03 novembro 2015

PROXECTOS GALARDONADOS CON SELO DE CALIDADE EUROPEO




Logo de recibir os Selos de Calidade Nacional, dos 136 proxectos que foron galardonados na edición do 2015, os galegos son os seguintes:






Acroshow                                ANA MARIA SANTOS SOLLA     IES Valle-Inclán, Pontevedra, España

Let's Cook Together                 Ana Arias Castro                    CPI Tino Grandío, Guntín, España

Luz digital                                Susana Vázquez Regueiro     CEIP San Xoán, Becerreá, España


¿Quién es?                               Edelmira Riero                       CPR ALCA, Ames, España


Zona VET 0+1                      Marcos Vence Ruibal               IES San Clemente, Santiago de Compostela, 

Zona VET 0+1                       Maria Helena Queirós              IES San Clemente, Santiago de Compostela, 


Parabéns para todos os premiados!






27 outubro 2015

▬ Acroshow

A profesora Ana Santos, do IES Valle Inclán, preséntanos así o seu proxecto Acroshow, despois de ser seleccionada para a súa intervención nas II Xornada eTwinning, durante o pasado sábado.

"Coa axuda dun baremo único de Acrosport, grupos de dous institutos diferentes, un francés e outro español, compoñeron unha coreografía con música.




O día da avaliación, as coreografías foron filmadas e enviadas ao outro instituto para seren vistas e avaliadas polo grupo correspondente, con cirterios moi precisos e coñecidos polos alumnos. Un power point acompaña cada video, presentando aos membros do grupo, a súa idade, hobbies, proxecto escolar e profesional, instituto, cidade, unha foto das pirámides de acrosport realizadas, a música, o tema, a roupa e os eventuais accesorios...

De volta, cada grupo debe pór unha nota escrita e argumentada e acompañada dun comentario oral, filmado, expresando a súa opinión."



24 outubro 2015

Desenvolvemento da II Xornada eTwinning




A apertura da Xornada correu a cargo de Ángel Sebastián, asesor eTwinning na Consellería. Aproveitou para facer un recordo ao décimo aniversario do programa, lendo unha carta do Comisario Europeo de Educación. 









A partir daí, presentou a Rosario Ortega Pérez, asesora técnica do Ministerio e  representante   do Servizo Nacional.
Rosario iniciou a súa sesión cunha ferramenta participativa para facernos a idea de cal era o coñecemento dos asistentes sobre o programa. Despois, cun discurso motivador, fixo un percorrido pola plataforma e as súas características.
Igualmente, mostrou proxectos que estaban en relación co desenvolvemento e adquisición de competencias clave.




Finalizou a mañá coa intervención dos representantes da Embaixada eTwinning para a presentación do novo escritorio, o eTwinning Live, que xenerou a participación dos asistentes nunha rolda de preguntas.

Xa na tarde, houbo lugar para obradoiros concretos: "Traballando con eTwinning en centros Abalar e eDixgal", "Proxectos básicos e Kits eTwinning", "Erasmus+, FP e CLIL" e un obradoiro práctico "Rexistro e primeiros pasos na plataforma eTwinning", a cargo de Mela Rodríguez, Susana Vázquez, Marcos Vence e Cristina París, respectivamente.




O momento final foi compartido por Ana María Santos, Aarón Bermudez, Patricia Conde e Francisco Núñez, que compartiron con todos os seus proxectos, recentemente galardonados con Selos de Calidade.




Vídeo resumo da II Xornada


21 outubro 2015

II Xornada eTwinning en Galicia

O próximo sábado 24 de outubro, celebrarase en Santiago (EGAP) a segunda Xornada eTwinning.


As sesións comezarán ás 10:00 e finalizarán as 20:00, combinando nelas intervencións de profesores eTwinners que presentarán os seus proxectos e compoñentes da Embaixada eTwinning que achegarán novidades e cuestións técnicas na plataforma e no desenvolvemento de proxectos. A Conferencia inaugural correrá a cargo de Rosario Ortega Pérez, do Servizo Nacional de Apoio.

Durante a mañá, a Embaixada  e o Asesor eTwinning na Consellería presentarán o novo Escritorio, eTwinning Live.

Xa na tarde, repartirase o tempo entre obradoiros prácticos e relatorios sobre diferentes aspectos de eTwinning: F.P., planificación de proxectos básicos, relación con Abalar, E-Dixgal, CLIL...




Este é o programa da sesión.

Documentación no TwinSpace da Embaixada.

Conferencia Anual eTwinning 2015





Durante os días 22, 23 e 24 terá lugar a Conferencia Anual eTwinning 2015 en Bruselas e estará dedicada á participación cidadá.





Imaxe de https://www.etwinning.net/es/pub/news/news.htm

Máis de 500 docentes de todos os rincóns de Europa participarán en obradoiros e charlas que favorecerán o seu desenvolvemento profesional e mellorarán a súa formación, na percura da optimización da súa docencia, co eTwinning como liña vehicular.

As sesións plenarias poden verse en streaming, neste enlace.

12 outubro 2015

RuralSchoolCloud Final Conference


A Embaixada eTwinning foi convidada a participar na Conferencia Final do Proxecto RuralSchoolCloud que se celebrou o pasado sábado no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela.


O espectacular contorno contou coa participación de profesorado galego, británico, grego, danés e italiano, todos implicados, ao longo dos últimos anos, na "Escola na nube". 



Foi inaugurado polo Conselleiro de Educación en Galicia, Román Rodríguez, e presentado por Carmen Morante, Decana da Facultade de Pedagoxía da USC, que participou na investigación e implementación deste proxecto de escola.

Durante a mañá, os asistentes puideron coñecer de primeira man a evolución do proxecto e as experiencias nos centros implicados, presentadas por María R Malmierca, coordinadora do proxecto desde o CESGA.

Xa na tarde, celebrouse unha sesión de Intercambio de iniciativas sobre escola, ruralidade e TIC, na que as participacións tiveron que ver con EDIXGAL, o uso de Tablets na educación, XIS e eTwinning, todos eles proxectados sobre a escola rural de Galicia, con experiencias concretas por parte dos profesores convidados.






06 outubro 2015

Projetos eTwinning de FP - 14 ideias

A Direção-Geral da Educação, do Ministério da Educação e Ciência de Portugal, edita a versión en portugués do libro Projetos eTwinning de FP - 14 ideias, unha iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia co patrocinio do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta edición, en especial a Laura Filipe do SNA eTwinning de Portugal, e en xeral ao SNA luso que tan ben acolleu e valorou esta iniciativa.

Os exemplares serán distribuídos en breve nas escolas portuguesas.

Máis información:

http://embaixadaetwinning.blogspot.com.es/p/publicacions.html