Mostrar mensagens com a etiqueta Proxecto en Marcha. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Proxecto en Marcha. Mostrar todas as mensagens

16 setembro 2019

▬ OPTIME

“Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión desde unha mirada europea” (OPTIME) é un proxectoo eTwinning vencellado a  unha Asociación escolar Erasmus+ KA229 de Intercambio entre centros escolares.

Trátase dun proxecto transnacional  deseñado por catro centros escolares no marco do ET2020, o Ano Europeo de Patrimonio Cultural e a Declaración de París.

A nosa asociación inclué catro institutos de España, Italia, Bulgaria e Austria: o IES de Poio na localidade do mesmo nome, o Instituto Tecnico Statale Economico Raffaele Piria- Ferraris/ Da Empoli en Reggio Calabria, o Instituto Bilingüe Miguel de Cervantes en Sofía e o Bernoulligymnasium en Viena. O alumnado participante ten entre 15 e 18 anos.

O obxectivo xeral do noso proxecto consiste en crear unha rede escolar de cooperación e intercambio de boas prácticas que nos permita desenvolver unha aprendizaxe baseada en proxectos sobre o tema do patrimonio cultural europeo cun tratamento transversal da inclusión social. Reforzaremos así a nosa dimensión europea e a capacidade de enfrontar novos desafíos.

A nosa motivación reside no coñecemento e o compromiso co patrimonio cultural material e inmaterial. Entendemos que é un recurso fundamental para o crecemento económico, o emprego e a cohesión social. Ten, polo tanto, un gran valor educativo.

O noso proxecto busca, ademais, promover a inclusión social, incidindo na loita contra a discriminación, a segregación, a xenofobia, o acoso escolar e a violencia.

Outros obxectivos son mellorar a competencia social, cívica e intercultural, a competencia lingüística en lingua materna e linguas estranxeiras e a competencia dixital. Promoveremos o empredemento e a empregabilidade para facilitar ao noso alumnado o acceso ao mundo do traballo nun contexto europeo.

Realizaremos catro Actividades de intercambio de curta duración de alumnado. Nelas desenvolveremos: obradoiros de conversación e restauración de bens culturais, de voluntariado en preservación de patrimonio; obradoiros de inclusión e integración, de mediación escolar entre iguais; obradoiros de TICs, de emprendemento e orientación profesional; seminarios, conferencias, visitas a patrimonio. Nos períodos intermedios cada centro organizará obradoiros de diseminación das Actividades transnacionais,conferencias, sesións de traballo para o desenvolvemento do noso proxecto e a elaboración de produtos finais.

Desenvolveremos un proxecto eTwinning e traballaremos en liña de xeito colaborativo no Twinspace nos períodos entre mobilidades. 

Propiciaremos a participación de axentes externos a nivel local e rexional para compartir unha rede de cooperación a nivel europeo. En Galicia cooperan co proxecto a Escola Superación de Restauración e Conservacións de Bens Culturais de Galicia, a Sección de Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela e a Sección Galega da Sociedade española de Estudos Clásicos e mais o Concello de Poio. En Reggio Calabria cooperan o Concello e a asociación Italia Nostra. En Viena colaboran o Concello e a asociación Österreichischer Integration Fonds. En Sofía contamos coa colaboración da Sección de Filoloxía Hispánica da Universidade de Sofía e a Nova Universidade de Sofía, do Concello e da Axencia Turística Elfie Tours.

Consideramos que tanto o coñecemento como o aprecio por un patrimonio cultural compartido e á vez diverso, axudarannos a fomentar o diálogo intercultural e a inclusión social nas nosas comunidades educativas, pertencentes a contornas socioculturais e económicas moi diversas.

Esta é a páxina web do noso proxecto.
Este é o Twinspace do noso proxecto eTwinning.

07 dezembro 2015

Actividade de difusión cun centro catalán

Ao inicio deste mes, a Embaixada eTwinning en Galicia foi requerida para organizar unha actividade de difusión co INS La Sénia, en La Sénia, Tarragona.

Dúas profesoras de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo contactaron coa Embaixada Catalana, que as derivou ata nós para seren convidadas á nosa campaña "Sube a un proxecto en marcha". 


Nesta ocasión, o convite foi marcado polos desexos das novas compañeiras eTwinners, que pretendían compartir a elaboración de detalles navideños. Esta actividade está a desenvolverse co alumnado de 1º, 2º e 4º do CEIP San Xoán de Becerreá, Lugo.

Toda a actividade estará recollida na páxina DIFUSIÓN EN LA SÉNIA do TwinSpace de Difusión da Embaixada eTwinning. Igualmente, aparece recollida nos blogues das escolas participantes (Becerreá, La Sénia).