A profesora Mercedes Noya Souto, do CPI de Mondariz, fálanos dun interesante proxecto "só para docentes":
"...Hai dous anos que comecei no mundo eTwinning e agora mesmo teño tres proxectos en marcha, dous cos alumn@s e un entre profesores. Este proxecto eTwinning no que teño o pracer de participar chámase “Prenons le large”. Somos un grupo de profesoras (o feito de ser todas mulleres é unha casualidade...) e amantes da lingua francesa en diferentes países da UE e no noso blog imos comentando a nosa actualidade..."
24 outubro 2011
Sesións de formación en Guitiriz e Cambre
É posible que se leven a cabo dúas sesións de formación nos Institutos de Guitiriz e Cambre. A primeira tería lugar na primeira quincena de novembro e a segunda, na última quincena do mes.
Se, por pertencer a esas zonas educativas, estás interesado en acudir, non dubides en contactar connosco.
embaixada.etwinning@gmail.com
As sesións teñen como obxectivos o seguinte:
- Coñecer os proxectos na súa plataforma: tipos, inscrición, busca de socios.
- Descubrir as ferramentas de traballo do TwinSpace, para profesorado e alumnado.
A duración das mesmas será de 3 horas. E as datas serán publicadas neste medio.
Se, por pertencer a esas zonas educativas, estás interesado en acudir, non dubides en contactar connosco.
embaixada.etwinning@gmail.com
As sesións teñen como obxectivos o seguinte:
- Coñecer os proxectos na súa plataforma: tipos, inscrición, busca de socios.
- Descubrir as ferramentas de traballo do TwinSpace, para profesorado e alumnado.
A duración das mesmas será de 3 horas. E as datas serán publicadas neste medio.
22 outubro 2011
▬ GOAL! Go Outside And Learn
O pofesor de matemáticas José Benito Búa Ares, do IES Ramón Cabanillas de Cambados, acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo polo seu proxecto "Sae Fóra e Aprende", tamén destacado polo SNA español.
O profesor Búa cóntanos o seguinte:
"El proyecto se centra en el uso en la enseñanza de nuevos métodos que sean eficaces y atractivos para los estudiantes. ¿Por qué no ir más allá de las paredes del aula? Los profesores cooperan, planifican y comparten ideas para las clases fuera del aula, que son una parte del horario escolar normal..."
Formación en Rianxo
No próximo martes 8 de novembro, ás 16:30, celebraremos no CEIP ADR Castelao de Rianxo unha sesión informativa de dúas horas:
Se queredes participar enviade un email a embaixada.etwinning@gmail.com
Listado de asistentes a 04/11/11:
Ver mapa máis grande
- Breve explicación do que é eTwinning.
- Exemplos de proxectos de infantil, primaria e secundaria.
- Demostración de uso do Escritorio e o Twinspace.
- Inscrición dos interesados.
Se queredes participar enviade un email a embaixada.etwinning@gmail.com
Listado de asistentes a 04/11/11:
- Dez docentes do CEIP ADR Castelao de Rianxo.
- Unha docente do CPI de Progreso, Catoira.
- Sete docentes do CEIP Santa María do Castro, de Cabo de Cruz, Boiro.
Ver mapa máis grande
21 outubro 2011
Alumnos de Komárno en Galicia
O venres 14 de outubro chegaron a Santiago de Compostela os alumnos eslovacos que o curso pasado traballaron co IES de Poio no proxecto "Nos encontramos en el Camino", proxecto que ven de obter o Selo de Calidade Europeo.
Ademais conseguiron en Eslovaquia o Premio Nacional co proxecto e deste xeito puideron visitarnos.
Foron recibidos polos alcaldes de Poio e Compostela.
14 outubro 2011
▬ Ler e comprender
Un dos selos de calidade europeos acaba de chegar ao IES de Poio, polo proxecto “Lire et partager - Ler e comprender”, coordinado por Anxos Rial, que nos conta:
"“LIRE ET PARTAGER- LER E COMPRENDER” é un proxecto centrado en intercambiar e crear a través de lecturas; alumnado de diferentes nacionalidades colaboran e interactúan nos seus procesos de aprendizaxe mediante as obras que len e os traballos que ambos producen.
As súas tarefas permítenlles formarse como lectores activos xa que reciben e xeneran informacións ao tempo que adquiren coñecementos lingüísticos das súas linguas respectivas e que as practican...
Selos de Calidade Europeos
Veñen de ser publicados os proxectos que obtiveron Selo de Calidade Europeo.
Entre eles, atopamos sete proxectos de centros galegos.
Noraboa ao alumnado e profesorado protagonista de cada un deles!
Ana Arias Castro | International Calendar |
Francisco Javier Núñez Aguado | together for a sustainable living |
Jose Benito Bua Ares | GOAL! Go Outside And Learn |
Marcos Vence Ruibal | Pek, the Traveller Flea 2 |
Anxos Rial Vidal | Leer y compartir- Lire et partager |
Carmen Fernandez | Nos encontramos en el Camino |
Carmen Fernandez | Calamo currente |
Subscrever:
Mensagens (Atom)


