neste enlace.
01 dezembro 2011
Sesión formativa en Cambre
O pasado día 30 ás 16.00 horas, tivo lugar no IES DAVID BUJÁN de Cambre unha sesión formativa sobre eTwinning.
Asistiron once profesores do centro, interesados nos proxectos europeos en xeral e no eTwinning en particular. Teñen unha ampla traxectoria de participación, como podedes ver na súa páxina, mais o eTwinning é un tipo novo de proxectos nese instituto, de aí a importancia desta sesión de divulgación.
Podedes consultar toda a información neste enlace.

Sesión Formativa en Cambre Slideshow: Susana’s trip from Lugo, Galicia, España to Cambre was created by TripAdvisor. See another Cambre slideshow. Create a free slideshow with music from your travel photos.
Subscrever:
Mensagens (Atom)