05 novembro 2017

Xornadas "Internacionaliza a túa escola: Erasmus+ e eTwinning"

O próximo sábado 25 de novembro terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas "Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, eTwinning e outras propostas".
  • Data: 25.11.2017
  • Lugar de celebración: EGAP
  • Horas: 8
  • G1702009 
  • Obxectivos
1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.
2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.
3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.
Para acceder á actividade pincha aquí.
Máis información no enlace

24 outubro 2017

Reunión coa nova coordinadora eTwinning para Galicia

O luns 23 de outubro de 2017, os membros da Embaixada eTwinning en Galicia tiveron unha reunión coa nova coordinadora eTwinning para Galicia no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).


Victoria Penide López vén de ser nomeada recentemente como a nova coordinadora eTwinning para Galicia. Tanto Victoria como a Embaixada mostraron un grande interese e vontade de colaboración en futuras accións eTwinning.


Entre os temas tratados na reunión destacan os seguintes:
  1. As xornadas eTwinning: celebraranse, probablemente, no segundo trimestre. Este ano farase unha xornada conxunta de eTwinning e Erasmus+.
    Dende a Embaixada suxírese a posibilidade de que eTwinning apareza en xornadas doutros programas da Consellería (Plan Proxecta, E-Dixgal, Lanzadeiras, …) para ver as posibilidades de sinerxia entre varios programas e axudar á difusión de eTwinning.
  1. Recentemente acabamos de recibir a confirmación por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística de reeditar as publicacións que a Embaixada desenvolveu ata o de agora. Mostramos o noso interese en encontrar unha liña de colaboración entre a Consellería e a Embaixada en futuras publicacións, para poder acreditar a labor desenvolvida polos múltiples colaboradores destes traballos.
  2. A embaixada fixo varias solicitudes a Victoria Penide, mostrando esta a disposición de facer todas as xestións que estivesen nas súas mans para resolvelas:
    1. Solicitamos, e xa está operativo, un correo dentro do dominio @edu.xunta.gal para que as comunicacións da embaixada teñan un carácter máis formal.
    2. Solicitamos que no Boletín informativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se faga difusión de novas relacionadas con eTwinning. Por exemplo, fai pouco dous proxectos galegos foron premiados pola Comisión Europea e creemos que este tipo de novas deberían aparecer no Boletín informativo.
    3. Volvemos a solicitar que no perfil dos usuarios e dos proxectos de eTwinning se poida seleccionar o idioma galego. Facemos esta solicitude extensiva tamén ao resto de linguas oficiais do estado. Esta solicitude xa se fixera anteriormente ao Servicio Nacional de Apoio (SNA) e ao Servicio Central de Apoio (SCA). Creemos que é importante poder indicar o idioma nos perfiles para, por exemplo, realizar buscas máis concretas de profesorado colaborador e proxectos.
    4. Pedimos que dentro da web da Consellería haxa unha páxina para eTwinning facilmente accesible que recolla todo tipo de información sobre este programa.
    5. Insistimos na importancia en certificar o traballo en proxectos eTwinning como innovación educativa, xa que Galicia é practicamente a única comunidade onde non se fai.
    6. Propoñemos que tamén se debería certificar a participación do alumnado en proxectos eTwinning.
    7. Suxerimos que se debería facer un acto oficial de entrega de selos de calidade e premios nacionais e europeos ao alumnado e o profesorado.
    8. Actualmente, o alumnado de maxisterio, non pode acceder á plataforma eTwinning. Indicamos á coordinadora autonómica que se debería valorar permitir o acceso a estes usuarios, xa que en breve van ser o futuro profesorado.

Queremos agradecer a Victoria Penide a atención dedicada á embaixada e a grande disposición a facer todo o que fose posible por atender as peticións e solicitudes da embaixada.

16 outubro 2017

Case case medio millón!

Estamos a piques de conseguir medio millón de docentes

eTwinners en toda Europa!





Anímate! Inscríbete!

Quen será a persoa número 500 000? 

Será galega?


24 setembro 2017

Proxectos premiados pola Comisión Europea


A Comisión Europea vén de publicar a lista de proxectos seleccionados na iniciativa Move2Learn, Learn2Move.

