04 fevereiro 2014

PREMIOS NACIONAIS 2014


Acaban de publicarse os gañadores dos Premios Nacionais eTwinning.

Parabéns a todos!!

Novamente hai profesorado galego entre os galardonados, o que nos fai especialmente felices. Parabéns, Carmen.

Esta é a listaxe de proxectos seleccionados:

01 fevereiro 2014

WEBINAR PARA EMBAIXADORES ESPAÑOIS

O pasado luns 27 de xaneiro tivo lugar un webinar para todos os embaixadores eTwinning a nivel nacional.

O contido desta xuntanza foi a posta en común das iniciativas das Embaixadas a nivel autonómico, o coñecemento do Blog de Embajadores e a participación en documentos compartidos para evidenciar cales son as nosas inquedanzas, os noso desexos e necesidades como representantes deste proxecto nas nosas comunidades.

Os resultados deste evento serán publicados e compartidos con vós, os nosos lectores, axiña nos cheguen. Polo de agora, compartimos convosco a intervención da nosa Embaixada Susana Vázquez:




11 janeiro 2014

IES As Mariñas



O día 10.01.14 celebrouse unha sesión formativa no IES As Mariñas de Betanzos, impartida polo embaixador Marcos Vence, do IES San Clemente.




Os asistentes foron quince alumnos de ESO e Bacharelato da profesora de francés Carmen Luna, que están iniciando o proxecto De Galice à Lausanne en passant par Genève.




Os participantes aprenderon a subir documentos e publicar posts nos blogues de TwinSpace inserindo ligazóns, imaxes, vídeos embebidos, creando ligazóns en imaxes e realizar capturas de pantalla. Estaban moi motivados e foi unha experiencia moi agradable que durou dúas horas e cuarto.



24 novembro 2013

Encontro "Sumando voces"

Dúas profesoras galegas asistiron ao encontro Sumando voces en Madrid. Esto é o que nos contan:

Durante os días 13/14/15 do presente mes, dúas profesoras galegas: Ana Belén López do IES San Rosendo (Mondoñedo,Lugo) e Anxos Rial do IES de Poio (Poio, Pontevedra) tivemos a oportunidade de participar en Madrid nun encontro de profesores etwinning de varios países europeos ( Suíza, Francia, UK, República Checa, Italia, Suecia e España). Desde o primeiro encontro empezamos xa a nos relacionar, a coñecernos e na primeira ponencia xa eramos cinco profesores; estes contactos foron increméntandose durante os tres días, xa por propia iniciativa do profesorado ou grazas á posta en práctica dos obradoiros; durante os almorzos, os xantares... o intercambio de experiencias foi constante, curiosidade, preguntas, comentarios, sorrisos nun ambiente moi receptivo e do máis cordial.
“Experimentados” etwinners man a man con “novatos” etwinners, innovando, compartindo e colaborando; os nosos anfitrións do SNA español acompañábannos e  animábannos, cociñamos xuntos “un fermoso proxecto”, asociámonos, noivos e noivas e o sábado pola mañá expuxemos os nosos proxectos: de Inglaterra a Galicia, de Aragon para Italia, de Galicia para Francia... o amor literario, a física, as linguas clásicas, as linguas modernas, a diversidade e mil temas máis variados, ricos, divertidos.O encontro resultou intenso e moi enriquecedor,  superados os primeiros momentos das presentacións todos puidemos comprobar que grazas a unha lingua común podiamos comunicarnos con moita fluidez. Sorprendeunos agradablemente a estrutura das actividades en plenarias e talleres, a información e a práctica, o que facilitou a aprendizaxe e a receptividade por parte dos asistentes.O reparto aleatorio dos participantes nos talleres e na Gymkana facilitou que os mesmos interactuaran con moita fluídez, propiciando o intercambio de experiencias e o coñecemento entre eles, de aí a cantidade de “noivos e noivas” que se reuniron para crear novos proxectos.Entre todas as ponencias destacou a posta en escea da plenaria 'Cómo cocinar un delicioso proyecto eTwinning' teatralizada por Annette Westerop y Rosario Ortega Pérez, miembros del SNA eTwinning, demostrando que a transmisión dos contidos  pode ser orixinal, amena e divertida.A valoración que facemos pois do encontro é xa que logo moi positiva pola formación do docente cara a apertura de novos proxectos e porque propiciou a nosa posta en contacto con profesorado europeo: “vernos as caras” e “comunicarnos en directo” .                                                                                                                                                                                      Artigo do SNA

Etwining dende a miña cámara

Ana Vaqueiro, profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo preparou este vídeo para promocionar eTwinning.


13 novembro 2013

▬ Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles

Mª del Carmen Buitrón, profesora no CPI Viaño Pequeno, preséntanos este proxecto desenvolvido cunha escola da República Checa:


O proxecto Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles ofrece aos alumnos un escenario multimedia para que descubran a través da exploración dunha cidade, as múltiples ópticas desde as cales esta pode ser analizada: matemática, artística, literaria, social, emocional... conectando de xeito directo cos aspectos de adquisición de competencias.


Ler máis...


10 novembro 2013

Global Education Conference 2013

Do 18 ao 23 de novembro celebrarase a "Global Education Conference 2013". Trátase dun evento internacional gratuíto de temática variada dentro do mundo educativo. Para participar hai que visitar a páxina oficial, e inscribirse non supón unirte a todas as sesións, senón ás que sexan do teu interese.