Mostrar mensagens com a etiqueta ponencia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta ponencia. Mostrar todas as mensagens
30 novembro 2015
II Xornada eTwinning - Vídeo
Tras a II Xornada eTwinning celebrada en Galicia o 24 de outubro de 2015, presentámosvos o vídeo resumo coa participación de todos os relatores e relatoras. Agardemos que vos guste!
24 outubro 2015
Desenvolvemento da II Xornada eTwinning

A apertura da Xornada correu a cargo de Ángel Sebastián, asesor eTwinning na Consellería. Aproveitou para facer un recordo ao décimo aniversario do programa, lendo unha carta do Comisario Europeo de Educación.
A partir daí, presentou a Rosario Ortega Pérez, asesora técnica do Ministerio e representante do Servizo Nacional.
Rosario iniciou a súa sesión cunha ferramenta participativa para facernos a idea de cal era o coñecemento dos asistentes sobre o programa. Despois, cun discurso motivador, fixo un percorrido pola plataforma e as súas características.
Igualmente, mostrou proxectos que estaban en relación co desenvolvemento e adquisición de competencias clave.
Finalizou a mañá coa intervención dos representantes da Embaixada eTwinning para a presentación do novo escritorio, o eTwinning Live, que xenerou a participación dos asistentes nunha rolda de preguntas.
Xa na tarde, houbo lugar para obradoiros concretos: "Traballando con eTwinning en centros Abalar e eDixgal", "Proxectos básicos e Kits eTwinning", "Erasmus+, FP e CLIL" e un obradoiro práctico "Rexistro e primeiros pasos na plataforma eTwinning", a cargo de Mela Rodríguez, Susana Vázquez, Marcos Vence e Cristina París, respectivamente.
O momento final foi compartido por Ana María Santos, Aarón Bermudez, Patricia Conde e Francisco Núñez, que compartiron con todos os seus proxectos, recentemente galardonados con Selos de Calidade.
Vídeo resumo da II Xornada
Vídeo resumo da II Xornada
21 outubro 2015
II Xornada eTwinning en Galicia
O próximo sábado 24 de outubro, celebrarase en Santiago (EGAP) a segunda Xornada eTwinning.
Durante a mañá, a Embaixada e o Asesor eTwinning na Consellería presentarán o novo Escritorio, eTwinning Live.
Xa na tarde, repartirase o tempo entre obradoiros prácticos e relatorios sobre diferentes aspectos de eTwinning: F.P., planificación de proxectos básicos, relación con Abalar, E-Dixgal, CLIL...
Este é o programa da sesión.
12 outubro 2015
RuralSchoolCloud Final Conference
_Patio.jpg)
A Embaixada eTwinning foi convidada a participar na Conferencia Final do Proxecto RuralSchoolCloud que se celebrou o pasado sábado no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela.
O espectacular contorno contou coa participación de profesorado galego, británico, grego, danés e italiano, todos implicados, ao longo dos últimos anos, na "Escola na nube".
Foi inaugurado polo Conselleiro de Educación en Galicia, Román Rodríguez, e presentado por Carmen Morante, Decana da Facultade de Pedagoxía da USC, que participou na investigación e implementación deste proxecto de escola.
Durante a mañá, os asistentes puideron coñecer de primeira man a evolución do proxecto e as experiencias nos centros implicados, presentadas por María R Malmierca, coordinadora do proxecto desde o CESGA.
Xa na tarde, celebrouse unha sesión de Intercambio de iniciativas sobre escola, ruralidade e TIC, na que as participacións tiveron que ver con EDIXGAL, o uso de Tablets na educación, XIS e eTwinning, todos eles proxectados sobre a escola rural de Galicia, con experiencias concretas por parte dos profesores convidados.
Subscrever:
Comentários (Atom)