Dous proxectos galegos foron premiados nesta convocatoria:

A iniciativa Move2Learn, Learn2Move foi presentada con ocasión do trixésimo aniversario do programa Erasmus. Con esta iniciativa os proxectos europeos de eTwinning tiveron a oportunidade de participar nun concurso e gañar billetes cos que viaxar a outros países do programa Erasmus. O obxectivo é que a mocidade poida experimentar o que implica vivir en Europa e comprenda a repercusión positiva que ten a Unión Europea na vida da súa cidadanía e a súa veciñanza internacional.

Ademais de descubrir outras culturas, os  participantes tamén se farán máis conscientes da pegada de carbono das súas viaxes, pois terán que respectar un nivel máximo de emisións de CO2 durante o seu periplo e deberán elixir os medios de transporte que utilizan tendo isto en conta .

A Comisión Europea seleccionou aqueles proxectos que cumpriron de forma máis sobresaliente cos seis criterios do Selo de Calidade Nacional: innovación pedagóxica, integración curricular, comunicación, interacción e colaboración entre os centros asociados, uso da tecnoloxía e difusión, avaliación e documentación do proxecto.

Ademais, tamén se tivo en conta se o proxecto e a viaxe cumprían cos requisitos de inclusión.



O alumnado do IES de Poio, que traballou no proxecto con socios de Estremadura, Alemaña, Polonia e Italia, vai levar a cabo no próximo mes de outubro unha visita á cidade de Estrasburgo, visitando distintas institucións europeas.

Este é o TwinSpace do proxecto.
O blog.

O alumnado do IES San Clemente, que traballou cun centro de FP grego, está a preparar á visita ao socio en Creta.

Este é o TwinSpace do proxecto.
E a web de Sporakia, un dos resultados finais.



06 julho 2017

VI Encontro de embaixadores

Celebrouse do 3 ao 4 de xullo en Madrid, e asistitu Aarón.

Este foi o programa:



Agenda VI Encuentro de Embajadores eTwinning from Francisco José Balsera Gómez

Nesta ocasión contamos coa presenza de poñentes con premios europeos, como o IES Juan de Mairena
Tamén houbo experiencias de boas prácticas, con embaixadores/as que nos deron directrices para ter un mellor traballo economizando recursos, como as embaixadas de Asturias, Canarias, Castela- A Mancha.
Con Diego Rojas, como nos ten acostumados, miramos as rúbricas e traballamos con proxectos para saber como se avalía para dar selos de calidade, traballando en equipo.
Manuel Ávila, experto en educación inclusiva, falounos da súa experiencia laboral dende a lei da avaliación psicopedagóxica na que participou ata pouco antes da súa xubilación. Formou parte de moitas comisións de convivencia, inclusión... e traballou como inspector e subdirector xeral de educación para o MEC.
Con Salvador fixemos unha reflexión sobre innovación e colaboración.
Non podía faltar Beatriz do SEPIE para informarnos dos ERASMUS.
Miriam e Lourdes mostráronnos a rede da embaixada por todo o país.
Despedímonos (de todo) de Pilar Antolín, cunha dinámica de grupo e desexándolle un bo cambio na súa saída do SNA.

04 julho 2017

Sesión de difusión no C.E.I.P Pena de Francia



Onte no C.E.I.P Pena de Francia en Mos, tivemos unha sesión de difusión do Programa e-twinning para coñecer de primeira man as posibilidades que ofrece aos centros de Primaria.
O asesor do C.A.F.I Angel Sebastián Junquera e a embaixadora Mela Rguez, axudaron a rexistrarse e xestionar os distintos espazos de traballo da plataforma, a 13 profesor@s moi entusiastas que xa dispoñen dunha páxina no Proxecto de Formación da Embaixada.

Puideron comprobar o doado que é participar a través dunha mostra de actividades de Proxectos con selos de calidade, desenvolvidos en castelán ou en inglés en  aulas de Primaria.
 Esperamos ter sido de axuda nesta nova andaina que o vindeiro curso escolar esperan emprender asesorados sola Embaixada, como parte dun Plan de Formación no que profundizarán na Aprendizaxe cooperativa a través das T.I.C.